domingo, 28 de febreiro de 2016

Os domingos son o peor do mundo ou Nordés de medo e velocidade / *Venirse arriba y luego enseguida venirse abajo



Esa ginebra sabe a flores
Mk.
 
 That it can't be disarmed
Fugazi, "Turnover"


Facerse                       a vivir sen          ,         /(só) (só?) preciso atopar un lugar dentro de min para o desexo               en curiosa marcha, en marcha curiosa en min                             always
nin puta idea de ónde ese carreiro ou veiga a carón/
e logo
eu agora volver ser antes
non como a de antes, senón                 ser antes.
Aínda sabendo que é o Outro o que marca o -meu- pulo, evitar non sabelo porque non podo non funcionar con. 
Volver ao punto nunca exacto onde eu non sabía ser aínda sendo.
Usar a histeria como coñezo á perfección branda a miña boca. Para comer.

Si, "eu"
noxo de puto pronome                               verás auroras como sangre, ahhhhhhhhhhhh
patinarás nos teus referentes,                     verás auroras como sangre
buscarás a verdade,                                    verás auroras como sangre
todo volverá ao símbolo do que nunca chegaches a sair, a materialidade seguerá á espera detrás de
ti regresarás ao idealismo,                          verás auroras como sangre,
camisa de cadros, felpiña de leñador, volverás ter o pelo longo, moitos amigos, acodaraste nas barras, non deixarás de ler, pero volverás aos bares, a ser esa            baixo a influencia,
persoa que escrebe e que só ve unha imaxe vermella, o pintabeizos da meiga do norte por toda a face perseguindo a Sailor e a Lula,                    verás auroras como sangre,
teus latexos rotos porque aínda nunca aínda antes fuches quen de usar
"f r a g m e n t a r i o"
aínda non crerás nos mapas como as nenas cren nalgo santo,
aínda amarás a arte e odiarás os museos.
Aínda non saberás que algún día escribirás sen proxecto, sen proxectarte.
Aínda non o saberás pero estarás sendo, o agora de volta, neste inicio de adultez que non acaba de chegar nunca.
Si, verás auroras como sangre. 

[Futuro que ya: arderás absurdamente nun Chile imaxinado, Red Bank esquecido, Colorado puag, na Praza de Cervantes, na Rosalía de Castro. En Coslada capital. Na Plaza de San Ildefonso, agora Plaza del Grial,
pero iso aínda non o saberás. Non estará pasado.]

Xirarás & xirarás mentres non decides nada semellante ao que fixo a Akerman, porque...
-pero Ana...tan terrible? tú eres una ganadora!
-lo sé, Fernando.

A verdade, a verdade, a puta verdade, a beleza! Pelexaraste nos bares por ela(s)
coas mozas das amigas: que citan a Adorno cando se fala de punk,
discutirás coas que teñen grupos e non saben quén é/cómo fixo Black Flag. Coller a furgo, autoxestión, ai! saber saber ocupa tanto lugar!
:xente con programas de deseño, CARTELAAAAAAAAAAAAAAZOS
:xente con medios, e almofadas REFUXIAZOS!
cos deberes feitos, TRABALLAZOS! -concello, cooperativa, doctorado-
ole ole ole, qué voen todas as vosas almofadas. Eu seguirei espertando con paxariños durmiendo al raso. 
:xente con todo todo feito e moito moito pranto
:xente acomodada no seu corpo á que só lle resta o existencial "quero darme?" "me compensa?"
:xente que pode decidir, que non está atada ao seu desexo/gonzo espírito de curiosidade/ligazón extrema
-méteme en líos pero tamén sostén-
Grolo!*
Xente qe non está obsesionada coa rebelión dos novos, que pode pasar páxina / cumple anos.
Grolo!*
xente que non mira a felpa da súa camisa nin a celebra.
Grolo!*
xente grande, que sabe ser agora e non antes. Que non ten medo con copar o espazo, COPAZO!
Grolo! Grolo! Grolo!***
*Así é como eu acabo borracha. 

Vós todos, adultos brancos e brancas, a vosa vida en líña recta sacádema de diante! Outro trago!* vosa
disciplina o b s e s i v a: noxo.
Eu quedo aquí vendo auroras de sangue sicialiana, perdéndoo todo por falar
cecais sexa eu, e non a xente, a do pranto. 
Grolo!*
Grolo!*
Grolo!*



Ningún comentario:

Publicar un comentario