Amosando publicacións coa etiqueta Libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Libro. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de abril de 2015

F i s t e r r a s. Unha antoloxía para volver á terra


A piques está de sair unha nova antoloxía por parte do Grupo Bilbao de poetas galegos en Madrid que inclúe poemas de: Rita Capucho, Ana Cibeira, Xavier Frías, Yolanda López, Verónica Martínez, Pilar Mera, Marília Miranda Lopes, Manuel Pereira, Luz Pichel, João Rasteiro, Begoña Regueiro, Victoria Veiguela, Montserrat Villar González y Rafael Yáñez, Miguel Ángel Yusta.
A edición está coordinada por Xavier frías e Rafa Yáñez e editada por Lastura Ediciones. 
Estade atentas!

[A foto é da editora] 

luns, 12 de xaneiro de 2015

Unha entrevistiña na radio libre da costa da morte: paisaxe con forma de texto



Para escomezar 2015, unha mini entrevista e o recitado dun poemiña de Papilas analógicas. Paisaxe sur text (Progresele / Diminutos salvamentos, 2014) no programa "O noso xeito" conducido por Óscar de Souto en Radio Neria / Radio Roncudo aquí: http://www.ivoox.com/o-noso-xeito-decimo-oitava-edicion-audios-mp3_rf_3935150_1.html.
Foi o deste venres, un programa no que se celebrou o solsticio de inverno, se lle recitou ao alzheimer e onde puiden escoitar o traballo da miña colega Claudia Castro.
Moitísimas grazas, Óscar!


mércores, 7 de xaneiro de 2015

En Conocer al autor (Videos)


O pasado Decembro, Conocer al Autor grabou a presentación de tres dos meus libros: Pintalabios (Toxosoutos, 2011), A morta (Barbantesa, 2012) e da antoloxía onde tamén inclúo textos: Esferografías (Lastura, 2014).  
Teño sorte de estar entre outras moitas escritoras e escritores, pero polo que de verdade sinto fachenda é por estar entre autores da literatura galega, tal é o caso de: Xavier Alcalá, Diego Ameixeiras,  Yolanda Castaño e Suso de Toro.
Deixo aquí os enlaces por se queredes botarlles un ollo:
Sobre Pintalabios, aquí
Poemas de Pintalabios, aquí
Sobre A morta, aquí
Poemas de A morta, aquí
Sobre Esferografías, aquí
Poemas de Esferografías, aquí
Por outra banda, recoméndovos a presentación que Davidia Martín Saornil fai do libro colectivo Papilas analógicas. Paisaxe sur text. Un libro que asinamos ela, Elia Maqueda e máis eu e que tamén foi editado neste 2014 pola editora Progresele na súa colección Diminutos salvamentos. Ver aquí, e os seus poemas aquí.
*
El año empieza cargadito de energía. Podeís escuchar la presentación en Conocer al autor de dos de mis libros Pintalabios (Toxosoutos, 2011) y A morta (Barbantesa, 2012) y de una antología en gallego en la que participo: Esferografías (Lastura, 2014) por aquí:
Sobre Pintalabios, aquí
Poemas de Pintalabios, aquí
Sobre A morta, aquí
Poemas de A morta, aquí
Sobre Esferografías, aquí
Poemas de Esferografías, aquí
Me llena de orgullo participar de este portal junto a mis compañeros de la literatura gallega: Xavier Alcalá, Diego Ameixeiras,  Yolanda Castaño e Suso de Toro.
También os recomiendo escuchar y disfrutar de la lectura de Davidia Martín Saornil, una de las voces, ademas de la de Elia Maqueda y la mía, que aparece en Papilas analógicas. Paisaxe sur text (Progresele/ Diminutos salvamentos, 2014). Aquí y aquí

sábado, 29 de novembro de 2014

sábado, 25 de outubro de 2014

Facebook recomenda poesía


A voltas de novo coa utilidade das redes sociales ou a dispersión á que nos leva, o escritor e crítico literario especializado nas relacións entre literatura, imaxe e tecnoloxía, Vicente Luis Mora pregúntalle a facebook qué libros de poesía lle recomenda. No que se refire á edición de poesía contemporánea no estado español, debido ao alto número de publicacións e á dispersión dos contidos na rede, non é fácil saber qué elexir e cómo chegar a lelos.
A diferencia de los primeros años de siglo, donde era relativamente fácil estar al tanto de los buenos poemarios que aparecían (otra cosa era conseguirlos), creo que el panorama español de poesía se ha fragmentado y disgregado de tal forma que tengo la sensación de estar perdiéndome buenos libros (...).
Así, ese animal social que é o feis, respóndelle nada máis e nada menos que con 88 títulos entre os que está o noso (de Davidia Martín Saornil, Elia Maqueda e máis meu) Papilas analógicas. Paisaxe sur text, editado por Progresele na colección Diminutos Salvamentos (e cun texto final de Eva Chinchilla, Patricia Esteban e Luz Pichel a modo de epílogo) fai menos dun mes.
Déixovos o enlace ao post completo, aquí
;)

xoves, 9 de outubro de 2014

Novas literarias





Moitas cousas pasaron este final de Agosto, principios de Setembro. Entre as literarias está a edición de Serial. Antología poética sobre series de televisión, editada por El Gaviero e coordinada por Ana Santos Payán e Luna Miguel. Eu tiven a sorte de parcipar grazas á chamada de Ana, unha grande editora que tivo o valor de vivir o seu soño. Visualizar e facer (grazas, Ana). E Esferografías, unha nova antoloxía do Grupo Bilbao. Poetas galegos en Madrid, compilada por Xavier Frías e editada por Lastura ediciones, que se presentou nas Xornadas Internacionais de literatura galega: identidade, alteridade e exilio que tiveron en Madrid entre o 18 e o 20 de Setembro.

       Por outro lado, recén saído do prelo está Papilas analógicas. Paisaxe sur text. Un libro colectivo editado por Progresele (colección editorial Diminutos salvamentos) que inclúe textos de tres autoras: Davidia Marín Saornil, Elia Maqueda e máis eu. Iste é un poemario moi especial porque os textos comunícanse entreles. Hai moito que contar deste libro, comezando por exemplo por que Davidia Martín Saornil un heterónimo (que reivindica o apelido materno "Martín" e homenxea á poeta ultraista Lucía Sánchez Saornil) do músico David Haller (que á vez é un pseudónimo). Cómo xurdiu, cómo se comunicaron os textos, son algunhas das cuestións que se poderán escoitar no recital que Elia e David(ia) darán na nova edición de Tinta roja, o ciclo de recitales que organizo na librería La Central de callao (Madrid).

mércores, 27 de agosto de 2014

Visión interna. Un novo artigo de Xavier Frías sobre o Grupo Bilbao (Poetas galegos en Madrid)


Unha visión do Grupo Bilbao  dende dentro é este artigo que se pode ler aquí, do profesor da UNED  Xavier Frías, tamén escritor e participante do colectivo e sobre todo coñecido como dinamizador das aventuras editoriais deste proxecto de poetas galegos en Madrid no que andamos metidos.

 Ademáis, se queredes achegarvos ao traballo dos poetas que conformamos este colectivo, déixovos coa foto a referencia bibliográfica do libro que editou Amargord no 2012 eque ten por editor literario a Luis Luna. A edición é bilingüe en galego-castelán.

Aquí deixo un par de videos da presentación, alectura do meu poema "O dedo na mazá" e os versos de Viki Veiguela.



O meu poema "O dedo na mazá"


Recito versos de Viki Veiguela
Máis videos sobre a presentación, aquí





Tamén podedes atoparnos na máis ampla Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía gallega contemporánea, unha edición de Antonino Nieto en ediciones Endymion. Aquí podedes ler unha reseña de Ramón Irigoyen sobre a antoloxía. Nela atoparedes a poetas del grupo Bilbao e a outros moitos dos que cultivan a lingua galega. Esta antoloxía como o seu nome indica é moi amplia e amosa un gran abano de nomes, consagrados e emerxentes. É un luxo poder facerse con ela. 


E sobre todo, como autores individuais, podedes atopar títulos de algúns de nós na colección "O Roibén" da Editorial Lastura. Tanto en edición monolingüe aquí, como en edición bilingüe galego-castelán, aquí.

domingo, 9 de setembro de 2012

"A morta" na radio galega

Esta semana no diario cultural da Radio Galega, un poema meu cada mediodía e mañá mini entrevista. Todo sobre A morta, libro editado neste 2012 na editorial Barbantesa.
Podedes escoitar os programas aquí quen non o facedes no dial da Radio galega.
:D


luns, 26 de marzo de 2012

mércores, 18 de xaneiro de 2012

Fervenzas de rouge


Non sei moi ben qué significa, ogallá que moitos olliños-corazóns-mútiplesórganos&intelixencias se interesen por este camiño de xiz ou rouge ou tizóns que marca a boca, que marca o libro...
pero aínda que só sexa unha celebración enmarcadiña no cuarto, para lembrar o belo e poderoso do 2011 en cando a creación, qué marabilla estar tan ben acompañada neste portal tan fermoso! grazas!






[fotos de Sonia Márpez (1,2), miña (3), e de Antía Otero (4)] 


[Atención ás miñas compas na lista e á portadiña de Desobediencia, jeje ;D]

sábado, 14 de maio de 2011

Primavera voraz

Que ten a primavera que nos fai durmir menos e sair máis, que nos fai traballar demasiado e escribir enfebrecidas, estudiar entrecortadamente mentres se collagea a golpe de reloxo. Resoñalo todo nunha sorte de revisitación do vivido... Que terá a miña que está a ser a efervescencia contraria á astenia.
Aquí vos deixo a ligazón (do venres) ás minideclaracións sobre Pintalabios (os poemas nos últimos minutos dos programas do luns e do martes) que botaron a voar polo mundo onte dende o Diario cultura da RAG!
Boa fin de!



[fotiño: Pipilotti Rist cun set de I'm not the girl who misses much, o seu primeiro videopoema, jeje, grandioso e imperecedeiro!, porque eu xa non son a girl que missa mentres se pinta os labios! grrrrrrrrrrrrrrrr(l)]

domingo, 27 de novembro de 2005

Bio

Doume a coñecer como poeta a través de zines como PolpA, Nada es verdad.Todo está permitido, e en revistas como Dorna e Andaina, baixo o pseudónimo de Nana Coromoto. Dende o 2002 espallo a miña creación literaria en publicacións periódicas e proxectos virtuais como A Xanela, Agora ou Nunca, Andar21, A porta verde do sétimo andar, Búsola, Biblioteca Virtual Galega, Contos Ínfimos, o Espasmo das Redes Escarlatas, Expoplanetarium, Hiperferia (NY), Incomunidade (Portugal), Juglar (Málaga), Mujer Palabra (Madrid), O Ximnasio de Academo, Perfil del aire (Córdoba), e Salamandria (Almería). Iníciome nos recitais en "Poetas na rúa" en Poio no 2004.

O meu traballo recorre á palabra e á imaxe para ofrecer resistencia e pracer, e así no 2003 comezo a expoñer e proxectar creacións interdisciplinares na rede, primero como equipo príncipa - acadando o Premio de Honra do I Certame de Arte Dixital Publiart Ourense- e actualmente de forma individual en Manzanazeta.com, Exhaustfan.org, Andar21.net, Completely Naked... e en dististos festivais péticos e mostras de arte como a Xuntanza de Novos Creadores en Gandarío; a exposición de arte experimental MAD'03; a mostra feminista catalana FemArt05; o mítico festival Ladyfest na súa primeira edición española, as pioneiras Xornadas de Novas Linguaxes Poéticas: Translittera entre Novembro e Decembro do 2005 en varias cidades galegas; Cosmopoética 2006 en Córdoba, e Transgeneración 1.0 en Málaga en Marzo 2007.


FANZINES

REVISTAS

LIBROS COLECTIVOS

EXPOSICIÓNS E CATÁLOGOS


-VVAA, Xuntanza de Creadores e Intérpretes, Xunta de Galicia, A Coruña, 2003

 Poetas na rúa, Concello de Poio, Poio, 2004; e Fem Art 2005. Les Ports, Ca la Dona, Barcelona, 2005;

Poemario de Mujeres do proxecto Ciudad de Mujeres, 2005; Cosmopoética 2006, Ayuntamiento de Córdoba, Córdoba,2006; e no libro Transgeneración 1.0 , Centro Cultural Generación del 27, Málaga, 2007.

Dende o 2007 levo a editora corazón salvaxe e coedito o fanzine artísitico zapatiños motor, xunto con Belinda Sobrado.