xoves, 6 de xaneiro de 2011

Letras de gasolina

Eu tamén creo que é unha sabia decisión adicarlle as letras deste 2011 a Pereiro, moitxs lectoras adolescentes poden engarcharse a estas letras punks e cultas.    Siiiii, lembro o seu descubrimento como un día-tesouro, como pedras dun camiño amarelo que me leva sempre a fuxir e como cruz da mesma moneda, á casa. Celebro tamén con estusiasmo a intención de Libros del silencio de editar a súa poesía en edición bilingüe galego-castelán próximamente, para poder achegarllo en condicións ós meus amigos desta parte da península, e tamén celebro brincando os diarios que pOSITIVAS  (onde podedes facervos xa coa súa poesía en galego) editará tamén -esperemos que axiña- , as Conversas ultramariñas... Para informarvos de todo isto remítovos ás entradas de Heloísa Otero na súa fermosa antoloxía ISLA KOKOTERO onde ademáis de isto e versos do poeta tamén poderedes atopar fotos duns grafitis coa face de Lois que anda por varias zonas de Vigo, unha convocatoria de mail-lois-art e moito máis! avisados quedades!
iupi!!!


ACRÓSTICO

Somentes
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de min que me sobrevivise
sabendo que deberia ter sabido
impedirme a min mesmo
descubrir que só fun un interludio
atroz entre dous muros de silencio
só puiden evitar vivindo á sombra
inocularlle para sempre a quen amaba
doses letais do amor que envelenaba
a súa alma cunha dor eterna
sustituíndo o desexo polo exilio
iniciei a viaxe sen retorno
deixándome levar sen resistencia
ó fondo dunha interna
aniquilación chea de nostalxia.
(Acróstico, novembro 1994.


Dos poémas póstumos.)




[Foto: de Víctor Echave, Lois Pereiro na Coruña nos oitenta]

Ningún comentario:

Publicar un comentario