martes, 30 de xuño de 2015

Filla pródiga




(...)
And national bestsellers about how to 
get pregnant

Ana Carrete 



(...)
Soy el asombro el miedo          el ahínco
el paso firme por baldosas que se mueven.
(Mis labios pueden amar la espina
besar los bordes afilados de la rosa).

Soy la madre asistida por la madre
y firmamos el armisticio con los bisturíes.
(Mi cuerpo se bate contra la patología).

Soy la escriba que registra el latido
de una vida encarnada en la magia.
(Las manos no se ahogan en un mar que anega
camillas y goteros).

Soy recipiente de un líquido inflamable.
La tierra el surco el árbol
la luz alógena de este amanecer.

(Hundo mis pies en lo real y te libero, hija mía,
de los falsos sabios).

María García Zambrano 

Pero eu, filla das miñas fillas, hei desmantelar a golpe de deslumbramentos esta aciaga militancia dunha yolanda emigrante de min. Eu, a soberana estéril, a por desgracia egoísta.

Yolanda Castaño 


Desesperadas como desesperadas á miña idade.
Natalia Manzano regresa do meu pasado e di que fagamos o que fagamos estamos vendidas nas verbas dos outros. 
Hai tantos modelos de familia como persoas, sempre di Alci.
Cando leo nai de dezasete anos penso en b. sempre penso en b. que naceu aos dezaseis anos da dúa nai. b. di que en realidade ela é a cabeza de familia, e que se criaron xuntas: nai adolescente e filla.
Ás veces Ana Carrete lémbrame a Lupe Gómez. Pero non sei se son as súas voces as que se asemellan, ou son eu que as leo como mai e filla que non se coñecen. Gústame esta idea da literatura como gran barriga chea de nais e de fillas. Isto é unha xenealoxía. 
Veño dunha conferencia onde a neta Ángela Ena Bordonada recupera á avoa (da nova muller do século XX) Ángeles Vicente. Abro o instagram e aparece un detalle dunha foto da nosa árbore xenealóxica... Pecho a maleta para mañá, que volto á casa, e atopo un libro a carón dela. Un libro aínda empaquetado: La hija de María García Zambrano. Sorrio. Leo a adicatoria que fala de dor. Leo algún poemas con ansia. Unha filla enferma. Unha neonata branca. Dor pura e inmensa esperanza. 

Todo, incluso eu, cambia e regresa.




luns, 29 de xuño de 2015

Anda, esfórzate!


Onde quedas ti en todo isto? Detrás do bafo dos cristais, detrás da man sobre un dos ollos, nos espellos que deforman da realidade. Onde quedas ti en todo isto? Onde estás ti no día a día? Onde rematan as boas responsables finísimas decisións que tomas? Aprende a rematar. Aprende a pechar. Aprende a marchar. Agora.

24 Xuño 2015

Onde dixen raiba digo carraxe.



Créditos: 
Pócema de San Xoán
Códex Serafinianus?
Unha reflexión deste mesmo blogue publicada no fanzine Buah (2011)
Unha sandia do tumblr

martes, 23 de xuño de 2015

Importa tanto o presente coma o pasado



Escribo dende o móvil sentada na mina cama de adolescente, na casa de meus pais, así que  non podo espallarme. A letra que aquí, na pantalliña, vai aparecendo é diminuta. Como se visto FOSE una desas pequeñas libretas olorosas con forma de estrela ou corazón. Hoxe non podo revisar erratas. Hoxe vin unha pintada na rúa cunha letra moi feitiña de caligrafía que dicía: Feijoo, non fixeches nada en catro anos. Encantoume ese xeito directo e dialóxico de dirixirse ao presidente da Xunta. Foi aló por onde Peleteiro, ou algo màis adiante, si, na estrada da Estrada.

Hoxe na casa seguin recollendo a mina roupq de fai doce anos. De cando me mudara a Madrid, me fora vivir fóra. Alguna que deixara por aí de recordo, outra de fai dous anos que definitivamente non poño. Teño un pequeno 'closet' para toda a mina vida de agora.Teño
un cuarto de nena para toda a miña apariencia de agora.
 Pero non me importa, pode ser divertido.

Soio pensar que viñen a Xapón vivir un ano, así é como selecciono o que vou quedar, e tomo a difícil decisión do que vou prescindir.
 Digo Xapón porque a miña mestra nestas artes do seleccionar e tirar e non sufrir foi Rie, una compañeira de piso xaponesa que tiven.

Hoxe recollendo pensaba: importa tanto o presente como o pasado importa tanto o presente como o pasado importa tanto o presente como o pasado...Faille sitio ao hoxe, Ana!



domingo, 21 de xuño de 2015

Pensamentos rosados

Ashley Golberg  



Vou cara ti
miña fervenza rosada,
acompáñasme todo.


(Poema que atopei nun caderno propio do 2014)


E logo había isto:

Violíns violáceos 
no baño azul 
humidade
cheguei á Sicilia 
de papá... 
(Describir que me sinto como "el padrino"
chegando a Sicilia)


Un universo, este, o meu

 Lauren Iguana Mouth


Puesto que no puede haber dos universos: 
y mi reflejo soy yo mismo; y mi contrario soy yo mismo;
y mi contradicción soy yo mismo;
y la rebelión soy yo mismo; 
y la nostalgia que conforma fuera de mí los mundos que se curan 
de mí:
soy yo mismo (o al menos exijo que sea yo mismo). 

Jean Giono 


Quero ser egoísta. Quero literatura feliz. Quero ser optimista. Quero ler historias que acaben ben.   Onde está a narrativa alegre: Harry Houdini? 
Onde está o cine con fe no ser humano: Hayao Miyazaki? 
Onde está a poesía doce: Stacey Teage?


sábado, 20 de xuño de 2015

Se cepo o "des" retoña só a esperanza?



Perdí mi cabeza entre dos piernas, al

borde del camino, al sur de las montañas,

pasado Monterrey. Tú caminante, que aún recorres

espantando a las moscas el sendero de Nadie

limítate a escupir si ves esos cabellos

resecos en que la sangre escribe

aún un terco poema, y pasa, pasa de largo, vuelve

otra vez sin miedo a correr, sudando

por el camino de las bestias



Miedo a las golondrinas en la noche

Y de los pájaros que el aire deshace,

                                                                         Miedo

A encontrar un día, tras de la nieve, lleno

De miedo y frío

                              Mi recuerdo.

Leopoldo María Panero

 

Pero es entonces cuando Lux y Cecilia se ahogan,
y sus cabellos enredan toda esperanza.

*
Luna Miguel  



 Pero… ¿es verdad que la esperanza ha muerto?

Epitafio de Lucía Sánchez Saornil



Deulle  á  machada  PUM  e  alá  vai  o  dedo!

Alcira Vázquez Tato




Unha dúbida nada máis.







xoves, 18 de xuño de 2015

Amor fou coa cidade


While we look at Los Angeles as the epitome of objectification of beauty- women, men and bodies, the perception of perfection, ugliness, and success- our city is stereotyped.  Yet past it's superficiality there is so much history to this wonderful city. In the quest for these absolutes, you may come to the conclusion that in reality they don't exist. It is in the cliché beauty.  It is in the labor of the factories.  And, I fell in love with my factory; it's grittiness so open and raw.  I would drive around Boyle Heights after work and came to love the East side of Los Angeles too.

Lily Flores 

Eric Nelson:  I have one more question for you. What personally keeps you in Los Angeles?
Kate Durbin:  Los Angeles is my muse.



Subiume o champán, Berta.
Madrid non existe cando me alonxo dela.
Fasme falar e redescubro cánto a amo
pero iste é un amor imposíbel.

*
Dende cándo me interesa a min o práctico
e non o fou?

Dende cándo?
Para qué?
Ata cándo?

Horas da verdade


But surfing always had this horizon, this fear line, that made it different from other things, certainly from other sports I knew. You could do it with friends, but when the waves got big, or you got into trouble, there never seemed to be anyone around.

William Finnegan 


 Surfear é como escribir. Escribir é como vivir.


martes, 16 de xuño de 2015

O(u)ro de orar

"Virgen sin cabesita" do libro-película "Joven & Alocada" 


¡Oh María, sin pecado concebida, cuya inmensa bondad y tierna misericordia no excluye el alivio de este amargo fruto de la culpa que se llama enfermedad de la cual es con frecuencia víctima nuestro miserable cuerpo! ¡Oh Madre piadosa, a quien la Iglesia llama confiada ¡Salud de los enfermos! Aquí me tenéis implorando vuestro favor. Lo que tantos afligidos obtenían por la palabra de vuestro Hijo Jesús, obténgalo este querido enfermo, que os recomiendo, mediante la aplicación de vuestra Medalla. Que su eficacia, tantas veces probada y reconocida en todo el mundo, se manifieste una vez más: para que cuantos seamos testigos de este nuevo favor vuestro, podamos exclamar agradecidos: La Medalla Milagrosa le ha curado.


Virxenciña do meu corazón,
vinte coma unha aparción en Atocha cando volvía do tren. Cando volvía de estar con el, pachucho, esta semana algo máis animado. Vinte arriba do edificio da farmacia. Eras real? Estabas aló? Ou só viñeches ver cómo vou por este intre vital da desesperación? Marchaches xa? Eres das que ao mirar dúas veces xa non está? 
Virxe milagrosa, preciso varios milagres. Preciso que a maxia de mamá funcione, preciso que o amado se cure. Preciso forza para seguir co meu, para volver ás orixes. Virxenciña miña, non sei se hoxe te vin pero coido que si, que non eras un recordo da figuriña de cera fosforita ás escuras que nos tocaba na tómbola ao final de curso no cole. Coido que non eras a medalliña de prata coa que nos agasallaban as monxas. Eras, fuches, mañá vou ir ver se serás unha imaxe a toda cor irradiando forza cos teus raios d'ouro saindo despedidos das túas mans, aló arriba no ático do edificio. Virxe amiga, agora e sempre pisas a cabeza da serpe, esa serpe primeiro animal letal que vin no terrário de Caracas. Esa serpe-culpa que tanto me interesa. Esa serpe que fun como membro do clube de detectives "La huella/A pegada" aló polos 80 na Lagoa (Dozón) todos os veráns na nosa casa da árbore. Si, cada unha das nenas, dos nenos, era un animal e tiña unha misión: eu, víbora e vixiante. 
Virxenciña miña, ti písaslle a testa a esta serpe culpable que eu son, pero eu agradézoche que algo estea claro.  Aínda sego pensando o mesmo; que como aos 9 anos pouco máis teño que confesar que algunha palabrota e os pensamentos impuros... Estou orguiosa de min virxenciña, levo o Stay Gold Ponyboy ao pé da letra por dentro... pero agora, agora pasa todo isto, e eu non sei ben por qué son culpábel querida...

Santiña, vou moi cansa, levo 15 horas en pé... con todo o aguante destes problemas acugulados nas costas. Doime a ialma -isa que non teño-, vexo dobre, pero de certo acredito, coido que estabas aló arriba protexendo a miña cordura coas túas palmas quentes.  Mañá voute buscar outra vez e comprobar que aló segues.

Boas noites, fada madriña,
ti tamén descansa.




luns, 15 de xuño de 2015

(Des)esperanza

Leonardo Alenza 



Did I ever tell you that story of when I told my Dad I wanted to be a writer and he said, “We'd all love sit on a pillow and eat bonbons all day”? 

Kate Durbin 

Odio o humor, por min que dimitan todos os graciosos do mundo. Primeiro, os que se rin dos galegos. A miña escritora favorita é Marguerite Duras: cero humor. Odio a realidade político-social. Creo que o persoal é político, pero odio a realidade. Devezo pola ficción. Non podo vivir sen fabular. Os días nos que todo pesa, todo é só real, son odiosos. Case todos os días loitan por ser así, eu empuxo empuxo empuxo sen un horario para escreber, algo que estou por cambiar. Escribir é coma un baño antes de deitarse para min. Escribir é unha masaxe, aínda que sexa así: unha escritura absurda, que non serva para nada, nin para vós nin para min, como é a desta noite. Estou chea de carraxe postadolescente aínda. Non sei cómo controlala. Desespero. Escribir non me acouga, só ordena. E abondo. O único que quero saber, o único que quero saber esta noite é se debo tirar esta camiseta que levo posta, esta camiseta horrorosa que só me lembra o día de hoxe. Case nunca a quería poñer, case nin a estreei, hoxe saqueina de proba. De tacto e cor aprobou, pero hoxe foi un día horrible, un día tonto, un día desesperado, así que fóra. Non a quero ver diante. Hoxe comecei tamén a botar libros fóra da casa. Tocoulle ao Adrift's Book da Sayak. Non podo máis coas cousas, dúas casas e ningunha orde. Só me queda estoutra casa, iste blogue. Todo o que non sexa carne de píxel non me serve, todo o que sexa papel e tixeira me sobra. Penso en Alci pasando que é xerundio do que lle digo de que preciso estanterías, penso en todas as caixas que me esperan en Santiago, onde meter as cousas? para que telas se non podo acceder a elas? 
Pero o único que quero saber esta noite é se debo tirar esta camiseta rechea de recordos de hoxe, un día feo, un día de tormenta. Hai alguén aí? Non, ningúen, nada.

Hoxe durmes na túa casa. Eu durmo aquí, algo máis tranquila agora. Hoxe fai unha semana



domingo, 14 de xuño de 2015

Fas maxia


Clements Fantur 


(Tus manus)
Supierun cayintar la nievi
Tucandu solu las vintanas

(Tus manos)
Supieron calentar la nieve
Tocando sólo las ventanas

Clarisse Nicoïdski

Salvo a greta

encapsular. podemos ensaialo todo salvo a greta

Alba Cid  

 Nada está fóra, todo está dentro de nós. 

venres, 12 de xuño de 2015

Chícharos como migas de pan por toda a cidade



Contra todo pronóstico toca verán en Madrid: á мiñа princesa do chícharo cravóuselle o legume. Pero pasarémolo ben. Mentres esteamos viv*s pasarémolo ben: nas tendas de discos, collageando na casa, estudando algo, visitando Madrid como se fora a última vez que foramos estar na cidade: probando cada restaurante vegano, indo ao cine de verán, quedando a respirar a noite preto da lagoa da Rambla en Coslada... onde construímos a nosa casa da árbore. Si, tentaremos desfrutar mantendo á raia ao chícharo. Non, mellor collerémos aos seus irmaos e iremos deixando chícharos como migas de pan por toda a cidade... para desfacer o medo que nos dá esta boliña que semella estar viva. Si,  consegueremos desfrutar sendo nós baixo o sol, matando a dor do que pasou.  Mentres non cheguen días de hospital, percorreremos a cidade, armad*s contra a inquedanza, como se se tratase de ser culpábeis e felices nestes malos tempos, nestas malas terras. 








A vida





En el carrefour hoy me he vuelto a acordar (...) Me he acercado a la sección de galletas y he apretado varias cajas de galletas de Hello Kitty y Tosta Rica Oceanix con la esperanza de que alguien una mañana abra sus galletas, vean que están todas destrozadas y se sientan tan tristes como yo.

Antonio Buchannan


Escrebe algo
Non podo.




xoves, 11 de xuño de 2015

Porque si se consegue xabrón




Cansada. Enferma. Voy a cumplir 25 años y creo que soy hipocondríaca. En realidad, creo que tengo miedo de morir. Y ya. Miedo de morir y que se mueran los otros. ¿Hay algún nombre para eso? Veo esto. Ella sí está enferma, de verdad, y está sonriendo a pesar de todo. A mí me duele la panza y estoy triste, retorciéndome en la cama, pensando en todas las enfermedades posibles que se tienen en la tripa. Veo una foto de una placa de petri llena de bacterias. Aconsejan que uno debe lavarse las manos 8 veces al día. No se consigue jabón, ni para lavarse las manos ni para bañarse. Quiero lavarme las manos y sentir que mi panza ya no duele, que me siento mejor y no estoy cansada. Quiero pensar en lo bello de estar completo y pararme de la cama. Porque ella tiene cáncer y está parada de la suya y le sonríe al mundo. Yo no tengo excusas. Ya no. No más.

Oriette D'Angelo 


Porque o teu non é cancro e porque seguimos viv*s. Porque Oriette escribe que en Venezuela xa non se consegue xabrón e isto enténdoo como parte da miña biografía, tanto como que me segue amolando que galegos e españois sexan tan pouco celebradores, e porque odio esa parte mol miña que se contaxia disto. Porque xusto hoxe viña pensando qué forte que aquí (España) e agora (2015) si, que aconteza que se pides xabrón ás enfermeiras cho dean axiña, e que o sistema funcione -o económico que che da o paro-. 
Porque coido que xa non quero ir a Xapón, ben, si, pero se ten que haber prioridades e o criterio é que teña que ver con nós, iremos ao Québec. Porque cada día me ensinas cómo seguir tendo fame a pesares da túa pequena...diminuta...bum! (xa se autodestruíu) tendencia ao NON. Porque adoro a túa rosadez. E porque non podo imaxinar ir a Xapón, nin ao Québec, sen ti. Podería agasallarche/te co/ao meu diminuto país que non se quere ben, porque é o mellor lugar do mundo e porque sei que ti o celebrarás.
E porque esta noite, ti dende o hospital e eu dende a cama onde todo pasou, volvemos durmir xunt*s.




(E xusto ao rematar esta páxina cae un aguacero, logo  axiña escampa)

martes, 9 de xuño de 2015

Sen a súa axuda, pero coa súa forza


Pipilotti Rist 

Hay una necesidad de lo sagrado. Siempre he deseado o necesitado creer en Dios aún a sabiendas de que Dios no existe. Lo sagrado es lo que nos pone en contacto con los movimientos fundamentales del hombre, el nacimiento, la reproducción y la muerte, lo sagrado tiene que ver con la tragedia griega y la transgresión que conduce de manera irreversible a la muerte. Lo sagrado es lo verdaderamente transgresor pues va contra todo orden social y ley, contra el cálculo de la razón, y por eso nos pone en contacto con nuestro verdadero ser, con nuestro camino al borde la cornisa de la desaparición. 

Angélica Liddell 

Hoxe foi un dos días máis difíciles da miña vida. Pero acredito, eu acredito no futuro. Cremos tanto na maxia!  Nós, que sabemos que non existes, deus, imos curarnos sen a túa axuda, pero coa túa forza.

Un proxecto de nenx



Do proxecto Girly


Lou Stoppard: What do you hope your work says to young women?

Arvida Byström: That everyone, regardless of gender, can be fabulous and be serious in pink, glitter, dresses and make up. And that all bodies are beautiful.


Falo co ti da túa nenez:
Ser coma unha nena Queres ser un icono loiro? Gostar do rosa Queres ser un icono loiro? Xogar con bonecos Queres ser un icono loiro? Devecer polo rol Queres ser un icono loiro? Amar a literatura Queres ser un icono loiro? Amar a imaxinación que te salva Queres ser un icono loiro? Non facerlle caso aos pais cando pasan de que sexas tan... tan... non tan feminino, pero sí tan pouco rapaz Queres ser un icono loiro? Medras medras medras medras Aínda agora queres ser un icono loiro? Porque tan guapa / tan rosada / tan chea de purpurina / tan comunicada / tan sobreexposta na rede, meu millennial, convertirate nun icono loiro. Mira a ver se che compensa ser nena.



luns, 8 de xuño de 2015

O proceso de escritura de Woody Allen


1.Woody Allen e a súa máquina de escribir 




2.Non hai nada como adicarse a escribir. Érgueste e poste a escribir no teu cuarto...Traballar na túa habitación é unha marabilla, porque non tes que dar contas a ninguén. Escrebes e imaxinas que es Cidadán Kane e que todo o que estás faciendo é xenial.

*

3. Aquí (neste caixón) teño un bo feixe (de ideas). Así é como comezo, con garabullos desordenados e cousas que escribo en follas dos hoteis. Logo analízoo todo. Estendo as follas así (na cama)... e revísoas continuamente. Antes de cada proxecto, sento aquí e vou revisando. Isto non me gusta... (Pona a un lado) non... Isto si... (Pona do outro lado).  


Woody Allen 

ITube, YouTube, SheTube


Organizar os recordos non é unha broma, organizar a roupa nun abrasante domingo, menos.  
Cántos vídeos hai na rede sobre este tema...
Pásame a miña amiga profe varias ligazóns de youtubers. "A nova profesión de moda", dime.  
-"E ti a qué queres adicarte?" pregúntanlles as profes aos alumnos adolescentes.
-"Eu quero ser Youtuber" contestan. 
Con maiúscula.

Véndoos, comezo a entender esas respostas. 
Aquel querer ser famoso como profesión dos dousmil, agora é querer ser youtuber... 
Pero logo está o orguio Youtuber que reivindica alporizado que ise hobie non é pura leria, que traballan a reo.
Eles non sei o que fan, pero moitas delas... miña nai. Une perfeccionismo de rapaza, perseveranza e entusiasmo xuvenil e aquí as tes coméndose o mundo. Mentres as escoito penso no ladyfest, seica ise festival non existe só para celebrar a cultura das rapazas e para que se empoderen? Destas pódese aprender tanto diso...
Vexo ademáis, xa entrando en materia, que estas rapazas non son sexistas, nin semellan crer nos contos de fadas: elas fan e desfan, teñen responsabilidade, son as que viaxan. Por moito que segan cumprindo cos quefaceres do seu xénero (ser as que xestionan a casa, devecen pola beleza e a moda, e desexan por enriba de todo ser nais), son as que filman e editan,sacan a cámara mentres están coas súas parellas, son respetadas e falan falan falan delas, como normalmente na historia só o fixeron eles. 
É verdade que o mercado o traga todo, pero véxoas controlando moito ás marcas que lles ofrecen traballar para elas: "eu non recomendo algo que non me guste, a xente confía en min..." argumentan... amosándolle ao mercado que elas comezaron soas dende abaixo. 
Pois iso, todo un tema. Ben interesante sociolóxicamente e dende a perspectiva de xénero. Habería que ver qué fan todas as que fan videos, quero dicir que eu vin ás tops e debe haber de todo por aí adiante...

Eu, que xa son grande e non teño que pensar a qué adicarme sego ordenando o meu armario ao clásico modo: sen cámaras, sen público, morta de calor, paseniñamente... ;) 


Marta Riumbau / Romper87 no seu canal ordeándoo todo


domingo, 7 de xuño de 2015

Organizar os recordos dunha cidade: Madrid I



MALASAÑA 

Cómo organizar os recordos en torno ás rúas.
Non sei cómo vou deixar esta cidade. É dificil en xeral, pero ir a Malasaña é matador. Hoxe andivemos por aló visitando unha óptica, probando lentes e dando un paseo. A verdade estiven feliz, pero agora penso, sinto cómo podo levar tres anos sen vivir aló... ;) Qué fermoso é o barrio a pesares de estar xentrificación. Madrid está rechea da miña historia. Madrid, Madrid, Madrid, Madrid.

1. Calle San Vicente Ferrer:
-O chino fronte á miña antiga corrala agora é unha tenda enorme de plantas. 
-A miña corrala está á venda: hai un carteliño no meu ex-balcón. Lembro o roubo, lembro a mudanza. Lembro o final do amor.
-O Veggie Room, unha nova tenda vegana, está nesta rúa. Pola tarde os adolescentes  que van a Taboo enchen a súa porta. A vida segue con auguiña de coco.
-"Moitas preas colleron a panda da removida musical no Red Bar!" penso ao pasar por diante.

2. Calle Espíritu Santo:
-A óptica hipster de sempre segue no seu sitio. Todos os lentes "para arriba" que A. non quere probar semellan os que fixeron famosa á M.teclista (aínda que ela os mercou en Nova Iorque ;)
-Fronte á tendiña dos cupcakes hai outra hipsterada ben rosa de donuts.
-O obradoiro que fai zapatos a man, incribles con moitas teas e que valen para vodas, aquí segue. 

3. Calle Corredera Alta de San Pablo
-A panadería non existe, hai un sitio de comida rápida que da moito baixón no lugar onde almorzamos por primeira vez xuntos J. e máis eu. Penso moito nesas barras de pan conxeladas que chegaban nun camión listas para ser forneadas, penso moito nelas cando vou á casa, a Compostela e mamá repite: "Señoriña, señoriña leve do meu, que anque lle calque e lle calque volve ao seu" para lembrarnos o boísimo que está o pan de Lalín que estamos comendo.
-O chino máis grande dese principio da rúa ten fóra máis prantas que antes, iso gústame. 
-Retro City segue no seu sitio, asomo a testa por ver se hai exposto algún bañador deses tan desfasados e lindos que eu tamén usaba canda nena.

4. Calle de Santa Bárbara:
(A rúa da  Gssh! Gssh! House)
-Loreak Mendian non pechou. Sempre que paso por aí penso no Deli Room, ao cabo dos anos traballei con S. que resultou ser a dona de ese espacio de fanzines e moda.
-A carón do portal de J puxeron Graphic Books. Vaise arruinar! 

5. Plaza de San Ildefonso:
-As terrazas non están cheas, qué raro.
-Non escoito as badaladas da igrexa que oía sempre dende o salón de J.
-A tendiña Nest segue aberta. Se entro mercarei papel de agasallos para os meus collages, coma sempre.
-Papelería La Riva segue en pé, ben! "Cando ela peche será unha nova era", comenta b.



6. Calle Corredera Baja de San Pablo:
-A primeira vez que pisei malasaña acompañaba a un americano ver un cuarto de aluguer por aló. A "habitación" máis pequena que vin na miña vida foi isa: un habitáculo nun alto do ancho do colchón. Douscentos e pico euros xa daquela, arredor do 2004. Lembro unha costa porenta. Unha malasaña quinqui, e areosa, non me preguntedes por qué este barrio daquela era sepia. 
-Anos despois vivín cunha xaponesa, R., no número 37. Aló escribín varios contos, unha reseña sobre Desalojos de Miriam Reyes e poemas: "Lirios"encantábame e creo que o perdín. Ai non, coido que está en Marés nos pousos do café. Foi a época máis linda, D.I.Y. fanzineira e musicalmente falando, do mundo. Tamén vivín cunha arquitecta, S., e cunha americana, K., que anos despois tivo un accidente caendo á vía do tren. Chamoume a nai para dicirmo...
-Un apontamento sobre a xentrificación: comezou con #Triball (Triángulo Luna, Barco, Ballesta): Qué raro que ao pasar por aquí non me lembre do cine porno, nin das redadas da secreta no meu portal aos que traficaban fóra. Non pensei nas cámaras da poli escondidas, nin nos nenos drogados que vin unha vez sentados nas escaleiras deste cine desaparecido, onde nace a Calle Ballesta.

7. Calle Ballesta:
-Cómo cambiou o barrio, cómo cambiou o barrio que agora hai pura tenda de deseño e bares onde antes se daban as pelexas de chineses. Atopar sangue na rúa á mañá, e ter medo das supostas mafias que por aló danzan (por exemplo na desaparecida taguara Badem, Badem)... ise era o ambiente. Eu mudeime ao barrio de Malasaña o verán que mataron á prostituta na Plaza de la Luna, e daquela comezou todo: o concello sacou aos maleantes da praza da Luna, moveunos cara arriba ata San Ildefonso, e logo, perderon o seu espazo e foi moito máis sinxelo desfacerse deles, limpalos.

8. Calle Barco
O bar coas portas abertas cos sillonciños case fóra, onde tomamos alquel té xeado de froitas vermellas, xa non está aberto. 
-Ata o "Café de la Luz" non atopamos ningún sitio onde atopar unha caña. A bodega da rúa Colón, a da ferretería, está a tope. Preferimos seguir baixando ata o Clarita, de novo na corredeira.
-Chegamos ao noso destino, o restaurant Alma Llanera. Imos xantar comida venezolana, isto vai de recordos, non? ;) 






sábado, 6 de xuño de 2015

Son egoísta


Tim Walker

"Estoy extremadamente orgulloso de ser gallego", aseguró el actor en Nueva York durante una entrevista con Efe, en la que reconoció su "admiración total" hacia ese "carácter", marcado, a su juicio, "por la independencia y la determinación a la supervivencia pase lo que pase en España o en el mundo".
Martin Sheen  

 
Eu non quero un país esquecido de si. Eu non quero vivir en castelán en Galicia, que para iso xa teño Madrid. Eu quero un retorno ben feito. Eu non quero voltar a unha Compostela como a que deixei. Non quero que á miña lingua haxa que protexela, nin ter que estar pendente de defendela. Non quero que os nenos falen castelán cando os pais lles falan en galego, como na nosa xeración. Non quero que se repita a historia por sempre. Eu quero naturalidade na fala. E quero coñecer á natureza, ensartillar as miñas verbas nela, tamén falar coas persoas que a poboan e aprender delas. En qué galego escribirei cando escoite falar aos demáis? Eu quero trocar a miña idea de Galicia, e a un tempo contribuir a construir un territorio forte. Quero unha morriña de calidade agora, e en canto pise a miña terra, sentir un país orguioso de selo.




venres, 5 de xuño de 2015

A ialma de toda carne é o sangue


Por eso dije a los hijos de Israel: no comeréis la sangre de carne alguna, pues el alma de toda carne es su sangre: aquel que la comiere será exterminado. 

(Levítico, XVII, 10-14)

Hoxe foi o día da Eucaristía -isa "cea" onde se toma o corpo e o sangue de Cristo-. O Corpus Christi é festivo na Comunidade de Madrid, sen comentarios. "Un xoves no medio de todo no que ninguén ten ponte" quéixanse as miñas amigas, unha profe da privada, a outra executiva. Bueno, alguén a terá e outros nin tan sequera librarán, penso.

Hoxe libro, libro completo como todos estes días dende fai un mes, e dou un paseo á mañá pola cidade. Xa fai dous días que vai calor. Pero todo está limpo aínda: as flores respiran ao sol, o barrio semella lindo. Imos indo da man almorzar fóra. Por aquí todo o mundo semella vivir nun pobo. Os restaurantes veganos son anunciados en bicicletas deitadas sobre árbores con cestiños cheos de pétalos, os nenos berran entre os chíos dos paxaros. 

Hoxe lémbrome dos meus compañeiros da libraría, que estarán traballando de sol a sol. Uns cantos, os outros librarán debendo o día.  Fea cidade de horario liberalizado. Fea cidade que nos rouba o sangue. Sabiades que a ialma de toda carne é o sangue? Pois iso, o traballo mal xestionado róubanos a vida. Eu aínda non podo deixar de sentir pánico cando atopo no meu moedeiro un ticket do zara que berra orguioso: ABRIMOS TODOS OS DÍAS, dóbroo, ráchoo, lo boto. 


Despois do almorzo, xa soa, paso por diante dunha tremenda porta misteriosa e axardinada, e penso que detrás está Manderley
Paseniño camiño arriba e abaixo a Cuesta de Moyano, paro en cada posto, curioseo os libros...estes libreiros están máis empoderados: algúns non abriron e todos os que están van xantar á súa hora, e para iso pechan as súas portas. 
Atopo El despertar de los vampiros, un traballo de Jean Marigny, de donde estraio moita información que explica o meu amor polo sangue. E tamén unha edición pequerrecha aínda que de Anagrama, de Ancho mar dos Sargazos, esa fermosa novela de Jean Rhys, por dous euriños. (Se pensara que algunha vez alguén vai coller este diario secreto, engadiría a esta páxina unha pestaniña despregábel na que dixese: "Se liches Jane Eyre e che deu arrepíos pero tamén sentiches fascinación por Bertha Mason, a tola do ático, corre por iste libro. Rhys desenrola por completo a historia da silenciada primeira muller do estúpido Rochester.")






xoves, 4 de xuño de 2015

Pensamento mecánico



Unha profusa navalla é o proxecto da identidade,
un reiseñor mecánico a tarde.
 

 Tanto souvenir acabará con Notre Dame
¿Onde estabas cando te necesitei?


Yolanda Castaño 


¿Cal é a raíz do desexo? ¿Cómo está construído? ¿Querería el respetar os límites idade, sexo, raza, cando obedecelos é ir contra nós mesmos? ¿Canta importancia ten a experiencia? ¿Se te despoxas de ise argumento, tes outros de peso? ¿Pero que facemos co ca pel amorea? ¿Canto caso nos temos que facer? ¿Cal é a raíz do desexo? ¿Cómo está construído? ¿Querería il respetar os límites idade, sexo, raza, cando obedecelos é ir contra nós mesmos? ¿Canta importancia ten a experiencia? ¿Se te despoxas de ise argumento, tes outros de peso? ¿Pero que facemos co ca pel amorea? ¿Canto caso nos temos que facer? ¿Cal é a raíz do desexo? ¿Cómo está construído? ¿Querería el respetar os límites idade, sexo, raza, cando obedecelos é ir contra nós mesmos? ¿Canta importancia ten a experiencia? ¿Se te despoxas de ise argumento, tes outros de peso? ¿Pero que facemos co ca pel amorea? ¿Canto caso nos temos que facer? ¿Cal é a raíz do desexo? ¿Cómo está construído? ¿Querería el respetar os límites idade, sexo, raza, cando obedecelos é ir contra nós mesmos? ¿Canta importancia ten a experiencia? ¿Se te despoxas de ise argumento, tes outros de peso? ¿Pero que facemos co ca pel amorea? ¿Canto caso nos temos que facer? ¿Cal é a raíz do desexo? ¿Cómo está construído? ¿Querería il respetar os límites idade, sexo, raza, cando obedecelos é ir contra nós mesmos? ¿Canta importancia ten a experiencia? ¿Se te despoxas de ise argumento, tes outros de peso? ¿Pero que facemos co ca pel amorea? ¿Canto caso nos temos que facer?¿Cal é a raíz do desexo? ¿Cómo está construído? ¿Querería el respetar os límites idade, sexo, raza, cando obedecelos é ir contra nós mesmos? ¿Canta importancia ten a experiencia? ¿Se te despoxas de ise argumento, tes outros de peso? ¿Pero que facemos co ca pel amorea? ¿Canto caso nos temos que facer? ¿Cal é a raíz do desexo? ¿Cómo está construído? ¿Querería il respetar os límites idade, sexo, raza, cando obedecelos é ir contra nós mesmos? ¿Canta importancia ten a experiencia? ¿Se te despoxas de ise argumento, tes outros de peso? ¿Pero que facemos co ca pel amorea? ¿Canto caso nos temos que facer? ¿Cal é a raíz do desexo? ¿Cómo está construído? ¿Querería el respetar os límites idade, sexo, raza, cando obedecelos é ir contra nós mesmos? ¿Canta importancia ten a experiencia? ¿Se te despoxas de ise argumento, tes outros de peso? ¿Pero que facemos co ca pel amorea? ¿Canto caso nos temos que facer? ¿Cal é a raíz do desexo? ¿Cómo está construído? ¿Querería il respetar os límites idade, sexo, raza, cando obedecelos é ir contra nós mesmos? ¿Canta importancia ten a experiencia? ¿Se te despoxas de ise argumento, tes outros de peso? ¿Pero que facemos co ca pel amorea? ¿Canto caso nos temos que facer? ¿Cal é a raíz do desexo? ¿Cómo está construído? ¿Querería el respetar os límites idade, sexo, raza, cando obedecelos é ir contra nós mesmos? ¿Canta importancia ten a experiencia? ¿Se te despoxas de ise argumento, tes outros de peso? ¿Pero que facemos co ca pel amorea? ¿Canto caso nos temos que facer? ¿Cal é a raíz do desexo? ¿Cómo está construído? ¿Querería il respetar os límites idade, sexo, raza, cando obedecelos é ir contra nós mesmos? ¿Canta importancia ten a experiencia? ¿Se te despoxas de ise argumento, tes outros de peso? ¿Pero que facemos co ca pel amorea? ¿Canto caso nos temos que facer?...

*
 

...


mércores, 3 de xuño de 2015

Cómo era iso de lembrar só cando te conectas?

http://boyirl.tumblr.com


Non quero queixarme máis. Non quero ter medo á xente. Non quero calar, tampouco quero marchar á casa soa. Traballar soa si, pero logo xuntalo co teu curro. Querida bandmate, quero que metamos a nosa carta nunha botella, e que a botemos ao outro lado do mar. E a medida que se alonxa, ir esquecendo o difícil que é crear en colectivo. 

Cantora nocturna

                               Joe, macht die Musik von damals nacht...

La que murió de su vestido azul está cantando.
Canta imbuida de muerte al sol de su ebriedad.

Adentro de su canción hay un vestido azul, hay
un caballo blanco, hay un corazón verde tatuado
con los ecos de los latidos de su corazón
muerto.

Expuesta a todas las perdiciones, ella
canta junto a una niña extraviada que es ella:
su amuleto de la buena suerte. Y a pesar de la
niebla verde en los labios y del frío gris en los
ojos, su voz corroe la distancia que se abre entre
la sed y la mano que busca el vaso.

Ella canta.

*
Alejandra Pizarnik

Le este poema bandmate, trágao ben. Fala de curarse cantando. Cúrome cando traballamos con esa dor imbuida de muerte que me fixo escribir isto tempo atrás. Absólvome cando recitamos estes versos, a memoria non perdoa. Saco estas letras do peito e douchas aínda sangrando:
 *
video

Me gustaría que alguien me dijera qué camino tomar: el de la memoria o el olvido. ¿Una pastillita para olvidarlo todo, o para convertir los recuerdos en tinta pixelada, en pantalla “cuática”, en iris de máquina?

Cómo era eso de recordar sólo cuando te conectas.
Limpiar la obsesión.
Cómo era eso de recordar sólo cuando te conectas.
Limpiar la obsesión.
Sólo cuando te conectas.
*
Días extraños donde conectarse a la máquina para vivir un sueño artificial por encargo. Si no tienes piernas, tu sueño puede ser correr por la playa. Si sientes hambre y vives al sur del mundo, sabrás lo que es un manjar interminable. Si quieres estar en Chile, sentirás cómo las olas te mecen hasta reencontrarte con tu mapuche. "Es verdad que los colectivistas no poseemos". Pero eres un poco mío, porque durante dos meses vivimos en esta baldosa. La punta de tu nariz en mi punta. Memorias empatadas. Recuerdo infinito.
Difícil averiguar cómo matarte.

martes, 2 de xuño de 2015

"Maneras de no acceder a Santiago" un poema de Damaris Calderón


Unha cita e un poema arredor da partida.


Eu só enjôo quanto olho o mar
Eu só me mareo cando miro o mar

Ana Cristina Cesar



MANERAS DE NO ACCEDER A SANTIAGO
 
  para Laura Ruiz
  para Ponte

 
  Santiago de Compostela
  de la Gloria
  de Chile
  de Cuba
  es
  un sitio tan cercano
  que no se le ve.
 
  Peregrino de Enmaus
  camino en círculos.
  Si abro la mano
  la moneda del taumaturgo,
  un paisaje trizado aparece.
 
  El camino de Santiago
  nos ha tomado toda la vida.
  Y el viaje no ha sido pródigo.
 
  Tocar la piedra
  avanzar
  no procurará ningún sosiego.

Damaris Calderón