Amosando publicacións coa etiqueta Galicia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Galicia. Amosar todas as publicacións

xoves, 26 de maio de 2016

configuración mentalidade extraña configurada polo exilio, e polas as dobles vidas que todos levamos
faise faise hai mais infraestructura pero non hai mais imaxinación no moral nin no xénero nin na posibilidade de qué significa perdelo
(sobre o ser galego)

en España hai unha disfunción co talento, a xente prefire perdelo a desenrolar engranaxe orgánico de poder q pudera encaber ese talento: problema gordo
(sobre a xestión e producción cultural)

Chus Martínez  
no Diario cultural da Radio Galega o pasado Abril 

mércores, 13 de abril de 2016

XXI Xornadas Trasalba: Psiquiatría, Psicanálise e Literatura "Galicia Style" (2016)





Este ano celebramos de novo as XXI xornadas ás que todos estades invitados. O titulo xenérico é Galicia Style con toda a retranca que ten escribir títulos deste xeito.

Xurde dunha teima sen resolver sobre a que vimos falando de xeito informal dende xa hai tempo,  ata que, por fin, a idea coagulou en facer un encontro. (por certo, un mecanismo moiTrasalba style).

Trátase de poder falar do que os termos Galicia e Estilo suscitan nos diferentes invitados, e a partires do que nos conten, facer una conversa que sexa texto e pretexto. Abrir preguntas, desenferruxar os miolos e atreverse a pensar sobre o que acontece ou o que non; do que, se non o fai, debera; do porque si ou porque non. 

Se identidade e identificación non son o mesmo: ¿que rasgos nos configuran como pobo?, ¿é Galicia sitio distinto como dicía Reixa? ¿que relacións mantemos co poder? ¿de que maneira gozamos como pobo? ¿que relación temos co saber ? ¿e a relación coa pulsión de morte?

Estas son algunhas das cuestión polas que orientarse e abrir o debate.

Se o estilo supón unha posición subxectiva, e á consistencia do mesmo a través do tempo lle podemos chamar identidade, poderiamos aventurar un subtítulo ao redor da cuestión do estilo: ¿que posición ética como pobo temos fronte o desexo, o amor e o goce?

Sobre destas cuestións e outras moitas posibles, falaran os nosos convidados, aportando o seu saber e reflexións sobre o asunto, e o que lles suxire.




Sábado, 28 de maio 2016
Programa:

“A discreción”.
Antón Casais (Psiquiatra, psicanalista)

“Galegos en Venezuela: 1950-1980. Adaptación e choque de percepcións”. 
Moncho Campos (Profesor de historia da Universidade de Vigo)

“A nena e o infinito canto do tubérculo”.
Olga Novo (Poeta, profesora IES)

“A fraseoloxía como expresión de estilo”“.
Francisco Fernández Naval (Chisco) (Novelista e poeta)

“A identidade galega como creba: una proposta estilística”. 
Xosé Manuel García (Economista)

“Fronteira interior: ¿onde remata Galiza por dentro de nós? Unha aproximación dende a práctica da poesía”. 
Ana Cibeira (Poeta)

“A pasión de Concepción Arenal. ¿Un torrente ou abismo?”.
María Antonia de Miguel. (Psicanalista)

“A indiferencia coma feito diferencial galego”.
 Xaime Subiela (Politólogo)

Santiago Lamas presenta ao Profesor Manuel Sánchez Salorio (Médico oftalmólogo, humanista): “Cambio de papeis na función social do médico. Reflexións sobre unha peripecia”.


Eis as Xornadas Trasalba, que ano tras ano mesturan reflexión sobre psiquiatría e artes. 
Tentarei desta volta que fun convidada, escreber algo sobre o acontecer poético galego dende fóra de Galicia. 

Tentarei contar cómo no Madrid dos 2000s o castrapo de Luz Pichel topouse con lectores de acolá no seminario Euraca. Cómo -dende a experiencia propia- escreber en dúas linguas (tras dez anos de estancia na capital do Estado) condiciona o tecido lingüistico do pensamento, ou máis ben predispon - no meu caso- á intertextualidade... que non á apropiación. Quero falar tamén de cómo a opacidade da lingua fai patente a súa arbitrariedade dende o xogo bilingüe. Sobre respeito e autoodio; ideoloxía e verba. Quero mesturar todos istes conceptos dende a práctica dos textos, nesta nova rota que últimamente estou explorando: as políticas da palabra.

Obrigada, Asociación Galega de Saúde Mental - AEN Será un pracer pensar sobre todo isto e compartilo.






mércores, 17 de febreiro de 2016

Notas sobre a vivencia das CUP, infiltradas na política institucional


Los límites de la política institucional: un encuentro con las CUP

: xenealoxía anticapitalista / saber que están ao outro lado das barricadas / manda a asamblea
Facer país
Crenza popular: o espírito da independenza solucionará todo. Maxia potaxia.
O Estado Español non é bo para ninguén
Outros vínculos populares /nacionais
Conxunto de clases populares -> estructura cooperativa
Isto non é o nacionalismo romántico da fronteira do século XIX
Capacidade de transformacións: soberanía alimentria, sanitária +... >suma de  s o b e r a n í a s
Finalidade de infiltrarse nas institucións: crear vínculos sociais/Mediar para despregar múltiples procesos socais.
Usar a lóxica de unidade popular contra capitalismo: crear estructura de unión entre estudantado+ sindicalismo + movementos sociais...
Base anticapitalista anuándoo todo, máis que a independenza.
CONFLICTO / DEBATE / DISCURSO > contradicción de querer reforzar o movemento de base estando xa no institucional.
Manter sempre o espazo político como lugar (de loita) asamblearia territorial  (isto é meu)Imprescindíbel ensinar o proceso (espírito D:I:Y:, isto é meu) 
Repetirse como un mantra: a estabilidade dura o que dura a estabilidade dura o que dura
EU: merda
remunicipalización
Código ético para blindar traballo institucional, que non cobren máis de___, que non estean máis de 4 anos> asumen que a corrupción é inherente ao sistema!!!
Ter moi claro que ista é unha oportunidade para que aparezan experiencias de éxito ou fracaso, non para representar a ninguén, senón xerar tecido: asambleas locais da cup, municipais... iso é o importante> PROCESO DE TRANSFORMACIÓN 
Coidar o discurso idealista e o factor da afinidade 
Ter moi claro que as institucions europeas non son reformables
d e s d e m o c r a t i z  C I Ó N Isto é meu non recuperábel: facer tecido europeo: populo europeo contra o capital e as políticas da austeridade atopar ista luita común con Europa: contra a explotación e o autoritarismo. 
Para iso:
-Diagnosticar cómo son os nosos sectores productivos, condicións laborais, e os do resto de Europa.
-Saber cómo enfrontarnos a modelos de xestión capitalista.
-Proponer un discurso independentista dende o control e a producción de espazos autoxestionados úteis na mellora das condicións de vida (construcción de soberanías: alimentaria+ sanitaria*...etc) 
-Recoñecer as limitacións da moneda única, sanidade... estudar cada aspecto antes de enfrontarse a el. 
-Tomar impulso de base: tratar os temas e facer propostas máis importantes para a vida: guarderías... 


AUDIO en Diagonal 

 

venres, 31 de xullo de 2015

Manifesto Wuthering

Arvida Byström


afraid of falling
to sleep
without
belonging
to someone
Sasha Leshner


did he like your
really quiet
idea of living
like going to the movies alone
 Sasha Leshner 


Manifesto. Wuthering love. Manifesto. Wuthering noite da miña vida. Manifesto. Wuthering verán e cando non. Manifesto. Wuthering nunca máis amar. Manifesto Wuthering ferida. Manifesto. Retorno a Wuthering Heights. Manifesto. Wuthering Galicia. 

 

xoves, 2 de xullo de 2015

Pensar na viaxe



Situación construida: momento de la vida construido concreta y deliberadamente para la organización colectiva de un ambiente unitario y de un juego de acontecimientos.


Situacionista: todo lo relacionado con la teoría o la actividad práctica de la construcción de situaciones. El que se dedica a construir situaciones. Miembro de la Internacional Situacionista.


Situacionismo: vocablo carente de sentido, forjado abusivamente por derivación de la raíz anterior. No hay situacionismo, lo que significaría una doctrina de interpretación de los hechos existentes. La noción de situacionismo ha sido concebida evidentemente por los antisituacionistas.

(Publicado en el número 1 de Internationale Situationniste, 1 de junio de 1958)



Fermento ou "masa madre", esta terra.
Estou fartaq non "estou chea" de experiencia. 
Ser de aquí. Descoñecer moitas verbas do galego.Ver cómo de soave falan mamá e papá, nada portugueses. 

Sentirme preto de Madrid na lembranza: non foi un soño. Pensar en Jonathan, pensar en Michael, pensar en Fernando. Pensar en cómo Jonathan dixo: estar fuera fue como un sueño y volver a mi país es volver a la realidad. Pensar no que dixo Michael e non lembrar nada. Saber que Fernando seguramente regresou correndo aos brazos da súa moza anterior á experiencia da viaxe. 

Pensar en H que quere vivir en Galicia aquí e saber cómo o cambiará este levedar que é mudarse de verdade. Nada de turismo de interior. Nada diso. Trátase de cambiar. Mudarse. Mudar.



xoves, 11 de xuño de 2015

Porque si se consegue xabrón




Cansada. Enferma. Voy a cumplir 25 años y creo que soy hipocondríaca. En realidad, creo que tengo miedo de morir. Y ya. Miedo de morir y que se mueran los otros. ¿Hay algún nombre para eso? Veo esto. Ella sí está enferma, de verdad, y está sonriendo a pesar de todo. A mí me duele la panza y estoy triste, retorciéndome en la cama, pensando en todas las enfermedades posibles que se tienen en la tripa. Veo una foto de una placa de petri llena de bacterias. Aconsejan que uno debe lavarse las manos 8 veces al día. No se consigue jabón, ni para lavarse las manos ni para bañarse. Quiero lavarme las manos y sentir que mi panza ya no duele, que me siento mejor y no estoy cansada. Quiero pensar en lo bello de estar completo y pararme de la cama. Porque ella tiene cáncer y está parada de la suya y le sonríe al mundo. Yo no tengo excusas. Ya no. No más.

Oriette D'Angelo 


Porque o teu non é cancro e porque seguimos viv*s. Porque Oriette escribe que en Venezuela xa non se consegue xabrón e isto enténdoo como parte da miña biografía, tanto como que me segue amolando que galegos e españois sexan tan pouco celebradores, e porque odio esa parte mol miña que se contaxia disto. Porque xusto hoxe viña pensando qué forte que aquí (España) e agora (2015) si, que aconteza que se pides xabrón ás enfermeiras cho dean axiña, e que o sistema funcione -o económico que che da o paro-. 
Porque coido que xa non quero ir a Xapón, ben, si, pero se ten que haber prioridades e o criterio é que teña que ver con nós, iremos ao Québec. Porque cada día me ensinas cómo seguir tendo fame a pesares da túa pequena...diminuta...bum! (xa se autodestruíu) tendencia ao NON. Porque adoro a túa rosadez. E porque non podo imaxinar ir a Xapón, nin ao Québec, sen ti. Podería agasallarche/te co/ao meu diminuto país que non se quere ben, porque é o mellor lugar do mundo e porque sei que ti o celebrarás.
E porque esta noite, ti dende o hospital e eu dende a cama onde todo pasou, volvemos durmir xunt*s.




(E xusto ao rematar esta páxina cae un aguacero, logo  axiña escampa)