Amosando publicacións coa etiqueta Crítica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Crítica. Amosar todas as publicacións

venres, 16 de outubro de 2015

Collage "underground" na revista Caravansari

Un collage meu: Autorretrato 


En los últimos años se percibe como la poesía sobrevive en un contexto adverso que afecta a todos los escenarios posibles. Esta es la realidad que enmarca nuestro objeto de interés: un panorama literario gallego en el que, al ralentí, van irrumpiendo y consolidándose voces que apuestan por el lenguaje poético como medio de expresión –con todo lo que esto supone– desde posiciones distantes. La atención a la diversidad de propuestas será el objeto de interés de estas líneas que buscan confeccionar un pequeño mapa de ruta dedicado a aquellas interesadas e interesados en asomarse a la producción poética en gallego más reciente. Además, el exceso de abstracción que pueda surgir a la hora de aproximarnos a los poetas y sus obras será compensado por la publicación, en este nuevo número de CARVANSARI, tanto de una selección de poemas de Xavier Seoane y Lorena Souto como de las reseñas de Natàlia Oriol, Isaac Lourido, Manuela Palacios y Gonzalo Vázquez sobre algunos de los títulos más significativos de estos dos últimos años.

Así, nuestro paseo por la creación poética gallega actual se estructurará en cinco paradas –podrían ser más, indudablemente– en las que accederemos a las propuestas de poetas de diferentes edades e intereses que ejemplifican diversas líneas creativas: 1) el diálogo con la tradición; 2) las poéticas de ruptura; 3) el tránsito por las hendiduras; 4) las relaciones interartísticas y 5) la apertura a otras geografías. La elección de estos hilos, y no otros, viene motivada por la intención de plasmar, en unas limitadas líneas panorámicas como estas, la convivencia en el panorama literario gallego de un gran número de propuestas heterogéneas que nutren un espacio poético relegado, en ocasiones, a la latencia y que, en los últimos años, lucha por encontrar vías –recitales, espectáculos multidisciplinares– que trasciendan el formato libro y ofrezcan al lector otro tipo de experiencias. El resultado será un retrato actual y general –uno de tantos– de la poesía gallega en tanto que campo de convivencia.

Antía Marante Arias


Pois aquí, no número 5 de Caravansari. Poesía contemporánea de lenguas peninsulares, e así, na recensión "Convergencias y divergencias en la poesía gallega última" é onde me encadrou Antía Marante Arias. Podedes ler o texto, desfrutar da antoloxía e degustar o resto da revista, aquí.

venres, 9 de outubro de 2015

Cuestionario Proust


O profesor, ensaísta e crítico literario Ramón Nicolás faime este Cuestionario Proust. Desfrutádeo como o desfrutei eu. Cánto hai que coñercerse para respostalo!  

Ler aquí.

martes, 14 de xullo de 2015

Unha reseñiña de María do Cebreiro sobre "Papilas analógicas..." (2014)


Versos meus neste libro. Foto de teclista



María do Cebreiro sobre Papilas analógicas. Paisaxe sur text, Progresele/ Diminutos salvamentos, 2014.

O outro día coñecín en persoa a Ana Cibeira, responsable durante anos da sección de poesía da librería La Central de Callao, e á que lle debemos que nos últimos anos a poesía galega parecese en Madrid o que realmente é: unha das ponlas máis vizosas da poesía contemporánea. Grazas a ela tiven noticia do libro _papilas analógicas. paisaxe sur text_ (Alsari, 2014), no que escribe canda Elia Maqueda e Davidia Martín Saornil, e que sen dúbida encaixa na infalible categoría dos libros raros e curiosos. Editado na colección diminutos salvamentos (onde saíron do prelo títulos tan importantes como _cativa en su lughar / casa pechada_ de Luz Pichel), o volume é un libro que non é un libro. Todo o que alí acontece está apegado aos rastros dunha oralidade voraz, até o punto de que resulta difícil prever quen fala primeiro e quen despois. Estas páxinas foron escritas por tres magníficas que militan nos acentos locais e que non queren encaixar en gramática ningunha, que se recoñecen (coma todas) nalgúns espellos máxicos, de Luísa Castro a Washington Cucurto. Un libro feito con alegría e desesperación, moi semellante ás tres vidas abertas que por el corren, sen cálculo nin escuadra.

María do Cebreiro Rábade Villar




sábado, 25 de outubro de 2014

"Esferografías" de VVAA, Editorial Lastura

Aquí vai a  reseña da antoloxía Esferografías (Lastura, 2014) que está composta por poemas do Grupo Bilbao de poetas galegos en Madrid. Esta recensión vén asinada por Vicente Araguas (él mesmo poeta participante no libro) e foi publicada o 19 de Outubro no suplemento "Nordesía" do Diario de Ferrol.
 Aquí vola deixo.
Que non bilbaínos, claro, que eu ando a falar desta tropa que se xunta cada mes no Café Comercial da madrileña Glorieta de Bilbao. Si, onde estaban aqueles “pocitos de nieve”, dos que xa falara Don Benito Pérez Galdós (quen soubera do atentado mortal contra Don Juan Prim y Prats entrando, ou saíndo, do devandito café, días de decembro de 1870, pois). Pociños da neve para manter fresquiños os beberetes no duro estío madrileño, antes de que se inventaran as argalladas refrixeradoras que hoxe coñecemos. Para estes veráns mesetarios, cando os tertuliáns do Comercial saímos a fume de carozo camiño de outras derivas.
Pois ben estas tertulias (hai quen lles prefire chamar faladoiros) foron ocorrencia do moi bulidor e argalleiro Xavier Frías Conde, que é (“just for a change”) quen coordina o libro que hoxe teño diante miña. Esferografías (Lastura, Ocaña, Castilla-La Mancha, 2014).
Trátase dun volume nada voluminoso, fermosamente maquetado (e maqueado, permitáseme o coloquialismo), que insire dez poetas dos habituais (uns máis que outros) no café que rexenta a familia Contreras, frecuentado por Don Antonio Machado, veciño del poisque a súa derradeira morada madrileña fora na Calle General Arrando, a unha carreiriña de can da Glorieta.
Eu quero dicir, facendo lóxica omisión de quen isto asina (tamén presente no libro, cun avance ou “tráiler” da súa “work in progress”), que aquí hai poesía, e en xeral, poesía boa. Atopamos no libro donas como Luz Pichel, unha das grandes do momento galego, Ana Cibeira e Verónica Martínez Delgado, transgresoras e revoltadas, ou Begoña Regueiro e Montserrat Villar González, música ben temperada en ambos casos, máis de interiores a primeira, cousa salgada e con maruxías, pois, a segunda. Entre eles, Xavier Frías, pai do invento (e aínda dos inventos), erotómano para o caso, cal esa cuncha que ven sendo en checo, lastura, precisamente.
E tamén Luis Luna, autor desta volta duns prosemas (que diría Ángel González) con fondo e forma, enxeño e sabedoría. Logo está Manuel Pereira, a afondar en si mesmo nun xogo de espellos orixinal e senelleiro (cal o oficio poético, por el tan transitado). E, por fin, Rafael Yáñez, glamuroso eexacto, poeta de longo percorrido que se insinúa detrás dunha poética que opera baixo mínimos; moi gratificante xa que logo.
Quixera dicir tamén que, a risco de semellar da Confraría do Santo Reproche, que vai sendo horas de que muden as cousas para os que escriben (escribimos) en galego fóra de Galicia. Que se vexa que esta tropa tamén existe. Que por moi pouco doado que sexa pronunciarse en galego entre Fuencarral, Luchana, Sagasta e Carranza (os límites de Bilbao, lástima fora), isto é o que hai. Un choio fermoso o de Lastura, baixo da man comunada do Frías e de Lidia López Miguel. Pois.


Vicente Araguas


sábado, 5 de novembro de 2011

Poemiña de Pintalabios, vémonos o mércores en Compostela!



MESTIZA
*
Agora que tita durme
a x millas da túa casa
¿peco de encaixe ou de drama?
*
Sobre min a tormenta de ser dúas:
¿galega ou latina?
¿da cámara ou da pluma?
*
Burbulliñas de rimel
co que afirmo a vida mestiza,
¿pecando de rouge ou de suicida?



Reseña de Vicente Araguas na Nordesía (Maio 2011)
http://anacibeira.blogspot.com/2011/06/pintalabios-en-nordesia.html

Reseña de Héitor Mera no Faro de Vigo (Maio 2011)
http://anacibeira.blogspot.com/2011/05/pintalabios-no-faro-da-cultura.html