Amosando publicacións coa etiqueta Lena Dunham. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lena Dunham. Amosar todas as publicacións

luns, 8 de decembro de 2014

Son dese tipo de moza punk que gosta do rosa

[Debuxiño e foto miña]

Unha colega escritora  Carmen G. de la Cueva, adicada en corpo e alma á literatura e ao feminismo (podedes velo na súa completísima web La Tribu de Frida aquí, e de paso esperar un post meu onde falarei dese traballo polo miúdo ;) pídenos opinión sobre o libro de Lena Dunham I'm not that kind of girl, a varias escritoras e editoras por ser "jóvenes potencialmente identificables con Dunham". Ao castelán traduciuno Espasa, en galego non o hai, pero se tedes acceso ao mercado brasileiro que non portugués, existe unha tradución Não sou uma dessas: uma garota conta tudo que “aprendeu”*

Non son unha grande fan de Girls pero paréceme chapó que ao igual que en Sexo en NY se fale de amor&sexo, amizade entre mulleres e feminismo sen pudor, crítica e cínicamente na TV ( as únicas precursoras foron as Chicas Gilmore). O que pasa con Girls é que para desfrutarla, eu, teño que facer ouvidos xordos cando a prota se queixa de precaria... ;( etc Pois aínda así aceptei o convite de Carmen e púxenme a ler o libro. Despois ela fíxonos unha pequena entrevista para saber qué sentimos ao ler o libro da GIRL por excelencia, xa que ela mesma quedou sorprendida ao lelo. Coido que esperaba máis, pero foi misteriosa ao respecto, porque quixo saber a nosa opinión primeiro. A partires de mañá na súa páxina poderedes saber o que pensamos todas sobre o libro. A min resultoume interesante o traballo que Lena Dunham fai mesturando arte e vida coa técnica da creative nonfiction" que nel desenvolve.
*[Notiña á marxe: Pescudando as edicións, atopei bastante información no espazo virtual .br sobre o fenómeno Dunham, e lembrei de paso que vai anos, cando buscaba bloggers con libro ou escritoras con diarios virtuais que se editaran como libro, Brasil era unha das miñas referencias principais. Ten toda a pinta de ser un país onde se traballa a reo, haberá que tomar nota e ir dar unha volta por aló ;)]