xoves, 1 de xaneiro de 2015

Vivir escribindo dentro dunha canción. Benvido 2015




Aló vai o duro e duro e fermoso ano a partes iguais nos que aprendín moito vitalmente, pero laboralmente aprendín que quero colaborar maís creativamente, que quero traducir que quero unir forzas xa sexa editando ou recitando, é dicir, quero poesía. Poesía en forma de diarios, poesía en forma de obradoiros, poesía en forma de ensino. Poesia con forma de libro, de fanzines, de catálogo. Poesía e licencias, poesía e autoría, poesía e colectividade. Sobre todo, sobre todo como vos digo descubrín que quero escribir, e que todo o que faga será por e para isto, sen máis dilación, sen resistencia nin como tarefa posposta. Vivir escribindo dentro dunha canción.
Feliz 2015 para todas vosoutras, para todos vós.

Ningún comentario:

Publicar un comentario