sábado, 20 de novembro de 2010

" (...) Quen me dera ser gata / para vivirte sete veces" Olga Novo

Na velada de onte recitamos estes poemas, entre outros textos re*activos que subirei axiña...


MANCHA


Non podo esquecer que sangro,
e non só é tinta ese fío
que ule e salga líquido vivo.

A boca rastrexa o vidro,
toda beleza obrigada.
No cuarto propio, refuxio
da morte social que nos adicou
á literatura dos diarios todos,
a guerrilla nace do corazón
mellor debuxado no caderno da memoria.




O rito diario xa sen rito, escoltada por branquísimas amantes: matar ó pai, devorar os ocos, masacrar un a un todos os funcionarios e mercaderes cos que fose intercambiada unha palabra apenas, desintegrar cada pegada cunha lixivia veleñosa zumegada do meu hime sen descanso. Abortar é unha obriga, unha necesidade fonda, un desafío.



El rito diario ya sin rito, escoltada por blanquísimas amantes: matar al padre, devorar los huecos, masacrar uno a uno a todos los funcionarios y mercaderes con los que fuese intercambiada una palabra apenas, desintegrar cada huella con una lejía venenosa supurada de mi himen sin descanso. Abortar es una obligación, una honda necesidad, un desafío.



CINTO NEGRO

Eclipse
sobre un campo de mapoulas
negras como o cinto
que agochamos baixo a cama.

Temos moitas caras
está a bonita e sucia, a intrépida e luminosa.
Non sabemos endurecer a expresión,
a sesión comeza e esta cuncha non se desfai
da súa sentimental educación.

Cómo ser unha profesional
reclutada para manchar.
Cómo ir sempre vestida de loito
e non deixar de quentar.
No amor e na liberación sexamos unha.*

*Verso dunha canción homónima de Ruído de rabia.

 
CINTURÓN NEGRO



Eclipse
sobre un campo de amapolas
negras como el cinturón
que escondemos debajo de la cama.

 
Tenemos muchas caras
está la bonita y sucia, la intrépida y luminosa.
No sabemos endurecer la expresión,
la sesión comienza y esta concha non se deshace
de su sentimental educación.

 
Cómo ser unha profesional
reclutada para manchar.
Cómo ir siempre vestida de luto
y no dejar de calentar.






Autobiografía



Non sei o que digo.

Nunca o saberei.

Abrin o cuarto prohibido

e agora estou dentro.



O meu nome


Eu son unha branca

meseta sen

fala. Fago chistes

da inocencia. Non teño

as bragas rotas

porque é pecado.



Monecas “Nansi” loiras



Nunca houbo montañas

nas miñas monecas.

Eran totalmente planas

e azuis e eu poñíalles

vestidos para adornalas,

para rirme delas,

disfrazar as miñas bágoas,

saltar sobre a cociña

con catro pés. Soñaba

con ter moitas caras

e deixar de ser lista.



Independencia



Aplastarei a matriz que

me envolve para volver a

amar e sentir o meu útero

libre e aberto. Fareino con

amor, con poesía, con présa.

*

Antes dicíanme

que colocase ben

unha perna sobre a outra.

Que fose feminina.

E eu nin sequera sabía

onde tiñas as pernas.

*

Ninguén

me prohibirá nunca

estar soa.


[Letras: poema meu, Yolanda Castaño, outro meu, Lupe Gómez; todas as imaxes son collages meus!]


*


"Ni una sola guinea del dinero ganado debe destinarse a la reconstrucción de este colegio siguiendo los antiguos planes; de la misma manera que no puede gastarse ni una sola guinea en la construcción de un colegio, siguiendo un nuevo plan: por esto, la guinea ha de ir destinada a "Trapos. Petróleo. Cerillas". Y debe ir acompañada de la siguiente nota: "Tome esta Guinea y con ella transforme el colegio en cenizas. Pégueles fuego a las viejas hipodresías. Que la luz del edificio en llamas ahuyente a los ruiseñores y enrojezca los sauces. Y deje que las hijas de los hombres con educación dancen alrededor del fuego, y que arrojen brazada tras brazada de hojas muertas a las llamas. Y deje que sis madres se asomen a las ventanas más altas y griten: ¡Que arda! ¡Que arda! ¡Ya no queremos esta "educación"!"

WOOLF, VIRGINIA, Tres Guineas, Lumen, Barcelona, 1999.

*

2 comentarios:

  1. guapa... yo tb he escrito mi homenaje (espero que me prestes algunas palabras) http://lamujerquemedelaganadeser.blogspot.com/2010/11/non-podo-esquecer-que-choro-bagoas-de.html

    ResponderEliminar
  2. claro que si, tuyas son...! allá voy!

    ResponderEliminar