Amosando publicacións coa etiqueta Alfred Hitchcock. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Alfred Hitchcock. Amosar todas as publicacións

venres, 12 de xuño de 2015

Chícharos como migas de pan por toda a cidade



Contra todo pronóstico toca verán en Madrid: á мiñа princesa do chícharo cravóuselle o legume. Pero pasarémolo ben. Mentres esteamos viv*s pasarémolo ben: nas tendas de discos, collageando na casa, estudando algo, visitando Madrid como se fora a última vez que foramos estar na cidade: probando cada restaurante vegano, indo ao cine de verán, quedando a respirar a noite preto da lagoa da Rambla en Coslada... onde construímos a nosa casa da árbore. Si, tentaremos desfrutar mantendo á raia ao chícharo. Non, mellor collerémos aos seus irmaos e iremos deixando chícharos como migas de pan por toda a cidade... para desfacer o medo que nos dá esta boliña que semella estar viva. Si,  consegueremos desfrutar sendo nós baixo o sol, matando a dor do que pasou.  Mentres non cheguen días de hospital, percorreremos a cidade, armad*s contra a inquedanza, como se se tratase de ser culpábeis e felices nestes malos tempos, nestas malas terras. 








martes, 19 de maio de 2015

A miña fascinación con "Obsession" de Brian de Palma


O outro día fomos ver "Fascinación" de Brian de Palma. Metémonos moito na peli e tamén nos rimos... Todo o que poda dicir é un spoiler, e todo o que seguramente poda analizar está dito... isto non é unha reseña. Así que só direi que se hai por aí algunha amante do "Vértigo" do Hitchcock que coma min aínda non vira esta película que corra ...

 Y lo mejor es que aquí, ese parecido es la base de la historia. El director y Paul Schrader fueron a ver Vértigo al cine juntos. Tras la película, decidieron hacer algo parecido pero dándole una vuelta de tuerca a la historia. O más bien, llevándola por otros derroteros, eliminándole ese elemento de cuento que tiene la película de Hitchcock y bajándola al mundo real, al de los estafadores, los empresarios sin escrúpulos y los rencores familiares.(Discotraxx.es

Así, máis que unha homenaxe en canto ao contido a Hitchcock, o filme é unha obsesión en sí mesma por un xeito de narrar, por contar dende o soño, dar vida a unha idea te posúe... E neste caso concreto, a outro nivel, esta obra pasa tamén por outro xogo de espellos dentro e fóra da pantalla, como di a cita anterior.
A banda sonora feita por Bernard Herrmann, o mesmo compositor que traballaba para Hitchcock, pon a guinda da provocación que nos fai de Palma e Schrader. 

 Por moitos motivos, esta peli será un recurrente no meu imaxinario: o cemiterio, a obsesión do amor, o relato existencial traspadado pola maxia... cousas que non veñen a conto aquí, pero que si quero sinalar, por isto de que este post é público. Desfrutádea.