venres, 5 de decembro de 2014

Situación irregular

Tú eres más complejo que la ciudad de París 
Enrique Lihn

Tomando a idea do título de París, situación irregular, Visor acaba de editar unha antoloxía do traballo deste poeta chileno, Enrique Lihn: Poesía, situación irregular.  A escolla faina nada máis e nada menos que Oscar Hahn.
A poesía de Lihn é unha xoia até o presente só disponíbel nas edicións da Universidad Diego Portales, só atopables nas librerías que importan libros de Latinomérica. Verdade é que as fotos das capas das edicións chilenas ben valen o alto prezo deles, pero é unha grande cousa que haxa disponíbel ó menos en tódalas librarías da península esta compilación e a un prezo pagable. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario