Amosando publicacións coa etiqueta Blog. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Blog. Amosar todas as publicacións

luns, 8 de xuño de 2015

ITube, YouTube, SheTube


Organizar os recordos non é unha broma, organizar a roupa nun abrasante domingo, menos.  
Cántos vídeos hai na rede sobre este tema...
Pásame a miña amiga profe varias ligazóns de youtubers. "A nova profesión de moda", dime.  
-"E ti a qué queres adicarte?" pregúntanlles as profes aos alumnos adolescentes.
-"Eu quero ser Youtuber" contestan. 
Con maiúscula.

Véndoos, comezo a entender esas respostas. 
Aquel querer ser famoso como profesión dos dousmil, agora é querer ser youtuber... 
Pero logo está o orguio Youtuber que reivindica alporizado que ise hobie non é pura leria, que traballan a reo.
Eles non sei o que fan, pero moitas delas... miña nai. Une perfeccionismo de rapaza, perseveranza e entusiasmo xuvenil e aquí as tes coméndose o mundo. Mentres as escoito penso no ladyfest, seica ise festival non existe só para celebrar a cultura das rapazas e para que se empoderen? Destas pódese aprender tanto diso...
Vexo ademáis, xa entrando en materia, que estas rapazas non son sexistas, nin semellan crer nos contos de fadas: elas fan e desfan, teñen responsabilidade, son as que viaxan. Por moito que segan cumprindo cos quefaceres do seu xénero (ser as que xestionan a casa, devecen pola beleza e a moda, e desexan por enriba de todo ser nais), son as que filman e editan,sacan a cámara mentres están coas súas parellas, son respetadas e falan falan falan delas, como normalmente na historia só o fixeron eles. 
É verdade que o mercado o traga todo, pero véxoas controlando moito ás marcas que lles ofrecen traballar para elas: "eu non recomendo algo que non me guste, a xente confía en min..." argumentan... amosándolle ao mercado que elas comezaron soas dende abaixo. 
Pois iso, todo un tema. Ben interesante sociolóxicamente e dende a perspectiva de xénero. Habería que ver qué fan todas as que fan videos, quero dicir que eu vin ás tops e debe haber de todo por aí adiante...

Eu, que xa son grande e non teño que pensar a qué adicarme sego ordenando o meu armario ao clásico modo: sen cámaras, sen público, morta de calor, paseniñamente... ;) 


Marta Riumbau / Romper87 no seu canal ordeándoo todo


mércores, 31 de decembro de 2014

2014

Postal miña de aninovo 2015

Este 2014 lembrei que

É divertido escribir en castelan:  Por Primeira vez escribín un poema en castelán, foi editado en Serial. Antología poética sobre series de TV, editorial El Gaviero. E sego picando pedra no meu libro Punk Secreto, aínda proxecto e con partes en castelán.
Colaborar creativamente é unha grande aprendizaxe: Elia, David(ia) e máis eu sacamos Papilas analógicas. Paisaxe sur text na editorial Progresele na colección Diminutos Salvamentos, coa que tamén aprendimos a contribuir a nivel editorial.
Ter un grupo é o mellor do mundo: Ágata Ahora e máis eu convertimos poemas e contos en música na nosa banda SIMULACRO
Ségueme encantando facer radio: Sangre fucsia ye ye and forever.

Este blogue é a miña casa agora máis que nunca, "por fin te volvo ver bonito bloguiño!"

luns, 24 de novembro de 2014

Por qué tedes un blog?

 

Why do we start a blog?
We love content, regardless of how it is publishing*
Erik Torstensson & Jens Grede
[Collage meu]

*Declaracións recollidas de  Style Feed: The World's Top Fashion Blogs un libro sobre bloggers de moda /fashion bloggers de Susie Bubble e William Oliver en Prestel, 2012


mércores, 2 de novembro de 2011

Polpa-bytes


Grazas dende a polpa por rechear a enquisa do cabeceiro do blogue... nestes días voltará ao seu collage orixinal... muá


[foto miña]