Nos tocan a una, nos tocan a todas -repetimos
(berro nas manis sobre todo contexto feminista e/ou libertario)
Nuestra venganza es ser felices
pintada das graffiteras mujeres creando de Bolivia
(berro nas manis sobre todo contexto feminista e/ou libertario)
Nuestra venganza es ser felices
pintada das graffiteras mujeres creando de Bolivia
O Nadal serve para moitas cousas, para repensar a nosa fuxida da fe, ou para celebrala, para rematar o ano, para revisar contas e non meterse noutras -como dicía Scrooch- e para encamiñarnos cunha nova actitude a un mundo descoñecido por nós, pero ben coñecido polos nosos maiores. Por iso a nosa ledicia e forza será fundamental: cando nos rouben máis tempo, cando nolo paguen menos aínda, cando nos infravaloren como man de obra e só sexamos isto, cando nos presionen para compartir piso, casar ou parir asumindo que seremos máis pobres pero máis felices, para todo iso, cómpre vivir como se hoxe fose o día!
Así, libriños, películas, discos e diversas artes coidarán das nosas cabezas; discursos de fortaleza e liberdade curarán as nosas feridas e sobre todo, ese calor humano e ese tempo que sempre foi e será d'ouro, pasarémolo cos nosos, coas nosas personas favoritas -descendentes dunha mesma liña sanguínea ou elexidas- ou con outras máis descoñecidas, pero belísimas compartidoras xentes de proxectos que nos cundan e nos arroupen, que nos empurren a un futuro propio, que como este protester -e ben soubo ver a Time- , somos nós, todas, co noso berro exípcio, grego, madrileño... etcetcetcetc..., as personas máis importantes do noso ano.
Boa semana vermella, e que neve, que son dous días!
[ ilustración, capa da revista Time, roubada en salon.com]




0 comentários:
Postar um comentário