Amosando publicacións coa etiqueta Francesca Woodman. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Francesca Woodman. Amosar todas as publicacións

mércores, 13 de agosto de 2014

Cinsa Maravillosa fai música co poema "O dedo na mazá"


David Haller acaba de poñerlle música a un poema meu "O dedo na mazá". É un poema moi especial escrito a partir dunha fotografía de Francesca Woodman.
Está editado na revista Madrygal e en Bilbao. Antoloxía de poesía galega en Madrid, Ediciones Amargord, 2012.
¡Moitas grazas!

venres, 14 de novembro de 2008

O corpo desaloxado



Levo uns días coa cabeza soterrada nos libros de Miriam Reyes. O motivo, unha reseña que pronto verá a luz nunha revista que aínda descoñezo , pero cuxa editora respeto, e moito.
É incrible como esta poeta dende (ben, cecais non o primeiro verso publicado) pero si dende o primeiro paso en firme dado en forma de libro, xa ten a voz que é ela e o pulso firme da que invita...
Estou entusiasmada. Penso que medrei: cando collín Espejo negro por primeira vez tiven que lelo cunha soa man, e non no sentido que estades pensando; de verdade que agarraba o libro de pé e no ar e coa outra man por veces me collía a fronte e por veces me apoiaba na parede que a cegas buscaba. Doíame. Agora tamén, pero doutra forma. É como se me puidera meter dentro, na súa pel, e despois sair e ser eu mesma, aínda que dorida, zarandeada, con nauseas, si, pero ó fin eu. Agora podo ler.
Non sei se me entendedes.
Coñezo a moita xente devota da literatura á que non lle ten pasado.

Pero ben, quérovos recomendar non só as súas verbas, a súa páxina, o seu rastro... senón tamén unha entrevista en Nosotras en el mundo (xunto con Laura freixas) deliciosa... e tamén a súa ultimísima poética que temos a sorte de degustar xa que aparece no catálogo do encontro "Femigrama" que se está desenrolando estes días de Novembro. ¡Quedades en boa compaña!

[Fotos: a xenial e novísima suicida Francesca Woodman]