sábado, 13 de outubro de 2012

"Nunca choveu que non escampara"


Son las acciones las que definen la ética, y no los rasgos físicos, ni las prácticas sexuales, y mucho menos la estética o la asistencia a los mismos lugares. Tanto si mi intención es luchar por los derechos de un colectivo como extender una red de telecomunicaciones libre y abierta, tengo que buscar personas que compartan mi objetivo y construir una manera de llevarlo a cabo basada en unos principios éticos, que en mi caso serían la auto-organización, la autonomía, el colectivismo, la auto-gestión y la responsabilidad. Y si las personas con las que me alío respetan y practican estos principios, al menos en esa acción concreta, me da igual que lleven cresta, tengan 60 años, sean heterosexuales, amas de casa o activistas del 15-M. 

Helen La Floresta
 
 
Qué ideal ben este artigo hoxe, esta mañá resacosa de amizades recén comezadas e que sen enfrían, a doer a saberse queimadas antes de se asentar... qué ben o dí a Helen, O da ética.
Por moi básico que pareza non hai outra; ética&estética deben ser unha. Se non, para qué. Para qué serviría a beleza sen verdade? Sen ser verdadeira... Por qué nos ía poñer o xogo da verosimilitude tanto na arte como na vida? para qué xogar?
Así é como eu me posiciono, e por iso o punk e o xeito pequeno pequeno e de base de formiga para o cambio. O cambio de qué? das nosas vidas o primeiro. Do noso día a día, que cada día haxa menos situacións nas que queiramos dicir SI e digamos NON. Que queramos dicir NON e digamos SI. 
E por poder manternos felices como para seguir a facer o que temos que facer -este caminiño de formigas de pouquísimo a pouco non é un camiño de rositas no día a día... (e qué vou dicir eu que son privilexiada de todo!)- aínda cando ao outro lado non hai resposta, non hai diálogo, non hai comprensión ou o que hai, mal que nos pese, con moitos dos humanos que deixaron a empatía na casa preocupados como estaban por ver onde mellor lles vai neste enterro, hai indiferenza (que moitas veces máis que desinterese é estratexia de desautorización infalible!). 
Non hai iso que tanto nos pon a algúnhxs dos seres humanos que é ir atopando persoas a calquera idade e de calquera condición, con ideas propias, doorosamente mantidas na vida real, con consecuencia directa na carambola do día a día: Persoas especiais, que se cuestionan moito e sobre todo comparten os froitos de toda/ calquera/ por pequena que sexa, esa luita. 
Case tódolas miñas, os meus amigxs  son así. 
Son fortes, son belxs e imperfectos. Xente que un día si e outro tamén che fan estalar a cabesa coas súas ideas, cada un co seu tema. Persoas das que sempre vas á casa aprendendo. Sabendo algo máis de ti e de cómo sobrevivir enteira e sobre todo con enerxía (iso é o difícil!)
Ais, qué ben me veu este texto de Helen de la Floresta, tan plof como estaba con iste peso por dentro...............!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Grazas b., polo envío!

Bo sábado, que está precioso! (aquí en Madrid polo menos: sol sol sol e olor a chuvia da noite!) 


[fotoroubo a  ... Gaelx?]

Ningún comentario:

Publicar un comentario