Amosando publicacións coa etiqueta Mercedes Helnweinl. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mercedes Helnweinl. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de xuño de 2015

Un novo eu


Arvida Byström


Does a smile count when there’s dirt in the fingernails?
Does it count when it’s see-through?
Does it count when you can’t have it?
Is it good when it’s filthy or should we keep it clean?

November  15,  2012

Mercedes Helnwein 


Estás nun momento moi delicado

b. 

Un universo intanxible de días baleiros que non voltarán. As horas escorréganse entre as coxas do wifi. Desfruto cada parte delas como o corpo gozará da brisa de finais de Agosto, principios de Setembro, fronte ao mar. Levo un vestido branco, pertenzo á fruxe do encaixe e o vaqueiro. Poño a cazadora para sentir o tacto ao abrigarme. O pelo bate a contraluz da auga. As gaivotas berran sen tic tac. Arrólome entre a autoxestión e o paro. De bruzos os meus poros reteñen a suor de anos. A celulosa escama epiderme. Caeu a senrazón do camiño non deseñado. Isto é o que deixo tras do capital: literatura retida que non acaba de nacer. Ser libreira non é escribir


O intre é agora. Engulir e durmir coma un bebé, postparto. Non busques a xuventude neste corazón intacto. Acaba de chegar, non ten nome. Arrebolado pero so, en pé ben cedo pero insomne cada noite, aquí está a punto de nada. Non busques corazón nesta xuventude intacta. Dalle unha masaxe cardíaca á vida. Ten un novo cometido este despreguizarse e valer. Asunto delicado onde cada minuto conta. Trae coidado, auga e gasas. Vén de esquecer o que foi antes. Está a nacer, sen présa, un novo eu delicado.