mércores, 4 de maio de 2011

"Genius"



Cando a vemos pasar, algún dos meus amigos sempre di algo, máis ben todas comezamos a alporizarnos, revolvernos, algunha sae do bar e sorri mentres ela segue o seu camiño, cara a casa... vén  de mercar algo -leva bolsas, un saco nas mans, mira para todas partes, fíxa moito a mirada e ó tempo semella distraída, e nós, espiramos... e o ton da nosa voz cambia... dámoslle un grolo ó café, á cervexa cando é de noite e casualmente coincidimos na mesma taguara na noite de fin de ano...  unha xenia andando pola rúa, aí vai,  como se nada, unha xenia pola rúa! dí el,  e eu sorrio e celebro que dentro de nada non teñamos que volver reprimir as ganas de guindarnos dela, perseguila e de darlle as grazas por tanto abrirnos os ollos e tanta beleza ferida, porque estaremos aló diante e detrás do escenario, compartindo ese maldita sexa, estreno absoluto...



[fotiño: nunha entrevista que le fixeron no barrio!]

2 comentarios:

  1. Angélica Liddell: portento extremo y brillo absoluto!
    jose.

    ResponderEliminar
  2. sííí, a ver qué nos deparan las casi tres horas! yo no voy a investigar nada antes...

    ResponderEliminar