Amosando publicacións coa etiqueta Colaboracións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Colaboracións. Amosar todas as publicacións

xoves, 21 de maio de 2015

Ambidiestra Records, unha nova andaina


Ando a colaborar con Ambidiestra Records, un selo e distribuidora Do it Yourself de Coslada, Madrid. Ambidiestra defínese como autoxestionada, feminista, pro-piratería, anti-especista e amante do troco.  
Comezou a súa andaina fai uns mesiños distribuindo discos de Abstract Reflection & David Haller, Archaeopteryx Ultraavantgarda, Her Only Presence, Viva Belgrado, UnsuspectedUndiscovered & Talby; cassettes de Hoot, parches de Assertive e fanzines.
Como selo musical, a súa primeira referencia é unha edición dixital dun Split entre David Haller e Kyuzu.
Eu acabo de unirme á equipa e andamos a preparar un album homenaxe á música do finado Mark Linkous A​.​K​.​A. Sparklehorse, onde varios grupos versionean as súas cancións. Podedes escoitar un adianto aquí.  
Tamén andamos organizando un ciclo no que arredor da hora da merenda reuniremos a escritoras/es, músicas/os e xente de ben ;)  e pasaremos documentais sobre temas coma o punk, a creación D.I.Y., o veganismo, ou o feminismo. Estas merendolas veganas darán comezo a finais de Xuño en Madrid, así que estade atentas/os porque axiña vos iremos informando.


Facebook


[ambidiestrarecords[at]gmail.com] 


domingo, 28 de decembro de 2014

Ilustración para a portada do recopilatorio Nuevos Sonidos (España)



Ando rematando unha ilustración para a capa do proxecto Nuevos Sonidos. Un recopilatorio de novos grupos de todo o estado español coordinado polo músico David Haller. Como cada ano -xa leva un percorrido de tres aniños consecutivos desde o 2011- sairá o 30 de Decembro. Cada tema estará no seu bandcamp en descarga gratuita, aquí


mércores, 13 de agosto de 2014

Cinsa Maravillosa fai música co poema "O dedo na mazá"


David Haller acaba de poñerlle música a un poema meu "O dedo na mazá". É un poema moi especial escrito a partir dunha fotografía de Francesca Woodman.
Está editado na revista Madrygal e en Bilbao. Antoloxía de poesía galega en Madrid, Ediciones Amargord, 2012.
¡Moitas grazas!

mércores, 8 de febreiro de 2012

martes, 7 de febreiro de 2012

London, open yr heart to me

http://thekankel.blogspot.com/2012/02/viaje-londres-julio-1874-de-vitalie.html

O diario da irmá de Rimbaud ten capa miña (collage) e algunha ilustración dentro tamén. Desexando telo nas maus e ver tamén o traballo dxs demáis. 
Grazas a David González!


domingo, 18 de decembro de 2011

Buah, qué noite!



2 presentacións para dúas noites fermosas. Teño ganas de ver a revista Otras Palabras, por todo e para ver como quedaron os collages que lles fixen!  Mágoa non enteirarme da presentación para poder pasar cediño darlles un biko antes da festa buah! estará no spam o mail!!??? a ver qué contan estes argalleiros literarios! 
 E as pequenas de buah aló quedan bailando, encantoume a metáfora de rachar pratos para atallar a ira pequena, e aprender a xestionala, antes de pasar á raiba e á violencia... a poesía foi interesante. E "Le Parody" ben riquiña, unhas veces popmelódica, outra enraizada no surpormindescoñecido e outras con máis ecos ao JuanaMolina, xogou ben as súas cartas e currouse o concerto! a pinchada fetén, como dirían elaxx! 
Chévere.
Se queredes conseguir o zine ou lelo, andará por aquí nun tempo...