mércores, 27 de xullo de 2011

WE FIGHT BACK!

I'm in training! Watch Out!




A miña acción favorita de tódolos tempos, despois das de Mendieta, que foron as primeiras, as que me empurraron pola porta da arte, é In mourning and in Rage de Suzanne Lacy. Vin o video que expuxo o CGAC canda a expo de arte feminista no 2008 (creo que foi) e algo fixo click dentro de min. Sexa polo que sexa, tódolos meus clicks vitáis veñen da arte. O da lingua(XXe), o da profesión, os ideolóxicos viñeron pola arte, a acción tamén veu pola arte. Agora que xa se está a falar en grupo, nun grupo no que non me sinto -demasiada Dirección e too much malempoderamento- de accións nouturnas para recuperar as rúas, para reivindicalas como nosas, sorrío ó soñar coa miña performance favorita, e por primeira vez decátome de que esta é arte e de que o que falan elas é só de acción. Eu quero arte na rúa. Arte viva, arte real, coa estética coidada do discurso bordado, páxinas l(amb)idas polas chamas, onde todo cadra: o elegante branco e negro e as verdade como pedras, e xs colegas.  Eu quero tapar a face e sentirme ben coa que estou a berrar W(OM)E(N) FIGHT BACK! Devezo por aprender das activistas de 20 anos cuxa vida é propia arte feita carne. E quero tamén vivir en Barcelona -mentalmente- e repartir tixeiras e sprayear a noite. Bailar mentres queimamos os cartos e nos agarramos das mans baixo a túnica, o veo, a lúa.


Los Angeles waited in suspense as each new victim of the Hillside Strangler was broadcast on the evenings news. Ten womens lives were sensationalized in a media frenzy, contributing to a climate of fear. In Mourning and In Rage was a performance to offer a feminist analysis of violence in the media itself. Participants from the Womans Building, the Rape Hotline Alliance, and City Council joined with the feminist community and family of the victims in creating a public ritual that was covered by all local news stations and is considered a model for media intervention through public art. A performance by Suzanne Lacy and Leslie Labowitz, Los Angeles, 1977



[foto roubada a da fogueira e a do bico, a terceira é da performance In mourning and in Rage]


***

Sobre Suzanne Lacy e o contexto no que se formou e seguiu traballando:



esta foto é de Three weeks in May

Ningún comentario:

Publicar un comentario