sábado, 6 de agosto de 2011

É posíbel, esta noite saiu o sol ( e o que nos costou...)



Semella que nas televisións do mundo, esas que non vexo, andan a poñer un video -case en loop- sobre o motivo da carga. Motivo da carga? dediño nun tricornio?, por favor...

Estou aquí, no Sol, porque creo firmemente que podemos vivir nun mundo no que non se nos poda pegar por ningún motivo. Porque non haxa ninguén que te poda pegar e se alguén se pelea con alguén será como na rúa -de igual a igual- pero non cun poder -función laboral ademáis- de ti podes pegarme a min, pero eu non podo defenderme e eu non quero nin pegar nin que me pegues. [A autodefensa ten bastante que dicir a isto. Cando fas autodefensa unha das cousas primeiras é saber que isto, unha agresión física, non é unha pelea, isto é querer librarse da violencia que están exercendo sobre ti cando ti non queres e nin sequera queres estar aí. Pois iso, o da policía co 15M e coas cidadás igual pola rúa,  é o mesmo. A xente trata de irse, a xente trata de que non a peguen, pero ti non pegas.]

Repito: non se nos pode pegar por ningún motivo, por iso, por esta utopía, que chegará, xa o creo que chegará, estamos na rúa, por esta utopía estamos aquí, sempre, onde brilla o sol, en tódalas prazas do mundo de norte a sur, do leste ao oeste.

Esta noite saiu o sol, femosxs, e estamos todas que bailamos nun pé! boa belísima fin de semana!




[enlazo o noxento video do asunto, coa nova e as imaxes da detención dun xornalista(etc, etc, etc) e penso: que legal e qué bo ha de ser o que están a facer tapando todos eses polis mentres pegan ao rapaz... e como digas algo, dende fóra, como a rapaza que se oe, pau! detención ilegal! noxo, noxo, noxo, xentiña por favor, saíde á rúa, ou seica queredes vivir neste estado custodiado por anxos do terror? A policía non vén, e non pega porque esteamos a facer algo malo, nin no 15M nin nunca, a policía está aí para avisar, reprimir, castigar e amosar a outras persoas coas detencións que non se poden cambiar as cousas, nin se pode sair do que os darriba, sí, os dos altísimos sueldos, vacacións con séquito, secretarias persoais -e para qué seguir polo lado escuro da noite, xa sabedes o que fan no tempo libre...- eses tan votados e tan respetados, asinan esteamos ou non dacordo cando lle damos (altruistísimamente sen pedir nada a cambio) o Voto.] Ah, e por certo, semella volver levarse a palabra fulana, si si, esa que fai tanto que non oíramos, e guarra -isto é moi d'aquí a verdade- porque non sei en qué escola se forman estes anxos do inferno, pero o de fulana -miña nai!-, soou bastante estes días de acampada policial -;D- na praza do sol pechada a cal e canto polos outros (os darriba que non se lles ve o pelo, ah, claro as vacacións!)...
E despois deste baño de noxo e impotencia, voume ao II Foro Social Intercalles para sentir a rúa, e volver a ela, que esta fin de ímolo pasar ben, dando máis pasiños cara esa utopía, rozándoa coas xemas dos nosos dediños en alto, as nosas únicas armas.



[fotiños miñas: pijama contra os malos soños do poder, poster interrúas da acampada sol e Sol onte á noite, aló quedaban xs compas, tan belxs, tan intensxs]




FOTO GALERÍA DE EL PAÍS, MOI BOA... podedes ver como fan Historia as nosas autoridades: borrando toda realidade tanxible...

Ningún comentario:

Publicar un comentario