Amosando publicacións coa etiqueta Ilustración. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ilustración. Amosar todas as publicacións

domingo, 28 de decembro de 2014

Ilustración para a portada do recopilatorio Nuevos Sonidos (España)



Ando rematando unha ilustración para a capa do proxecto Nuevos Sonidos. Un recopilatorio de novos grupos de todo o estado español coordinado polo músico David Haller. Como cada ano -xa leva un percorrido de tres aniños consecutivos desde o 2011- sairá o 30 de Decembro. Cada tema estará no seu bandcamp en descarga gratuita, aquí


luns, 26 de marzo de 2012

luns, 20 de febreiro de 2012

Suxxs e perdidas na estrada / Confusas en marcha


Imaxinade que tedes 20 anos. Que o máis semellante ás pescudas bibliográficas en internet é a base de datos da biblioteca universitaria dunha cidade de provincias, tamén capital dun pequeno país. Imaxinai que vos gusta a cidade, as fuxidas por carretera, escribir sobre sexo e namorar das mentes. Imaxinade que a tradición literaria que vos rodea -e sorte, non todo o mundo neste paisiño chega a ela- non fai fincapé nos poetas quee na terra están tentando falar con ista linguaxe: sen pelos na lingoa, desenfados rachados, liberdades performadas... E o que vos chegan -por isto mesmo- son os beatniks ou eses barbudos americanos aos que chegades investigando as lecturas dalgún escritor entrevistado...
Semellante a ista debeu ser a historia dos compas literarios Vicente e Ignacio, que argallan este libriño que xa leva meses na estrada...
Hoxe descubro este video, e me trae moitas lembranzas---
aquí volo deixo!



Imagina que tienes 20 años. Y que lo más parecido que tienes entre manos, lo más semejante a las búsquedas bibliográficas por la red, es la base de datos de la biblioteca de tu Universidad de una ciudad de provincias. También capital de un pequeño país. Imaginad que os gustan las ciudades, las huídas por carretera, escribir sobre sexo y enamoraros de las menstes. Imaginad que la tradición literaria que os rodea -y suerte, no todo el mundo en este país sin fronteras accede a ella (la conoce, vaya!)- no expone a los escritores crudos, no potencia a los urbanos, desenfadados, los que hacen de su camino una búsqueda sin final... Y lo que más te llega, por esto, imagina, son estos barbudos americanos, conocidos como beatniks, que llegaron a ti por alguna referencia de un autor de por aquí al que sí has leído... 
Parecida a esta debe ser la historia de Vicente e Ignacio con los beats. Y al encontrar este video me acuerdo de mil aventuras alrededor de estos autores durante mi postadolescencia... 


Desfrutádeo!



Lembrade, o 11 en Madrid, presentación do Vinalia Trippers especial terror!
uuuuuuuuuuuhhhhhhhhhhhhhh

xoves, 9 de febreiro de 2012

Pinta, pinta, pinta...



Preparando os agasalliños da presentación de Pintalabios o sábado, ais! nervios, felicidade...


[Mini collages by me]

mércores, 8 de febreiro de 2012

martes, 7 de febreiro de 2012

London, open yr heart to me

http://thekankel.blogspot.com/2012/02/viaje-londres-julio-1874-de-vitalie.html

O diario da irmá de Rimbaud ten capa miña (collage) e algunha ilustración dentro tamén. Desexando telo nas maus e ver tamén o traballo dxs demáis. 
Grazas a David González!


mércores, 18 de xaneiro de 2012

Fervenzas de rouge


Non sei moi ben qué significa, ogallá que moitos olliños-corazóns-mútiplesórganos&intelixencias se interesen por este camiño de xiz ou rouge ou tizóns que marca a boca, que marca o libro...
pero aínda que só sexa unha celebración enmarcadiña no cuarto, para lembrar o belo e poderoso do 2011 en cando a creación, qué marabilla estar tan ben acompañada neste portal tan fermoso! grazas!






[fotos de Sonia Márpez (1,2), miña (3), e de Antía Otero (4)] 


[Atención ás miñas compas na lista e á portadiña de Desobediencia, jeje ;D]

mércores, 28 de decembro de 2011

Veredicto: guillotina.

 

No existe el tiempo
si no lo cambias
lo cambio yo.

No me preguntes
no te contesto.
Las cosas salen
si yo las quiero decir.

No me defino
nada es completo.
Soy como un árbol
en invierno.

No finjo ideas
que ya no pienso.
No llevo ropas
para otro cuerpo.
 
 
[Da canción "Bajo tus luces", Kiki d'akí] 


Finalmente, despois de moitos meses, rematou o xuizo.
Veredicto: guillotina.
E non foi fácil. Por fin rematarán as idas e vidas, os soños belos -si, con vestidos cor champán e campos verdes tremendamente luminosos, si, a eses debo dicirlles adeus tamén-, os pesadelos, a tinta branca, branco enfermidade (o da fermosura da neve tamén, ten que haber onde agarrar para nos encadear), o berro inmóvil, o cemento engomado, o cal que engrosa as paredes, e cando queima tamén. Por fin, tanto traballo e desatino, tanto desexo -maiormente debuxado unindo con moito esforzo as liñas de puntos-, tanto ir e non vir esnafrouse contra a miña parede, que existe, vaia se existe. Que non hai distancia que me separe do mundo? Que aquí todo ferve até o ponto de facer desaparecer a pel, esa fronteira? Nanai,
non,
non,
non. Antes de rodar a cabeza da Raíña, recibiu un só golpe... contra o meu cristal... e
caeu, caeu a Raiña do Silencio. Rodou, rodou a súa cabesa.
...Guindeina fóra de xogo...
aiiiiiiii, qué ben!

A neve e o sangue cada vez están máis separadas. Si, a etiqueta confusion is sex xa non ten sentido no branco silencio. Volta ser miña, negra&vermella. Volta ser adolescente, volve ser un remuíño que confunde a paixón coa forza e é da cor do sangue. Ben, ben, ben!


[collage by me, fíxeno fai tempo para o Xoguetes póstumos de Emma Pedreira, como póstuma tamén é esta carta-entrada-relato de cuspe]