luns, 7 de marzo de 2011

Moito ollo!


Ó noso querido F deulle por subir á rede as magníficas fotos que vai facendo por aquí e por aló nos concertos, e que documentan o punk ibérico máis ortodoxo e outro que non tanto, por sorte as súas ás son amplas e abanan os nosos salvaxes corazóns perdidos na procura do ar de novos manifestos (e contramanifestos, thank godness!), e así, tamén é o seu campo de batalla o punk entendido como ruído (igual que os noiseros xaponeses que cando non chegaban a escoitar os grupos de protopunk anglosaxón que estaba nacendo, comezaron a facer o punk que eles imaxinaban, segundo o que lían nas reseñas das revistas internacionais... e así lles naceu o NOISE, incrible historia, non si? (por algo son reis e raíñas do RUIDO extremo, dos inimitábels prantos de paxaro, de humanización ou deshumanización extrema  das máquinas...). Pois ben, como vos dicía, este argalleiro, que nos deixaba ver o seu traballo, que eu sempre buscaba con ansia, no ANTIPATÍA -publicación imprescindíbel (e de balde, gratixx!)- dánolo agora todo no seu novo fotozine POCOOJO, e eu, os dogmáticos MAXIMUM ROCK AND ROLL e os seus seguidores, e o resto de mesturadeiros do mundo ruidoso, celebrámolo!

E por se fose pouco esta semana toca SUDOR en Madrid. Eu non chego ó concerto, pero recoméndovolo!

Boa semana!



[Na foto, Crosta, da súa última entrada!]

Ningún comentario:

Publicar un comentario