Amosando publicacións coa etiqueta Ambidiestra Records. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ambidiestra Records. Amosar todas as publicacións

xoves, 21 de maio de 2015

Ambidiestra Records, unha nova andaina


Ando a colaborar con Ambidiestra Records, un selo e distribuidora Do it Yourself de Coslada, Madrid. Ambidiestra defínese como autoxestionada, feminista, pro-piratería, anti-especista e amante do troco.  
Comezou a súa andaina fai uns mesiños distribuindo discos de Abstract Reflection & David Haller, Archaeopteryx Ultraavantgarda, Her Only Presence, Viva Belgrado, UnsuspectedUndiscovered & Talby; cassettes de Hoot, parches de Assertive e fanzines.
Como selo musical, a súa primeira referencia é unha edición dixital dun Split entre David Haller e Kyuzu.
Eu acabo de unirme á equipa e andamos a preparar un album homenaxe á música do finado Mark Linkous A​.​K​.​A. Sparklehorse, onde varios grupos versionean as súas cancións. Podedes escoitar un adianto aquí.  
Tamén andamos organizando un ciclo no que arredor da hora da merenda reuniremos a escritoras/es, músicas/os e xente de ben ;)  e pasaremos documentais sobre temas coma o punk, a creación D.I.Y., o veganismo, ou o feminismo. Estas merendolas veganas darán comezo a finais de Xuño en Madrid, así que estade atentas/os porque axiña vos iremos informando.


Facebook


[ambidiestrarecords[at]gmail.com] 


mércores, 7 de xaneiro de 2015

David Haller + Kyuzu, electric dreams


Unha nova referencia dun dos meus músicos favoritos, David Haller, acaba de nacer: o split que comparte con Kyuzu. Música electrónica de calidade, composta fai xa un tempiño, pero fermosamente editada neste principio de ano. Con art work ben divertido, é tamén a primeira referencia da Distribuidora Ambidiestra, que comeza agora o seu percorrido como selo: https://ambidiestrarecords.bandcamp.com/releases Unha grande nova. O disco podedes escoitalo, descargalo ou poñelo en favoritos aquí

Un nuevo disco de uno de mis artistas de referencia: David Haller. Acaba de nacer este split que comparte con el músico asturiano Kyuzu. Música electrónica de calidad que se mezcla para hacernos más linda esta entrada en el 2015. Además de un art work bien interesante, este album es la primera referencia editorial de la hasta ahora Distribuidora (DIY) Ambidiestra: https://ambidiestrarecords.bandcamp.com/releases . Podeis escucharlo, descargarlo o ponerlo en favoritos aquí.