Amosando publicacións coa etiqueta Cultura libre. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cultura libre. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de agosto de 2012

Uf, siiii, noooonnnnn

Non sei se me fai gracia o ou meu sorriso é algo ácedo o feito de que algúns grupiños abandeirados do copyleft colguen unha mísera canción en bandcamp e cos que se meten por non querer ser copy left senón anticopyright, con discos fresquiños recén saídos e aínda sendo presentados en distintas cidades xa se pode baixar íntegro. Quen ame o vinilo vaino mercar igual. 
Todo é unha grande paradoxa ou quen sabe non ensina ou quen ensina non sabe, jeje... 

No sé si me hace gracia o simplemente me sorprende... el hecho de que algunas bandas, abanderadas del copyleft cuelguen una mísera canción de un disco suyo de hace años, y bandas anticopyright, de copyleft nada, cuelguen íntegro su último álbum cuando aún está siendo presentado por varias ciudades y lugares de la península... ay mundo cruel! qué confusión! ¿quien sabe no enseña y quien enseña no sabe?
No se me enfaden, pero reflexionen, vale!

venres, 11 de maio de 2012

Non se nos pode atrapar


(Un amigo músico meu sempre di que el cando un grupo se lle está consolidando, comeza sentirse incómodo. Comeza a ter seguidores que esperan algo del. Á xente que o se vai sumando espera ver ao seu artista favorito nas revistas que elixe seguir. Comeza o circo... e el di que contra iso, hai que despistar, cambiarlle o nome ao proxecto, ou rematalo e facer outro. Que só dende esa liberdade pode crear e sentirse libre de dicir o que quere e así participar no mundo dende a arte que di cousas que non queren ser oídas.)

Comezo a comprender mellor as súas verbas sobre o despiste. Sobre o ciclo da metamorfose sen pausa. Comezo a saber de qué fala. Porque normalmente tento deixarme levar e crer e crer e non ver as diferencias -ou velas todas no persoal e por iso a amenaza- pero non velas de idea, por fóra das persoas. Das persoas nas asambleas, pero hoxe e iso que o pasei de medo, comezo a entender a súa teima de despistar, de cambiar de pel e proxecto de non consolidar-se, non consolidar a nada. 
Si, o que me pode salvar é Fantasía, e como dentro da historia (story) esta maxia loita contra o avance da Nada. O adianto dos lazos entre pijos. O adianto dos postos dados. E sobre todo o adianto do xogo que se traen a mesturárense entre nós, a asemellársenos. Jeje. ó final é un/ha quen perde moito máis, a que está de pau neses contextos, jeje. E non o digo pola Ladyasamblea, que foi ben bonita, pero éche o que está no ar moi preto moi preto, e no que máis importa, nos importa: a puta , magnífica, belísima arte. 

O truco político está de moda. Di que es anónimo e asina as cancións. Di que es copy e vende os teus discos polo nome. Di que es de ______, que todxs somos iguais e garda os millóns, garda os postos a dedo por oposición, garda as cartas, garda as chaves do coche nun caixón. Gárdate baixo chave no fondo da posteridade e das viaxes transoceánicas que son o teu timón.