Amosando publicacións coa etiqueta Editorial Corazón Salvaxe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Editorial Corazón Salvaxe. Amosar todas as publicacións

xoves, 29 de setembro de 2011

Núcleo duro


Ilustración de HAZ para un fanzine de autodefensa, proxecto de corazónsalvaxxe (2009)

[Ollade a A anarca da camiseta do rapaz, a bso ben podería ser o tema das "De espaldas contra el (qué lapsus!) al patriarcado" chamado "Anarquista popular" ou algo así, jajaja...

martes, 1 de decembro de 2009

HUMOR VÍTREO


AQUÍ ESTAMOS DE NOVO, ANIMANDO AS BEIRARRÚAS MEXADAS DE MADRID, VOLTAMOS Á CARGA CO NOSO OUVEO ELÉCTRICO E AS NOSAS GANAS DE DESAPARECER FUNDIDAS NUNHA MARAÑA DE RUÍDO E CRÍPTICAS MENSAXES!


Diciembre
2009
Sábado
El Planeta de los WattiosC/Sorgo 53 Mapa
Hora: 18:00 h.
mADRID

xoves, 25 de decembro de 2008

Festivo traballo


[O obradoiro]

Paso a tarde collageando para conseguir uns cartiños para un cursiño que as corazón salvaxe estamos a preparar...
Aquí unha mostra dos marcapáxinas e mini collages que pronto venderemos...




luns, 15 de decembro de 2008

Vítreas asasinas

As de corazón salvaxe acabamos de sacar a nova cinta de Humor vítreo, o grupo de collage improvisado que teño con Jose... ¡a felicidade! este sábado estivemos en vallekas gozando mentres nevaba... copio aquí o textiño no que explico o nacemento da vitriedade!!!

HUMOR VÍTREO formouse cando Jose e máis eu comezamos a falar dos collages que faciamos de pequenos con cancións favoritas. Chamounos a atención que ós dous se nos dera polo mesmo e quixemos xogar de grandes unha tarde de domingo... amantes do ruido (noise) decidimos usar discos como recursos de onde extraer os sons, pero tiñamos claro que desta volta non queríamos cachiños reconocibles, puros, senón que ós dous nos apeteceu mesturar apenas sons -e probar a distorsionalos, alongalos, enmudecelos, samplealos ... con delay... - para conseguir algo ruidoso, mixto, alborotado: un collage no que non se recoñecesen os materiais de orixe...
Para ver qué demo estabamos facendo grabámonos e así comezou unha longa serie de domingos experimentadores e entusiastas que deron lugar a HUMOR VÍTREO... No camiño fomos escoitando toda a plunderfonía que hai regada polo mundo, como chamou John Oswald a este facer collage ou montaxe musical a partir de discos ou grabacións xa existentes, ¡¡¡e nós quixemos bautizarnos como punkderfónicos!!!

Máis en corazón salvaxe...

Foto desbocada: Melanie Pullen

martes, 14 de outubro de 2008

Humor vítreo, ¡sempre!


O festival Maraña de Bucles foi un éxito. A verdade é que esto de collagear en vivo é como recitar: moitos nervios pero tamén unha sensación de placer, de ganas dunha mesma pouco cotiá. E moitas ganas de repetir...
Ando á espera dalgunha fotiño ou video que poder gardar...

martes, 20 de maio de 2008

"A vida violenta" fanzine





Nace o fanzine "A vida violenta" para autoeditarme.
Contos, poemas e colaxes para proxectarme ó mundo.
Cada número unha creación que revoloteaba no caixón ou que foi creada específicamente para ver a luz de súpeto. Proxecto que renova formato en cada número, aberto a ser compartido con outras/os.
O primeiro número o meu "Pecadiñorixinal" en forma de mazaíña.

1ª edición de 20 copias.
Cartulina verde mazá recortada e texto impreso.
Fotiño de Betty Page que inspirou o conto.
Seliño de corazón salvaxe debuxado a man.
-0.30 euros en man ou tendas.
-0.30 + gastos de envío, por correo.

Escribídeme a corazonsalvaxe@yahoo.es
Pinchade aquí pra ler a traducción ó castelán do conto.

venres, 16 de novembro de 2007

Vítreo novembro

Acaba de chegarme o Inforvoxe 19, o mesmo día que remato de grabar en audio os poemas que alí saen e que a AELG quere incluir nun libro das colaboracións da sección "Letras novas" dos 20 primeiros números desta publicación. Que preciosa experiencia a de grabar a voz co pedaliño de volume, co micro emprestado, soíña e feliz, unha e outra vez atopando a miña voz físicamente no ar deste cuarto propio e amarelo.

*
Onte no concerto de Brötzman, dicíalle ós meus amigos, "aquí todos teñen mínimo un grupo, menos eu", sen lembrar a nova experiencia vítrea, que a pesares de min, xa é realidade. É verdade. Se son colaxera visual, por qué non xogar cos sons? me parto... xa vos contarei en breve, cando saquemos a cintiña. Esquecía este experimentar sonoro...

*
Todo isto vén, porque acabo de visitar a María Lado na súa casatlántica e flipoume "novembro". Que ganas de poder degustar xa os nove obxectos e vivir nesa illa, ese novembro terrorífico que de feito xa coñezo dende nena.
*

mércores, 10 de outubro de 2007

¡Aféiteo, aféiteo!

Parece que non pasa nada e todo o mundo anda argallando o seu. Afeite al perro o selo editor irmauciño quere abrir unha fiestra na rede pra estar máis preto, na realidade- iso sí- de todos, e poder dicir por qué fan as cousas e cómo... a min paréceme fundamental isto: que uns ós outros non só nos motivemos, senón que nos expliquemos e que os nosos proxectos nazan da casa, non das arcas oficiais... así sempre serán nosos e sempre serán puros...
é tamén como cando lees un libro que está tan feito dende dentro que de verdade ti sintes que tamén podes escribir; ou ver arte que é tan libre que che dá ganas de debuxar e debuxar; ou as edicións que están tan coidadas, que che descobren que editar é devecer polos libros... ai! que luns de cohetización...
Pois iso: as revistas de tendencias non existen e menos as gratuitas(¿?), e os lazos reais sí!!!
Quero facer igualiño que as italianas con que o patriarcado non existe... así hai que vivir, pa'diante e coa forza do primeiro latexo.

E para mostra, un botón.

domingo, 7 de xaneiro de 2007

Feliz 2007 e Reseña de "O Libro da egoísta" de Yolanda Castaño


¡FELIZ 2007!

Este ano ten unha pintaza incrible. Yolanda Castaño presenta o seu Libro de la egoísta en Madrid, en edición bilingüe... e latexan tamén fresquiños os novos libros de Alejandra Vanessa e Elena Medel. Falando delas, La bella varsovia segue máis reactiva ca nunca e este ano sorprenderanos con bonitos e necesarios proxectos... o fempunk #5 zine xa está en marcha e o noso zapatiños motor a piques de deixa-lo forno... 


*


CASTAÑO, YOLANDA, O libro da Egoísta, Colección Dombate, Ed. Galaxia, Vigo, 2003
Para os dandis como para as mulleres,parecer é ser.
BARBEY D’AUREVILLY


ESPELLISMO DE TINTA


Cántos autores deberían ter realizado este exercicio de aprender a mirar cara a vaidade escritora. Despois da fulminante carreira ó éxito literario de Yolanda Castaño – dentro do que isto pode significar na cultura do noso país – gracias ós poemarios: Elevar as pálpebras (1995), Delicia (1998), Vivimos no ciclo das Erofanías (1998) – tamén traducido ó español– e á antoloxía cantada Edénica (2000), chega O libro da egoísta, unha obra que renova a colección Dombate, da Editorial Galaxia, unha aposta pola poesía, tan necesaria despois da desaparición da colección Ablativo Absoluto de Xerais, e da apurada situación da imprescindible Editora Espiral Maior.


O libro da Egoísta, proxecto xestado mentres se sucedían os catro anteriores, é unha pausa na persoal poética da autora (vitalista e erótica -provocativamente afectada-), unha reflexión persoal sobre o desdobramento que require a creación, un xeito de preguntarse polos desexos modais e lingüísticos do xogar a reconstruírse a través da poesía. O texto presenta a vivencia do percorrido literario da autora, aberto como un pactado compromiso consigo mesma, adoecendo (Amarme con cinco caras que terei que sustentar repartindo doses minúsculas das miñas costelas ós cinco peteiros abertos como fauces) e establecendo un diálogo estético entre sofisticados versos (E así lanzada contra a tarde de dedos implacables que non perdoará arrincarme os lazos) e o discurso propio dunha nena nada tráxica, cercano á vida material ( Xuño podía ser un mes bonito), á poesía oral (Qué horror. Non podo deixar de morder a boca por dentro, até facer sangue), e á literatura dos diarios todos (hoxe fun á saída do instituto ver saír adolescentes).
Esta mestura de intencións, verbalizadas a través de fórmulas tan diversas, lévame a considerar dúas partes nas que se podería dividir o libro. A primeira - ata a páxina 37 –, formada por poemas breves, escritos de xeito prosaico, é unha poesía de personaxes, máis abstracta e tallante, de polifonía sincera entre a sacerdotisa, a analfabeta e a propia voz poética (homónimo trasluz da autora), debatendo os seus desexos. Así, a relixiosa, cativa da fraude literaria e devota da doutrina poética, reclama o coñecemento; a analfabeta prega para non se vender, manterse pura na ignorancia que preserva o sentido, o tacto, o privilexio, as ganas de tirarse; e a terceira presencia, a Yolanda que interpreta as loitas, é a que sabe – seguramente física e intelectualmente - e coñece o final. Así, neste percorrido autocrítico co propio ser (verbo), apaixonadamente “Yolanda” dará de comer o corazón ás bestas, contemplarase belísima, nomearase orfa e estéril (Abortar é unha obriga) sen deixar de mentir – ventrílocua – para aprender a inenarrable alegría de ter casa, isto é, de ser eu.

A segunda parte – dende a páxina 41 ata o final– constitúena varios documentos íntimos (diarios, cartas, anotacións sobre o cotiá, escritos sobre unha lectura favorita...) que intentan transmitir esa inquietude de ser outras.
O anhelo de ser futura, de chegar limpa á historia real, cotiá - renunciando ó tráxico amor á dor -, pero non por iso menos subxectiva e fantasiosa, é a ponte, formulada con estes dous versos,

que nos levará á segunda parte, traspasando a liña dos aforas e os adentros, é dicir, o espello, co asombro puro dunha Alicia ferida nas catro ficcións ou libros anteriores da autora, agora esnaquizados cristaliños reflexos.
Os textos que forman esta sección, son unha forma de comunicarse, ben coa mesma voz da que xorden, coma se doutro personaxe se tratase, como sucede na extensa misiva á Yolanda que acolle (farame un fogar paupérrimo entre os seus brazos de mundo); no relato ó amado, como chamada/recordo resignada/o; no falso diálogo coa autora (- Agarda. Isto é un labirinto de espellos e á orixinal xa non a recoñezo); ou nos berros escritos no reflexo roto e composto (SON A EGOÍSTA PORQUE ESTÁ SOA).
Ou ben, establecendo esa comunicación co exterior, como se lee na lista de preguntas existenciais (por exemplo: ¿De que ventrílocuo somos?); ou na escena teatral, reescritura da historia de O Amante de Marguerite Duras, en clave persoal (Eu contareiche dela, da miña relación con aquela rapaza (...) Porque en nada me recoñezo); no diario que permite anotarse poeticamente (Na parada do autobús coincidín cun rapaz fermosísimo. “Quero respirar na mentira que crea teu corpo...”); e na carta á amiga escritora, plagada de presencias de poetas vivas, outras que ben poderían ser ela, ou permitirlle a Yolanda Castaño, identificarse. Pero non lle é posible á muller que escribe sentirse parte, nin desta xeración literaria, nin doutra brigada feminista (eu xa non son daquelas que tiveron que traballar para “nosoutras” ). Nembargantes, o libro, ademais de erixirse como unha vinganza ó mundo da literatura acrítica cos presupostos artísticos, coas convencións creativas - reivindicando o posmoderno dereito a non ser orixinal - contribúe ó recoñecemento das egoístas, que poderiamos ser todas.

Este traballo exhaustivo, deixa á autora nun lugar interesante na poesía galega contemporánea. Entreliñas podemos descubrir que de ningunha maneira a escritora se permitirá percorrer camiños alleos, perseguir ás tentacións do éxito. Comprométese neste texto a ofrecernos de aquí en adiante, lágrimas de diamante, non solo gotas salgadas. Debemos celebralo.
Reseña escrita no 2003 cando saiu o libro.  
Publicada en Andar21 e Hiperferia#7 no 2004 e en  Andaina nº 36
e logo publicada pola autora na súa web: www.yolandacastano.com