mércores, 30 de novembro de 2011

Afiade a folla, para eles ou para vós outras

Estamos moi lonxe de ser unha sociedade que vive no século que lle corresponde, e non me refiro a estes dous mil aniños, senón a moito máis. Estamos tremendamente lonxe, a eones de sermos respetados no universo, de que xs nosxs avanzados veciños teñan ganas de nos estreitar a man. E para celebralo, algúns confirman, reafirman e asinan todo o que de pasado ( de tempo, de moda, de recocemento) ten o circo, a sociedade  do espectáculo.
Xa poden estar contentas as personiñas que din "eles", "eses", para referirse a gustos e atraccións, disidencias  desviacións. Tamén  todxs os que me rodean que sen ser deste gremio retorto e enfermo de paixón polo eterno retorno, que manexa o cotarro (e aos que amosa o botón),  teñen medo dunha liberdade coa que soñamos moitxs (de idea, porque nin preto estamos de saber dela, tanta mugre nos enchoupa e pesa nos pés). A todxs elxs quérolles adicar estes pasiños do principio da fin.
Adiantar non adiantaremos, pero eu quero que todxs, xs que pensades que nin tanto vai pasar nestes lustros que se nos veñen enriba, que degustedes os acontecementos diarios relativos á perda de traballo (público), de saúde e educación para todxs, de estigmatización das diferencias: primeiro comezan por istes (infraseres) e logo irán a por vosoutrAs. Quero que saboreedes cada un dos pasos atrás como descoridos caramelos que van perdendo a forma -o sabor desapareceu na primeira chupada-  e xa só pican os vosos, ansiosos dentes... E quero ver tamén con medio-sorriso torto, cómo caries tras caries, denteira tras denteira, unha bágoa inservíbel vos fai lembrar cómo un día albiscamos o xuntas e o podo, que se esvaecen brillantes de cuspe coma un terrón de azucre sendo libado por estes acreedores da Historia que vos (indi)xestionan per secula seculorum o alimento, a saúde, o amor e o odio.


[i eu? eu non existo, meus! deixei este planeta]




[collage: autorretrato nun intre da miña fuxida cunha oankali ooloi]

Ningún comentario:

Publicar un comentario