Amosando publicacións coa etiqueta Angélica Liddell. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Angélica Liddell. Amosar todas as publicacións

martes, 9 de xuño de 2015

Sen a súa axuda, pero coa súa forza


Pipilotti Rist 

Hay una necesidad de lo sagrado. Siempre he deseado o necesitado creer en Dios aún a sabiendas de que Dios no existe. Lo sagrado es lo que nos pone en contacto con los movimientos fundamentales del hombre, el nacimiento, la reproducción y la muerte, lo sagrado tiene que ver con la tragedia griega y la transgresión que conduce de manera irreversible a la muerte. Lo sagrado es lo verdaderamente transgresor pues va contra todo orden social y ley, contra el cálculo de la razón, y por eso nos pone en contacto con nuestro verdadero ser, con nuestro camino al borde la cornisa de la desaparición. 

Angélica Liddell 

Hoxe foi un dos días máis difíciles da miña vida. Pero acredito, eu acredito no futuro. Cremos tanto na maxia!  Nós, que sabemos que non existes, deus, imos curarnos sen a túa axuda, pero coa túa forza.

venres, 8 de maio de 2015

Non penso seguir lendo a ningún sumiso

 Banda sonora: Dwarves *

Non sei cómo podedes ler a Michel Houllebecq, para min é como volver aos tempos de "Menos que cero", pero sen o ramalazo punk de Easton Ellis, é oir filosofar a Suso Fandiño É caer nunha poza de desidia. É coma ir doar sangue e seguiran e seguiran sacándocha polos séculos dos séculos ata acabar contigo... Uf, non.
Sempre me pregunto cómo podedes lelo sen ser Angélica Liddell. Cómo despois podedes, arreboladas lectoras, seguir coas vosas vidas de té e saúde... eu non podo. Se o leo, convírtome nel, convírtome nese oco negro primeiro, exangüe despois.


*nin penso seguir escoitando a estes.

luns, 1 de decembro de 2008

Maxia negra

[Ana Mendieta]
Angélica Liddell escribe a diario aquí: www.miputaperrera.blogspot.com
Entusiasmada estou.¡Que sorte temos: unha parte máis da súa obra revulsiva agora en forma de diario inmediato!
Escollo isto que ilustra perfectamente o meu durísimo día de hoxe:  "Los intereses sustituyen al amor, a la inteligencia y a la bondad". Merda, merda, merda por todas partes, ruindade, absurdeces, nada. E ante iso, a beleza e sobre todo a paixón pola vida. Si. Mañá será un día fermosísimo.