Amosando publicacións coa etiqueta Haz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Haz. Amosar todas as publicacións

domingo, 13 de maio de 2012

Concerto - Arte na rúa


Tesouro para fanzinerxs. Un flyer dun concerto de Extinción de los insectos feito historieta! 

Durmir prasempre



Bela durminte. Ofelia. Mina Murray




[Imaxe:  dous poemas e un debuxo (de HAZ) de A morta. A segunda é o cadro Ophelia de Pierre Auguste COT]

venres, 11 de maio de 2012

Non se nos pode atrapar


(Un amigo músico meu sempre di que el cando un grupo se lle está consolidando, comeza sentirse incómodo. Comeza a ter seguidores que esperan algo del. Á xente que o se vai sumando espera ver ao seu artista favorito nas revistas que elixe seguir. Comeza o circo... e el di que contra iso, hai que despistar, cambiarlle o nome ao proxecto, ou rematalo e facer outro. Que só dende esa liberdade pode crear e sentirse libre de dicir o que quere e así participar no mundo dende a arte que di cousas que non queren ser oídas.)

Comezo a comprender mellor as súas verbas sobre o despiste. Sobre o ciclo da metamorfose sen pausa. Comezo a saber de qué fala. Porque normalmente tento deixarme levar e crer e crer e non ver as diferencias -ou velas todas no persoal e por iso a amenaza- pero non velas de idea, por fóra das persoas. Das persoas nas asambleas, pero hoxe e iso que o pasei de medo, comezo a entender a súa teima de despistar, de cambiar de pel e proxecto de non consolidar-se, non consolidar a nada. 
Si, o que me pode salvar é Fantasía, e como dentro da historia (story) esta maxia loita contra o avance da Nada. O adianto dos lazos entre pijos. O adianto dos postos dados. E sobre todo o adianto do xogo que se traen a mesturárense entre nós, a asemellársenos. Jeje. ó final é un/ha quen perde moito máis, a que está de pau neses contextos, jeje. E non o digo pola Ladyasamblea, que foi ben bonita, pero éche o que está no ar moi preto moi preto, e no que máis importa, nos importa: a puta , magnífica, belísima arte. 

O truco político está de moda. Di que es anónimo e asina as cancións. Di que es copy e vende os teus discos polo nome. Di que es de ______, que todxs somos iguais e garda os millóns, garda os postos a dedo por oposición, garda as cartas, garda as chaves do coche nun caixón. Gárdate baixo chave no fondo da posteridade e das viaxes transoceánicas que son o teu timón. 

luns, 26 de marzo de 2012

martes, 7 de febreiro de 2012

Day off

he is goint to think im in love with him, which i am.

He knows that I mean it.
M Donada to Atomizador



http://mdonada.wordpress.com/2012/02/07/669/

A reseñiña de Lolo do de onte de dos debuxos do CF.
Tarde morriñenta de concertos, de arte, de días libres.


[planexando sair de novo, ás andadas...]

luns, 16 de xaneiro de 2012

Concerto-debut "Extinción de los insectos"

 
Como se un furacán chamado vida fóra extinguindo á especie -esta esa extraña especie madrileña de talentos que se camuflan coa paisaxe-, como se da madrigueira chamada Ensaladilla rusa, e onde  eran catro, quedaran tres baixo o proxecto Campameno ñec ñec... e agora a piques de extinguirse, pero suficiente e valiosísimo esquelete, dous destes insectos sobrevivisen nesta selva de asfalto que é Madrid (coas súa  seca de lugares onde tocar, cos urbanos xeitos de vida trintañeiros que secuestran aos nosxs amigxs e xs entrega aos fillxs, coa luita, coo amor, coa rúa... ) e contra vento e maré se salvasen  Jose e Miguel resistindo a través da arte... Como se iso fose e só fose chaman ao seu grupo Extinción de los insectos, para suxerir (sen sabelo) resistencia, dor (polo perdido), homenaxe sentida aos outros... Cecais non concorden comigo nisto, pero o que non poden negar é que  é un paso máis neste ir perdendo a roupa (mudar a pele?) destes tres belísimos grupos que tivemos/temos a sorte de VIVIR na nosa cidade!!!!!!!!!!!!
Non perdades a estes punkeiros artis (no mellorísimo sentido da verba) no seu regreso aos escenarios.
Avisadas quedan!

xoves, 29 de setembro de 2011

Núcleo duro


Ilustración de HAZ para un fanzine de autodefensa, proxecto de corazónsalvaxxe (2009)

[Ollade a A anarca da camiseta do rapaz, a bso ben podería ser o tema das "De espaldas contra el (qué lapsus!) al patriarcado" chamado "Anarquista popular" ou algo así, jajaja...

martes, 25 de novembro de 2008

Capas de ozono



Ás veces é necesario ver os entresixos editoriais para lembrar que custa moito facer as cousas, pero non só a unha mesma, e que hai que seguir; e tamén que o millor é o camiño e as persoas que atopamos nel, a pesares do durísimo que é lidiar entre nós na invisíbel liña do traballo artístico no que o persoal e o material (¡digamos, en vez de profesional!)se mesturan dando lugar a cócteles explosivos...
Digo todo isto pola reseñiña que Arnau, do fermoso e poderoso selo OZONO KIDS (do que vos recomendo en primeiro lugar ó galego MIGUEL PRADO, a súa "máscara de sangre" é imprescindible*) fixo sobre o proceso de sacar á luz o disco dos meus amigos ENSALADILLA RUSA, ese marabilloso grupo ó que non cheguei a ver en vivo e que vos aseguro que é un dos tres desexos da miña lámpara marabillosa...¡jijiji!

¡Hai que seguir e con ganas!

*Máscara de sangue distribuíao tamén o incrible colectivo ARTO ARTIAN, agora mesmo está esgotado, pero pode baixarse da páxina do propio Miguel Prado!!!

xoves, 23 de outubro de 2008

"Fanzine de vergüenzas"

 
El nuevo número de CAGADA EN LA MANO es brutal!!! Nuestro amigo Héctor Melchor autor del precioso fanzine DISCULPE y CUANDO YA NO QUEDEN BALAS (a cuatro manos con Mario Albelo del HERPES y con contraportada de HAZ), renueva apuesta con este fanzine de vergüenzas dibujado sintética y punkísimamente!!! 14 historietas para partirse de risa donde brilla la escatología fina y el harcoretismo sucio!!!

CAGADA EN LA MANO #2,
Madrid-Toledo, Octubre 2008.

domingo, 18 de marzo de 2007

Fanzine "Zapatiños motor"







Nace a nosa editora corazón salvaxe co fanzine. Primeiro número de zapatiños motor. Onte fomos públicas e lazos no concerto de Chris Leo e Tetris: "punk y madera", estes chavales afeitaperros sempre dando no cravo, craviño cravado no corazón.

Moito interés e bonitos comentarios: guau!!!; é lindo pero ó tempo duro, resistente; cantos regaliños e todos feitos a mau? - sí!- ... de todo. Nós entusiasmadas, e aprendendo como nunca... para xa comezar a mover as nosas tripas-a darlle voltas á cabeza-latexar duramente-pró novo número: mutante.¡Enlazádevos!

ZAPATIÑOS MOTOR #1 resistencia & pracer
con regalos revolucionarios: libriños a mau e únicos;
póster central pró cuarto; CRATES,un conto adaptado e ilustrado.
pedidos & colaboracións a
zapatinhosmotor@yahoo.es
Pronto en la idea, traficantes de sueños, bang e no teu buzón! . 1 euro.

**************************************************************************

COLABORADORES: haz de maíz, leslie hoffman, m.b., hugo, lola robles, minus bálido, eva maría stehlik, ingrid, natalia manzano, elvira riveiro tobío, luna miguel, antía otero, miguel llansó, javier termenón, alejandra vanessa, rie okada, ana gil, sofía rhei, jaime, crass by nature. ¡MIL GRACIAS A TOD@S!

**************************************************************************


ZAPATIÑOS MOTOR viaxará a Córdoba este sábado 14 de abril,pra compartir postiño co precioso HAZ#2 e o propio bar sobia#3, que se presenta ese día. Sala freaktown, 22.00 da noite, organizan: as hiperactivas e fantásticas polacas.


**************************************************************************

xa podedes mercar zapatiños motor en la idea (madrid) e en BANG!



**************************************************************************

LAZOS

Novas lecturas e links: Ca la dona (casa do feminismo catalán re-activo), Fem art ( o certame de arte feminista que organizan cada ano ¿o único no estado?); os fanzines Disculpe (www.fotolog.com/cagadaenlamano) , punkismo dende o corazón) e Sickfun, que aínda teño entre maus, pero un dos máis interesantes –e bestias- do panorama fanzinero español. En canto á arte descubro os colectivos Bazooka group, dende os setenta cun ollo político imprescindible, ós incribles Pascal Doury e Bruno Richard e os serigrafieiros Bongoût. ¡Desfrutade!

*
zapatinhosmotor@yahoo.es
nana_coromoto@hotmail.com