luns, 15 de outubro de 2012

Vendetta

Eu son un anxo da vinganza entrenándose
sempre.
Un
dous
tres...
decálogo da confianza
da fe cega nun futuro inexistente sen chegar ao dez.
Cando lle digo bótame un pulso ou adiviño o seu secreto para a forza estou máis
preto de Travis Bickle,
Despentes,
son a máis pequena das bonecas rusas desta torre...

de poder escrever
sen pensar niso.


Ningún comentario:

Publicar un comentario