martes, 12 de outubro de 2010

Sétimo andar, poesía alén en Portugal

Os amigos e amigas de "a porta verde" foron ata Espinho, Portugal presentar o noso libriño. Manolo "Pipas" relata así a bonita experiencia, quen puidera ter viaxado e compartido esa marabilla de encontro...

fomos a espinho a presentar
o segundo libro da porta verde
sétimo andar poesía alén
un pouco ao sul do rio douro
pertinho da beira do mar


dos anunciados falhou un
e partimos catro nun carro
e sen querer tivemos que pechar
unha segunda porta non verde
a que ti vinheras con nós


presentounos a associaçao extrapolar
e entre poemas monologos e debate
con velhos e novos companheiros
extrapolamos sobre o tempo este
e a nosa galaecia terra comun
e lonxanas rexions e tempos idos


como catro elementos fomos presentados
do espacio da chamada porta verde
e a alba á volta no carro o dia despois
definiu a materia de cada un dos elementos


alfonso aire sonhador entre nubes suaves
lume alberte entre paixon e incendiario
alba auga maré salerosa do morrasso
e pra min a terra cunhas boas palabras


posdata
tamen estivemos no filo café
do clube literario do porto
pero esa é outra desventura


do porto a vigo da tardinha
ao solpor a 10 de outubro

MANOLO PIPAS

 MÁIS EN: ENVOLVENTES AS PALABRAS

[Collage: meu]

Ningún comentario:

Publicar un comentario