Amosando publicacións coa etiqueta Hai unha serpe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Hai unha serpe. Amosar todas as publicacións

sábado, 5 de maio de 2012

(Violencia)*, Violación

Esta noite alguén me preguntaba no soño se o meu texto ía manuscrito. E lembro -como na vida- as ganas de dicir  NON (visualizaba xa a escrita mecánica, unha caixa enmarcaba o meu texto) e o SI que a miña boca-os meus ouvidos estaban disfrazando...

Nada máis lembro do soño... O escenario no recordo seguinte converteuse en poeira e algo de campo había marrón. Unha enorme masa de violacións a acontecer (podedes imaxinar unha orxía nesa nube sepia, algo horrible coa estética das series sobre Roma, pero era Violación).  Eran homes dos nosos, sen casco, con moi mala ostia os que se repartían entre nós. E lembro tamén que eu estaba fóra véndoo todo, cunha igual, que me dicía: despois de todo o que os chamamos, teñen dereito a esta catarse no soño.
Espertei estarricada como unha pértega, seca como un carbón, doorida como unha pel de plátano coa que alguén acaba de esbarar e caer, pensando en alto: si, si, coidado con chamarlles ou visualizalos feo despois de tantos anos a zouparnos. 




SOBRE O TÍTULO: *No texto orixinal esta palabra debe ir tachada



[Cecais soñei isto por estar falando das vengadoras Bloody Mary (thank goodness Anne Nocenti, u save me at eighteen), e de Electra e por ter nas mans a Prometea de Alan MOORE. Cecais foi tamén por escoitar nunha libraría a unha clienta pedindo a berros un libro EN ALEMÁN, DUN AUTOR ALEMÁN, NOVELA NEGRA E FEMINISTA, e imaxinar a pregunta da libreira, ó escoitar de novo POIS FEMINISTA, NON MACHISTA. Cecais foi por reflexionar sobre a imaxe das feministas, que moitas veces en lugar de loitar nas simas da desigualdade comezando pola nosa distópica ¿? conciencia dela, semellamos esaxeradas "amantes das mulleres". Cecais tamén porque quedei coas ganas de contestarlle a Je. -de bo rollo, que é ben lindo- cando me dixo, qué reivindicativa, toda de morado (...), explicándolle que meu feminismo é fucsia, cecais.]

mércores, 18 de abril de 2012

Dicir non. Tocarnos

Dixo branco, dixo burato, dixo __________.


Horas antes vin unha luva no chan, como non.


*


Dijo blanco, dijo agujero, estómago, enemigo.


Horas antes vi un guante en el suelo, cómo no. 

xoves, 2 de febreiro de 2012

Todo (me) pasa os mércores

O mellor e o pior. Polo peixe morre a boca. As vodas e os accidentes, a clase de frauta e os enfrontamentos de pandas. A caída no patio e o primeirao. Pola boca morre o peixe. Anne is right apoiándose no feminismo extremadamente intenso da beleza radical. Até o punto de que non se recoñeza. Claro que fóra dun país tan avanzado comparado co noso no tema de dereitos (as nosas avoas son nórdicas e son anglo e americanas) poida que isto se lea doutro xeito.[Para min é fundamental a estética, como se non cruzar o espello (e a súa superficie fría, que nos devolve como se nos ve, e existe, existe tan solidamente como semella) fose non vivir. Fundamental os tacóns de agulla: armas. Fundamentáis os rabos das gatas: bigotes e ________] Que non vos enteirades de nada? non pasa ren. >Son notas, apuntes, ideas retortas para un día canso canso, un día recto, un día no que tentei chorar e xa non choro, xa non choro cando quero, nin cando non quero, xa non choro. Un día despois dunha noite fermosa, chea de brillo, de xente única. Única, e están tan preto, pero non sei cómo apreixalas agora que xa non choro.   Na boca morren as bágoas. Terei que pechala algún día, para que as verbas non dinamiten a miña vida, para que a verdade sega tendo sentido e cecais a escrita. Para que todo se poida dicir sen abrila e cecais arranxe máis e doia menos. Cecais. Ou era unha vida sincera e comunicativa a que quería? Quen o sabe. Onte cando cheguei falaban que o outro día estaban a contar os soños: polos que estaban luitando e máis os imposíbeis. Si, eses tamén están vivos. E eu -cecais é pola semana cargada, pesada, densa que teño- pensei, cales son os meus e cales foron? Por que a realidade seméllase pouco á que esperaba? Estarei vendo isto demasiado opaco? si, por sorte de seguido decateime de que tralos pouquiños soños caducados (como un cartón de leite) viñeron outros froito da propia identidade, e descoñecidos por min antes de eu ser esta. Polo peixe morre a boca pintada da que 
                                  e 
                                  s
                                  v
                                 a 
                                    r
                                       a
                                         n

                                           a
                                           s

                                       v
                                    e
                                   r
                                b
                                a


                                 s