Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas. Amosar todas as publicacións

domingo, 17 de maio de 2015

Deste lado das letras (galegas): a escrita


Carlos Callón: A seguinte é unha frase de Paul Auster, que entronca un pouco co que acabas de comentar: «Non é que escribir me produza un gran pracer, mais é peor se non o fago». 

Miquel Bassols: Si, con certeza, vai nesa mesma liña. Xusto estes días estou a ler o seu Report from the Interior. É un relatorio sobre o máis íntimo, unha especie de romance-diario que nos formula doutro xeito como facer da intimidade algo que se poida expor, que se poida transmitir; como facer do espazo interior un espazo exterior tamén. Nese traballo Paul Auster segue a máxima luliana, se se pode dicir. A experiencia do escritor, cando é unha verdadeira experiencia, sempre ten esa dimensión. Marguerite Duras tamén dicía que lle resultaba inaturábel escribir, mais que non podía non facelo, que non facelo era corenta veces peor. Achéganos tamén esa idea de que cando hai o desexo posto nun traballo implica un punto de sufrimento que se está disposto a atravesar para producir algo novo. Auster é un bo exemplo no campo da literatura para nos debruzar sobre esa dimensión, que achei tamén en moitos autores actuais que dan conta desa «tortura» (chegan a dicir) da escrita, mais unha tortura da que non se poden dispensar, porque non poden vivir doutro xeito.

[En  Luzes]

sábado, 19 de maio de 2012

Letras e Letras Galegas en Madrid


O 24 de Abril celebramos o día do libro na Complutense cun recital do Grupo Bilbao (poetas galegos en Madrid) grazas á organización e xestión da Centro de Estudos Galegos (Carmen Mejía e Ricardo Pichel) e foi espectacular, como xa vos adiantei. 

Esta semana (16,17 e 18 de Maio) celebráronse as letras galegas con diversos actos oraganizados polo de CEG da Complutense, a UNED o Espazo de Linguas Ibéricas e a colaboración da tenta-libraría galega en Madrid ATURUXO. 



domingo, 22 de abril de 2012

Recital Semana das Letras UCM 2012



Recital Poético del Grupo Bilbao (Poetas galegos en Madrid): 
Martes 24, a las 18:30 en la Biblioteca María Zambrano de la UCM
Aló estaremos algúns dxs poetas do Grupo Bilbao... por se queredes vir! 
O evento no facebook... para compartir, aquí.
Graciñas