Amosando publicacións coa etiqueta Blog 2011. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Blog 2011. Amosar todas as publicacións

xoves, 8 de decembro de 2011

S e N

Que neve e que arda a un tempo


Crepúsulo ou The Twilight Season


Fotoroubo belísimo. O texto dicía algo así: isto si é crepúsculo e non a saga. E nós para celebrar este decembro nevado de carapuchas sangradas imos ó cine para que ademáis de xiar, arda.

martes, 6 de decembro de 2011

Audre sabe!

fotoroubo para quecer neste gris decembro. Será gris de neve, gris de luz, gris de intensidade.

Feliz día da non respetada Constitución!

Artigo 47 da Constitución Española

“Todos los españoles tienen derecho a disfrutar de una vivienda digna y adecuada. Los poderes públicos promoverán las condiciones necesarias y establecerán las normas pertinentes para hacer efectivo este derecho, regulando la utilización del suelo de acuerdo con el interés general para impedir la especulación. La comunidad participará en las plusvalías que genere la acción urbanística de los entes públicos”

A meniña do capuz vermello e outras histórias




- Presidentiña, qué botas tan grandes tes!

- Son para pegarte mellor!  


[foto: olmo calvo]

Sen medo. Nós, o futuro

Esta noite foi así para moitxs. Para outras houbo máis medo e menos vida violenta, pero aquí estamos, encollidas sempre nos petos delxs. Graaazas por tanta valentía, tanta beleza e por achegar o futuro nomeando o que nos roubam, que nolo rouban.Coma se este conxuro representado, fora librarnos de tanto mal (que nos fan). Obrigada, obrigada, obrigada.

panorama en carretas postdesaloxo, que rima con noxo! (fotoroubo a unha tv ou a un xornal...)

 Concentración a partir das 20.00 h. en SOL

 Exército do terror asegurándose de que ninguén sen casa (deshauciado polos bancos) durma esta noite en casas baleiras da cidade, bonita misión! Xs cidadáns, os cidadáns contentos de que existan este metemedos, estes cocóns.
 

 Rumbo áo centro da cidade: cortar Gran Vía, chegar a Cibeles, saudar ao Congreso, subir Atocha, sentar en Jacinto Benavente e gardar silencio, voltar á casa, a SOL e okupar de novo.
 "Un desaloxo, outra okupación", sempre será literal!



Ata mañá, familias, que durmades cal anxiñas, esta noite sorrimos mentres adormecemos... igual ca onte (até as patadas policiais na porta), Igual que MAÑÁ. Xuventude futura, xuventude sen medo, con casa!




[Tódalas fotos roubadas a fotogracción, e máis aquí. A rota e demáis lida no twitters #desalojohotel . Video roubo aquí]



luns, 5 de decembro de 2011

Re-write

Reading a book is like re-writing it for yourself. You bring to a novel, anything you read, all your experience of the world. You bring your history and you read it in your own terms.
Angela Carter


Xusto, e isa é a marabilla dos obradoiros de lectura colectivos! Que non só compartes a túa visión, senón que escoitas moitas outras!

Carter e Paley xuntas

domingo, 4 de decembro de 2011

+++

Algunhas persoas, loitando polos dereitos de todxs, xogan a vida nalgunhas partes do mundo.
Iste é o caso de Norma Andrade, que a perdeu fai un par de días. Preciso é sabelo e facer todo o que poidamos. Como mínimo, pasar a palabra, de que o enorme feminicidio de Juárez segue vento en popa a toda vela anos despois do seu comezo, e a comunidade internacional seguimos ao noso. As activistas tamén están no ponto de mira, no obxectivo do tiro. E sempre xogan a matar. Sangrante.

Unha aperta de amor, dende esta beira.

Contactos, aquí: Nuestras Hijas de Regreso a Casa

mércores, 30 de novembro de 2011

Afiade a folla, para eles ou para vós outras

Estamos moi lonxe de ser unha sociedade que vive no século que lle corresponde, e non me refiro a estes dous mil aniños, senón a moito máis. Estamos tremendamente lonxe, a eones de sermos respetados no universo, de que xs nosxs avanzados veciños teñan ganas de nos estreitar a man. E para celebralo, algúns confirman, reafirman e asinan todo o que de pasado ( de tempo, de moda, de recocemento) ten o circo, a sociedade  do espectáculo.
Xa poden estar contentas as personiñas que din "eles", "eses", para referirse a gustos e atraccións, disidencias  desviacións. Tamén  todxs os que me rodean que sen ser deste gremio retorto e enfermo de paixón polo eterno retorno, que manexa o cotarro (e aos que amosa o botón),  teñen medo dunha liberdade coa que soñamos moitxs (de idea, porque nin preto estamos de saber dela, tanta mugre nos enchoupa e pesa nos pés). A todxs elxs quérolles adicar estes pasiños do principio da fin.
Adiantar non adiantaremos, pero eu quero que todxs, xs que pensades que nin tanto vai pasar nestes lustros que se nos veñen enriba, que degustedes os acontecementos diarios relativos á perda de traballo (público), de saúde e educación para todxs, de estigmatización das diferencias: primeiro comezan por istes (infraseres) e logo irán a por vosoutrAs. Quero que saboreedes cada un dos pasos atrás como descoridos caramelos que van perdendo a forma -o sabor desapareceu na primeira chupada-  e xa só pican os vosos, ansiosos dentes... E quero ver tamén con medio-sorriso torto, cómo caries tras caries, denteira tras denteira, unha bágoa inservíbel vos fai lembrar cómo un día albiscamos o xuntas e o podo, que se esvaecen brillantes de cuspe coma un terrón de azucre sendo libado por estes acreedores da Historia que vos (indi)xestionan per secula seculorum o alimento, a saúde, o amor e o odio.


[i eu? eu non existo, meus! deixei este planeta]




[collage: autorretrato nun intre da miña fuxida cunha oankali ooloi]