Amosando publicacións coa etiqueta Morriña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Morriña. Amosar todas as publicacións

sábado, 6 de xuño de 2015

Son egoísta


Tim Walker

"Estoy extremadamente orgulloso de ser gallego", aseguró el actor en Nueva York durante una entrevista con Efe, en la que reconoció su "admiración total" hacia ese "carácter", marcado, a su juicio, "por la independencia y la determinación a la supervivencia pase lo que pase en España o en el mundo".
Martin Sheen  

 
Eu non quero un país esquecido de si. Eu non quero vivir en castelán en Galicia, que para iso xa teño Madrid. Eu quero un retorno ben feito. Eu non quero voltar a unha Compostela como a que deixei. Non quero que á miña lingua haxa que protexela, nin ter que estar pendente de defendela. Non quero que os nenos falen castelán cando os pais lles falan en galego, como na nosa xeración. Non quero que se repita a historia por sempre. Eu quero naturalidade na fala. E quero coñecer á natureza, ensartillar as miñas verbas nela, tamén falar coas persoas que a poboan e aprender delas. En qué galego escribirei cando escoite falar aos demáis? Eu quero trocar a miña idea de Galicia, e a un tempo contribuir a construir un territorio forte. Quero unha morriña de calidade agora, e en canto pise a miña terra, sentir un país orguioso de selo.




martes, 2 de xuño de 2015

"Maneras de no acceder a Santiago" un poema de Damaris Calderón


Unha cita e un poema arredor da partida.


Eu só enjôo quanto olho o mar
Eu só me mareo cando miro o mar

Ana Cristina Cesar



MANERAS DE NO ACCEDER A SANTIAGO
 
  para Laura Ruiz
  para Ponte

 
  Santiago de Compostela
  de la Gloria
  de Chile
  de Cuba
  es
  un sitio tan cercano
  que no se le ve.
 
  Peregrino de Enmaus
  camino en círculos.
  Si abro la mano
  la moneda del taumaturgo,
  un paisaje trizado aparece.
 
  El camino de Santiago
  nos ha tomado toda la vida.
  Y el viaje no ha sido pródigo.
 
  Tocar la piedra
  avanzar
  no procurará ningún sosiego.

Damaris Calderón

luns, 1 de xuño de 2015

Difuminado o horizonte ferve



El año en que mi cuerpo fue blanco y transparente no podía morirme, a no ser que hubieran cambiado aquel líquido ácido que nadaba bajo mi piel por algo que pudiese coagular.
Emily Roberts


A urbanización ule a can, o verde ladra, chíos de paxaro só enchidos polo silencio. Pinos facendo camiño, pedras enguedelladas. Algún adolescente atravesa a rúa calado como en ningún sitio. O motor do coche que chega rosma baixiño, a cada beira unha casa. Escóitanse os pasos propios. O calor do mediodía avanza no asfalto, difuminado o horizonte ferve.  Domingo, zona residencial, Madrid, Las Matas.
Linda era a zona para vivir nela. Quedar aló podería levar máis rápido a ser unha mesma. Pero non está na casa, non está na terra, non está en Galicia. Pero. Pero. Pero.


domingo, 24 de maio de 2015

#Eleccións2015


Willy Ollero


GALICIA será a miña xeración quen te salve?
Irei un día do Courel a Compostela por terras libradas?

Non, a forza do noso amor non pode ser inutle!

Uxío Novoneyra

sábado, 18 de abril de 2015

#Lectura. A invención do reino vexetal

Acaba de ser editado en castelán un fermoso libro: La invención del reino vegetal. Historias sobre plantas y la inteligencia humana.
A súa autora, Aina S. Ericefai fai un percorrido rigoroso pola historia das plantas en relación cos humanos, amosando cómo nos relacionamos cos vexetais dende a antiguedade até os nosos tecnolóxicos días. O seu relato ilustrado, analiza paseniño o mundo vexetal dende o punto de vista práctico, pero tamén o sociolóxico e o simbólico.
Pode lerse o primerio capítulo aquí.

Datos bibliográficos:
Autora: Aina S. Erice
La invención del mundo vegetal
Editorial Ariel (Grupo Planeta)
Ano: 2015 (1ª edición, Abril)
Páxinas: 445

Pode interesarlle a: Lectores de ensaio de bioloxía, lectores de Jose Antonio Marina e a lectores de ficción relacionada co mundo vexetal, como a narrativa de  Teresa Moure e a poesía de Alba Cid.