Amosando publicacións coa etiqueta Fanzine. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fanzine. Amosar todas as publicacións

luns, 29 de xuño de 2015

24 Xuño 2015

Onde dixen raiba digo carraxe.



Créditos: 
Pócema de San Xoán
Códex Serafinianus?
Unha reflexión deste mesmo blogue publicada no fanzine Buah (2011)
Unha sandia do tumblr

xoves, 21 de maio de 2015

Ambidiestra Records, unha nova andaina


Ando a colaborar con Ambidiestra Records, un selo e distribuidora Do it Yourself de Coslada, Madrid. Ambidiestra defínese como autoxestionada, feminista, pro-piratería, anti-especista e amante do troco.  
Comezou a súa andaina fai uns mesiños distribuindo discos de Abstract Reflection & David Haller, Archaeopteryx Ultraavantgarda, Her Only Presence, Viva Belgrado, UnsuspectedUndiscovered & Talby; cassettes de Hoot, parches de Assertive e fanzines.
Como selo musical, a súa primeira referencia é unha edición dixital dun Split entre David Haller e Kyuzu.
Eu acabo de unirme á equipa e andamos a preparar un album homenaxe á música do finado Mark Linkous A​.​K​.​A. Sparklehorse, onde varios grupos versionean as súas cancións. Podedes escoitar un adianto aquí.  
Tamén andamos organizando un ciclo no que arredor da hora da merenda reuniremos a escritoras/es, músicas/os e xente de ben ;)  e pasaremos documentais sobre temas coma o punk, a creación D.I.Y., o veganismo, ou o feminismo. Estas merendolas veganas darán comezo a finais de Xuño en Madrid, así que estade atentas/os porque axiña vos iremos informando.


Facebook


[ambidiestrarecords[at]gmail.com] 


xoves, 22 de xaneiro de 2015

Sisterhood, irmás madrileñas

Este venres recitarei na presentación do fanzines Sisterhood, un proxecto editorial do colectivo madrileño co mesmo nome, centrado sobre todo en feminismo e música.
O colectivo quere crear unha escena estable en Madrid, unha escena baseada nunha red, autoxestionada. É un grupo mixto pero trata de reflexionar e agrupar forzas para rematar cos prexuizos e condicionantes disuasorios cos que se atopan as músicas cando comezan a tocar fóra da casa. Queren traer grupos doutras comunidades para que toquen pola capital e argallar múltiples proxectos paralelos as fagan chegar a tódalas grrrls que hai soltas por toda a península ;)
Interésame moito o que contan nesta entrevista que a Filósofa frívola lles fixo en Madriz de que queren facer un Girl Camp en Madrid en verán, para que as rapazas toquen. Personalmente sempre botei en falta nos Ladyfests un obradoiro onde aprender a tocar. O de comezar a cacharrear dende nena paréceme un soño feito realidade.
Pola parte que me toca, eu contribúo no zine cun poema inédito sobre o xénero: "Deus non me borrará". Este venres recitarei iste e outros novos e xa publicados, arredor do tema da culpa. Estaremos a partir das 19.30 pola rúa Torrecilla del Leal, 15 no Bar El Gato Verde. Non o perdades. Haberá outros moitos actos tranquiliños nesta presentación a modo de merenda, e despois á noite concertos no Juglar. Máis info aquí

mércores, 31 de decembro de 2014

Minifeminizine, un suplemento sen peros


Fai unha semaniña Andrea Galaxina sacou este Minifeminizine, como un suplemento do seu fanzine Feminizine na editorial Bombas para desayunar. Deixo que ela volo conte:

En un principio este "minifeminizine" iba a ser una sección en FEMINIZINE 4, pero el espacio se quedó pequeño y no se pudo incluir así que decidí hacer un pequeño suplemento con las respuestas que había recibido*. Esta información tan valiosa no podía quedarse en el olvido. Así que aquí está minifeminizine, un fanzine digital en el que podréis descubrir la relación con el feminismo de algunas personas que se animaron a participar y compartieron con nosotrxs sus experiencias.
Puedes leer minifeminizine al final de este post o
haciendo click! en el issuu de BPD en dónde también puedes descargarlo.

Incluye respuestas de cómo encontraron el feminismo de: Ana Cibeira, Ana Flecha, Bea de El sur en el Atlántico, Carrie Candice, Elena Palacios, Gelen Jeleton, Elena Exquis, Jesús Jeleton, Jose Atomizador/ Afeite al perro, Juana Barbarian, Mariana RF, Pilar Rubor Postcoital, Quique MM, Silvia Noire, Verónica Lorenzo Sar.

domingo, 28 de outubro de 2012

Riot Poetry ou Adolescentes Negras!

A Tavi, que anda arredor dos 15 anos non só é un referente no mundo da moda. Referente de qué non volo podo explicar pois nada sei diste mundo nin interés que teño, pero ademáis da súa capacidade para crear mundos no textil e a posta en escea desas coleccións, as máiscdas veces feitas coun roupa mercada atopada ou reutilizada, o que me interesa desta pequena é o que o seu traballo ten de performance. A medio camiño entre o diario riot e a performance de contos de fadas ao estilo da Kate Durbin (outra creadora á que sego con paixón), Tavi é o que queríamos ser todas ou o que necesitábamos na adolescencia. Por iso é tan boa noticia este libro, que recolle o proxecto de revista que dende fai un aniño edita.
Non lle chegaba co blog, cos textiles, e os flipantes fanzines collageros que fai no cotiá, así que tivo que iniciar un proxecto colectivo que dera voz e visibilidade a todxs esxs adolescentes confusos e rebledes, feministas e descastados, das distintas américas que conteñen os "States". 
AY, como lin nun twitter fai nada, quen dera con iste proxecto aos 15, 16, 17... 


domingo, 13 de maio de 2012

Concerto - Arte na rúa


Tesouro para fanzinerxs. Un flyer dun concerto de Extinción de los insectos feito historieta! 

mércores, 15 de febreiro de 2012

Terror-writers

Presentación en Madrid de Vinalia Trippers, aló estaremos! 
11 de Marzo, 2012 ás 20.00 horas.


domingo, 18 de decembro de 2011

Buah, qué noite!



2 presentacións para dúas noites fermosas. Teño ganas de ver a revista Otras Palabras, por todo e para ver como quedaron os collages que lles fixen!  Mágoa non enteirarme da presentación para poder pasar cediño darlles un biko antes da festa buah! estará no spam o mail!!??? a ver qué contan estes argalleiros literarios! 
 E as pequenas de buah aló quedan bailando, encantoume a metáfora de rachar pratos para atallar a ira pequena, e aprender a xestionala, antes de pasar á raiba e á violencia... a poesía foi interesante. E "Le Parody" ben riquiña, unhas veces popmelódica, outra enraizada no surpormindescoñecido e outras con máis ecos ao JuanaMolina, xogou ben as súas cartas e currouse o concerto! a pinchada fetén, como dirían elaxx! 
Chévere.
Se queredes conseguir o zine ou lelo, andará por aquí nun tempo...

xoves, 23 de outubro de 2008

"Fanzine de vergüenzas"

 
El nuevo número de CAGADA EN LA MANO es brutal!!! Nuestro amigo Héctor Melchor autor del precioso fanzine DISCULPE y CUANDO YA NO QUEDEN BALAS (a cuatro manos con Mario Albelo del HERPES y con contraportada de HAZ), renueva apuesta con este fanzine de vergüenzas dibujado sintética y punkísimamente!!! 14 historietas para partirse de risa donde brilla la escatología fina y el harcoretismo sucio!!!

CAGADA EN LA MANO #2,
Madrid-Toledo, Octubre 2008.

sábado, 12 de xullo de 2008

Ruta punk



Nas miñas maus un disco de colegas punkeirísimos que intercambian instrumentos e funcións para dar renda solta á súa creatividade e converterse nunha mesma tarde-nunha mesma grabación en 6 grupos diferentes, o resultado do experimento: ACEITUNES FOR FUCKER (VOLUME 1). Noraboa! a edición con postercito con letras, guachafitesca explicación ficticia de cada grupo-proxecto e ata un poema de rabiosa ironía hardcoreta.

ESCORIANMAHU Ediciones
CDR (100 copias) - 2euros c/u
Pedidos a: APDO. 2576 - 28080 MADRID
caos_final@yahoo.es


A QUE OKUPA PREOKÚPASE

As reactivas rapazas da C.S. Atreu e da Casa das Atochas invíatenme a pasarme pola casa da Queerunha para coñecernos: están poñendo en marcha unha radio livre e teñen abertos numerosos proxectos. Así que anoto na miña axenda contactar con elas cando estea pola terra, pero animo a todas as que vivan en Galicia a que participen nun proxecto que polo que vexo vía lista de correo está activísimo, nun espazo (as Atochas) increiblemente acondicionado polo miúdo.
E por Madrid...
achégome á asamblea da PSO Malaya para ver que se coce alí e se podo facer radio: un proxecto soñado ó que poder dar forma en colectividade. Corren rumores de que para facer algo neste espacio hai que autoinculparse, e varios colectivos expoñen a dúbida. Ó final da reunión non nos queda claro se este é un requisito indispensable para acceder ó espazo e desenrolar proxectos sociais, pero si saimos dalí algo desencantadas, pensando que sería un sacrificio dabondo comprometido para que todo o mundo poda e queira realizalo. Están ben as premisas propias dun colectivo que asume o risco da okupación - non son quen de xulgalas- pero non todo o mundo pode entrar por esa porta e este sistema de selección si que me fai pensar.

Calquera cousiña a: nana_coromoto@hotmail.com
Invítovos a unirvos á lista de correo LAZOS PANTERA

venres, 13 de xuño de 2008

martes, 20 de maio de 2008

"A vida violenta" fanzine





Nace o fanzine "A vida violenta" para autoeditarme.
Contos, poemas e colaxes para proxectarme ó mundo.
Cada número unha creación que revoloteaba no caixón ou que foi creada específicamente para ver a luz de súpeto. Proxecto que renova formato en cada número, aberto a ser compartido con outras/os.
O primeiro número o meu "Pecadiñorixinal" en forma de mazaíña.

1ª edición de 20 copias.
Cartulina verde mazá recortada e texto impreso.
Fotiño de Betty Page que inspirou o conto.
Seliño de corazón salvaxe debuxado a man.
-0.30 euros en man ou tendas.
-0.30 + gastos de envío, por correo.

Escribídeme a corazonsalvaxe@yahoo.es
Pinchade aquí pra ler a traducción ó castelán do conto.

mércores, 10 de outubro de 2007

¡Aféiteo, aféiteo!

Parece que non pasa nada e todo o mundo anda argallando o seu. Afeite al perro o selo editor irmauciño quere abrir unha fiestra na rede pra estar máis preto, na realidade- iso sí- de todos, e poder dicir por qué fan as cousas e cómo... a min paréceme fundamental isto: que uns ós outros non só nos motivemos, senón que nos expliquemos e que os nosos proxectos nazan da casa, non das arcas oficiais... así sempre serán nosos e sempre serán puros...
é tamén como cando lees un libro que está tan feito dende dentro que de verdade ti sintes que tamén podes escribir; ou ver arte que é tan libre que che dá ganas de debuxar e debuxar; ou as edicións que están tan coidadas, que che descobren que editar é devecer polos libros... ai! que luns de cohetización...
Pois iso: as revistas de tendencias non existen e menos as gratuitas(¿?), e os lazos reais sí!!!
Quero facer igualiño que as italianas con que o patriarcado non existe... así hai que vivir, pa'diante e coa forza do primeiro latexo.

E para mostra, un botón.

domingo, 18 de marzo de 2007

Fanzine "Zapatiños motor"







Nace a nosa editora corazón salvaxe co fanzine. Primeiro número de zapatiños motor. Onte fomos públicas e lazos no concerto de Chris Leo e Tetris: "punk y madera", estes chavales afeitaperros sempre dando no cravo, craviño cravado no corazón.

Moito interés e bonitos comentarios: guau!!!; é lindo pero ó tempo duro, resistente; cantos regaliños e todos feitos a mau? - sí!- ... de todo. Nós entusiasmadas, e aprendendo como nunca... para xa comezar a mover as nosas tripas-a darlle voltas á cabeza-latexar duramente-pró novo número: mutante.¡Enlazádevos!

ZAPATIÑOS MOTOR #1 resistencia & pracer
con regalos revolucionarios: libriños a mau e únicos;
póster central pró cuarto; CRATES,un conto adaptado e ilustrado.
pedidos & colaboracións a
zapatinhosmotor@yahoo.es
Pronto en la idea, traficantes de sueños, bang e no teu buzón! . 1 euro.

**************************************************************************

COLABORADORES: haz de maíz, leslie hoffman, m.b., hugo, lola robles, minus bálido, eva maría stehlik, ingrid, natalia manzano, elvira riveiro tobío, luna miguel, antía otero, miguel llansó, javier termenón, alejandra vanessa, rie okada, ana gil, sofía rhei, jaime, crass by nature. ¡MIL GRACIAS A TOD@S!

**************************************************************************


ZAPATIÑOS MOTOR viaxará a Córdoba este sábado 14 de abril,pra compartir postiño co precioso HAZ#2 e o propio bar sobia#3, que se presenta ese día. Sala freaktown, 22.00 da noite, organizan: as hiperactivas e fantásticas polacas.


**************************************************************************

xa podedes mercar zapatiños motor en la idea (madrid) e en BANG!



**************************************************************************

LAZOS

Novas lecturas e links: Ca la dona (casa do feminismo catalán re-activo), Fem art ( o certame de arte feminista que organizan cada ano ¿o único no estado?); os fanzines Disculpe (www.fotolog.com/cagadaenlamano) , punkismo dende o corazón) e Sickfun, que aínda teño entre maus, pero un dos máis interesantes –e bestias- do panorama fanzinero español. En canto á arte descubro os colectivos Bazooka group, dende os setenta cun ollo político imprescindible, ós incribles Pascal Doury e Bruno Richard e os serigrafieiros Bongoût. ¡Desfrutade!

*
zapatinhosmotor@yahoo.es
nana_coromoto@hotmail.com

domingo, 7 de xaneiro de 2007

Feliz 2007 e Reseña de "O Libro da egoísta" de Yolanda Castaño


¡FELIZ 2007!

Este ano ten unha pintaza incrible. Yolanda Castaño presenta o seu Libro de la egoísta en Madrid, en edición bilingüe... e latexan tamén fresquiños os novos libros de Alejandra Vanessa e Elena Medel. Falando delas, La bella varsovia segue máis reactiva ca nunca e este ano sorprenderanos con bonitos e necesarios proxectos... o fempunk #5 zine xa está en marcha e o noso zapatiños motor a piques de deixa-lo forno... 


*


CASTAÑO, YOLANDA, O libro da Egoísta, Colección Dombate, Ed. Galaxia, Vigo, 2003
Para os dandis como para as mulleres,parecer é ser.
BARBEY D’AUREVILLY


ESPELLISMO DE TINTA


Cántos autores deberían ter realizado este exercicio de aprender a mirar cara a vaidade escritora. Despois da fulminante carreira ó éxito literario de Yolanda Castaño – dentro do que isto pode significar na cultura do noso país – gracias ós poemarios: Elevar as pálpebras (1995), Delicia (1998), Vivimos no ciclo das Erofanías (1998) – tamén traducido ó español– e á antoloxía cantada Edénica (2000), chega O libro da egoísta, unha obra que renova a colección Dombate, da Editorial Galaxia, unha aposta pola poesía, tan necesaria despois da desaparición da colección Ablativo Absoluto de Xerais, e da apurada situación da imprescindible Editora Espiral Maior.


O libro da Egoísta, proxecto xestado mentres se sucedían os catro anteriores, é unha pausa na persoal poética da autora (vitalista e erótica -provocativamente afectada-), unha reflexión persoal sobre o desdobramento que require a creación, un xeito de preguntarse polos desexos modais e lingüísticos do xogar a reconstruírse a través da poesía. O texto presenta a vivencia do percorrido literario da autora, aberto como un pactado compromiso consigo mesma, adoecendo (Amarme con cinco caras que terei que sustentar repartindo doses minúsculas das miñas costelas ós cinco peteiros abertos como fauces) e establecendo un diálogo estético entre sofisticados versos (E así lanzada contra a tarde de dedos implacables que non perdoará arrincarme os lazos) e o discurso propio dunha nena nada tráxica, cercano á vida material ( Xuño podía ser un mes bonito), á poesía oral (Qué horror. Non podo deixar de morder a boca por dentro, até facer sangue), e á literatura dos diarios todos (hoxe fun á saída do instituto ver saír adolescentes).
Esta mestura de intencións, verbalizadas a través de fórmulas tan diversas, lévame a considerar dúas partes nas que se podería dividir o libro. A primeira - ata a páxina 37 –, formada por poemas breves, escritos de xeito prosaico, é unha poesía de personaxes, máis abstracta e tallante, de polifonía sincera entre a sacerdotisa, a analfabeta e a propia voz poética (homónimo trasluz da autora), debatendo os seus desexos. Así, a relixiosa, cativa da fraude literaria e devota da doutrina poética, reclama o coñecemento; a analfabeta prega para non se vender, manterse pura na ignorancia que preserva o sentido, o tacto, o privilexio, as ganas de tirarse; e a terceira presencia, a Yolanda que interpreta as loitas, é a que sabe – seguramente física e intelectualmente - e coñece o final. Así, neste percorrido autocrítico co propio ser (verbo), apaixonadamente “Yolanda” dará de comer o corazón ás bestas, contemplarase belísima, nomearase orfa e estéril (Abortar é unha obriga) sen deixar de mentir – ventrílocua – para aprender a inenarrable alegría de ter casa, isto é, de ser eu.

A segunda parte – dende a páxina 41 ata o final– constitúena varios documentos íntimos (diarios, cartas, anotacións sobre o cotiá, escritos sobre unha lectura favorita...) que intentan transmitir esa inquietude de ser outras.
O anhelo de ser futura, de chegar limpa á historia real, cotiá - renunciando ó tráxico amor á dor -, pero non por iso menos subxectiva e fantasiosa, é a ponte, formulada con estes dous versos,

que nos levará á segunda parte, traspasando a liña dos aforas e os adentros, é dicir, o espello, co asombro puro dunha Alicia ferida nas catro ficcións ou libros anteriores da autora, agora esnaquizados cristaliños reflexos.
Os textos que forman esta sección, son unha forma de comunicarse, ben coa mesma voz da que xorden, coma se doutro personaxe se tratase, como sucede na extensa misiva á Yolanda que acolle (farame un fogar paupérrimo entre os seus brazos de mundo); no relato ó amado, como chamada/recordo resignada/o; no falso diálogo coa autora (- Agarda. Isto é un labirinto de espellos e á orixinal xa non a recoñezo); ou nos berros escritos no reflexo roto e composto (SON A EGOÍSTA PORQUE ESTÁ SOA).
Ou ben, establecendo esa comunicación co exterior, como se lee na lista de preguntas existenciais (por exemplo: ¿De que ventrílocuo somos?); ou na escena teatral, reescritura da historia de O Amante de Marguerite Duras, en clave persoal (Eu contareiche dela, da miña relación con aquela rapaza (...) Porque en nada me recoñezo); no diario que permite anotarse poeticamente (Na parada do autobús coincidín cun rapaz fermosísimo. “Quero respirar na mentira que crea teu corpo...”); e na carta á amiga escritora, plagada de presencias de poetas vivas, outras que ben poderían ser ela, ou permitirlle a Yolanda Castaño, identificarse. Pero non lle é posible á muller que escribe sentirse parte, nin desta xeración literaria, nin doutra brigada feminista (eu xa non son daquelas que tiveron que traballar para “nosoutras” ). Nembargantes, o libro, ademais de erixirse como unha vinganza ó mundo da literatura acrítica cos presupostos artísticos, coas convencións creativas - reivindicando o posmoderno dereito a non ser orixinal - contribúe ó recoñecemento das egoístas, que poderiamos ser todas.

Este traballo exhaustivo, deixa á autora nun lugar interesante na poesía galega contemporánea. Entreliñas podemos descubrir que de ningunha maneira a escritora se permitirá percorrer camiños alleos, perseguir ás tentacións do éxito. Comprométese neste texto a ofrecernos de aquí en adiante, lágrimas de diamante, non solo gotas salgadas. Debemos celebralo.
Reseña escrita no 2003 cando saiu o libro.  
Publicada en Andar21 e Hiperferia#7 no 2004 e en  Andaina nº 36
e logo publicada pola autora na súa web: www.yolandacastano.com