Amosando publicacións coa etiqueta Deborah Paauwe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Deborah Paauwe. Amosar todas as publicacións

martes, 23 de novembro de 2010

Invadida de xofre


É polas noite que abro o meu ventre coa voracidade das illas

en espirais

e aborto miserias se non me ceibas de pronto e acado unha profundidade

de violencia que me atosigou desde sempre.

Son unha imaxe aberta cara a metade cara as ruínas,

ou non reaparezo para abordar o meu sentido último,

a miña sombra de cicatrices e cancro de luz,

o noso beixo de caranguexos-cristal-d´auga.

(...)


EMMA PEDREIRA LOMBARDÍA

[o extracto de poema saqueino de ENFOCARTE, onde hai unha preciosa antoloxía virtual da poesía galega dos 90 con traduccións ó castelán, obra de TERESA SEARA, recoméndovola se vos cega o brillo destas verbas... / Imaxes: fotos da fundamental DEBORAH PAAUWE e ela xunto á súa obra aquí embaixo.]