mércores, 28 de decembro de 2011

Veredicto: guillotina.

 

No existe el tiempo
si no lo cambias
lo cambio yo.

No me preguntes
no te contesto.
Las cosas salen
si yo las quiero decir.

No me defino
nada es completo.
Soy como un árbol
en invierno.

No finjo ideas
que ya no pienso.
No llevo ropas
para otro cuerpo.
 
 
[Da canción "Bajo tus luces", Kiki d'akí] 


Finalmente, despois de moitos meses, rematou o xuizo.
Veredicto: guillotina.
E non foi fácil. Por fin rematarán as idas e vidas, os soños belos -si, con vestidos cor champán e campos verdes tremendamente luminosos, si, a eses debo dicirlles adeus tamén-, os pesadelos, a tinta branca, branco enfermidade (o da fermosura da neve tamén, ten que haber onde agarrar para nos encadear), o berro inmóvil, o cemento engomado, o cal que engrosa as paredes, e cando queima tamén. Por fin, tanto traballo e desatino, tanto desexo -maiormente debuxado unindo con moito esforzo as liñas de puntos-, tanto ir e non vir esnafrouse contra a miña parede, que existe, vaia se existe. Que non hai distancia que me separe do mundo? Que aquí todo ferve até o ponto de facer desaparecer a pel, esa fronteira? Nanai,
non,
non,
non. Antes de rodar a cabeza da Raíña, recibiu un só golpe... contra o meu cristal... e
caeu, caeu a Raiña do Silencio. Rodou, rodou a súa cabesa.
...Guindeina fóra de xogo...
aiiiiiiii, qué ben!

A neve e o sangue cada vez están máis separadas. Si, a etiqueta confusion is sex xa non ten sentido no branco silencio. Volta ser miña, negra&vermella. Volta ser adolescente, volve ser un remuíño que confunde a paixón coa forza e é da cor do sangue. Ben, ben, ben!


[collage by me, fíxeno fai tempo para o Xoguetes póstumos de Emma Pedreira, como póstuma tamén é esta carta-entrada-relato de cuspe]

Ningún comentario:

Publicar un comentario