Amosando publicacións coa etiqueta Lydia Lunch. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lydia Lunch. Amosar todas as publicacións

mércores, 8 de febreiro de 2012

Por un vocabulario pantasma



Preciso tempo tempo tempo tempo para esquecer ou tempo para vivir, correr cara adiante. Tempo que se me da, ou tempo inimigo? tempo que me leva lonxe ou que me trae eiquí. Corpo, sombra. Versus. Corpo, sonda. Versus. Preciso un fío que se chame cable que sexa de tea. Un algodón que veña en flor, que se chame módoa, que se perda no vento. Un desexo branco e ríxido, pelado. Que me electrocute cando o reloxo se para / agora/