luns, 8 de agosto de 2011

Estado policial ou Estado de excepción

Podemos permitir que o gorberno ao seu antollo, cando nada máis pasa que que a xente se manifeste, e que a xente tivera un punto de información nunha praza, que mandaron recoller fai tres madrugadas e sen opoñer resistencia se recolleu, podemos permitir que nunha situación tan normal, como unhas protestas que duran meses debido ao malo goberno, á corrupción e manipulación das leis constitucionais unha e outra vez durante anos, podemos permitir que por algo así se declare estado de excepción  (polo menos na práctica) e teñamos que renunciar -legalmente?- ao noso dereito de libre circulación? que farán entón nas situacións extremas (reais)?
Isto non é o que Votades!
Á rúa, xa!
Así estivo a praza pechada dende as sete da tarde o mércores e o xoves (o xoves cos golpes incluídos que nos deron  cando a manifestación deixou a praza tomada pola policía e pechada, e baixou ao ministerio do interior... claro que era moita menos xente, non había testigos e era de noite).
Non debemos esquecer tampouco que hai unha asociación de comerciantes que pediu explícitamente MANO DURA co 15M, así que eu polo menos non vou mercar aí -todo o que poida, tampouco me vou volver tola e seguro que noutras cidades caio, pero vou tentalo-. Aquí tedes a lista!
Sobre isto, cústame crer que os bares que nos deixaban ir ao baño, etc. ... durante a acamapada de Maio e Xuño asinaran isto, así que investigarei falando coa xente traballadora cando pasemos por aló (asinaron os seus xefes? obrigáronnos a asinar, é unha demanda da asociación á que como socio non te podes opoñer?).

Reacción!
Ista é a cidade? a sociedade? a democracia? o sistema que queremos?
Eu teño clarísimo que non. Non quero terror cando nada pasa. Non quero ter medo, cando nada fixen. Quero ir en metro á nosa praza. Quero manifestarme no meu dereito, quero estar informada do que outras fan. Quero que se respete que podemos contestar aos gobernos cando nola están xogando. Todo isto queremos, algo que xa se supón que temos. Algo que está asinadísimo, pero que se pasan polo forro unha e outra vez.

*

E contra a suspensión da libre circulación do metro (forma parte do mesmo dereito de libre circulación), podedes e debemos reclamar. É a primeira vez ademáis que vivo un parón de metro sen explicación, ata aquí cren que poden chegar: facer o que queiran e sen explicar.
Aquí para reclamar ó metro, devólven o importe das viaxes que non vos permitiron facer ademáis!


Boa semaniña! descansade moito que a praza xa é nosa, a xente volve traballar a reo e en Setembro precisamos estar sanas e fortes para seguir traballando, nun sistema máis xusto, unhas leis que non lles permitan o fraude, o roubo e a manipulación electoral. E a Violencia contra ós cidadáns! muaaaaaaaaaaaaaaaaaaa

Ningún comentario:

Publicar un comentario