domingo, 24 de outubro de 2010

Convite galegolusófono na casa do Brasil!

Onte presentouse o Instituto Cultural Brasil-Galiza (ICBG) e fomos á Casa do Brasil en Madrid celebralo! Xurxo Fernández Martíns (ou Jurjo, jeje) presetou o acto despois de convidarnos ás marabillas gastronómicas da nosa terra -ás veces que os avións cheguen tarde troca a orde dos actos (e da vida) ó noso favor... ja!- logo, botamos versos ó ar Begoña, Concha, Rafa, Xurxo e máis eu. De seguido verdadeiros anxos angolanas, brasileños e galegas (Leo, Aline, Sérgio, Uxía e Fred) baixaron dunha fermosísima nube outonal para deleitarnos con cancións da terra e imporvisacións talentosísimas... Toda unha celebración que non fixo máis que confirmar a potencia dos e das creadores galegos/as, a apertura ós lazos con culturas irmás e o traballo e as ganas de estarmos na rúa, de sermos públicas, de que a nosa vida pase pola arte!

Muito, muito obrigada, Xurxo!!!



[ A nova no Xornal, aquí !]
Fotiños do acto tomadas por Mariano Grueiro aquí, as de aquí embaixo son miñas e das miñas amigas!]












[Xurxo Fernández Martíns, Ana Cibeira, Begoña Regueiro, Concha Rousia+Sérgio Tannus, Rafa Yáñez, Xurxo FM+Sergio T., Aline Frazão] [Fotiños do grupo de Uxía Senlle, Sérgio Tannus, Fred Martins e do anxo Leo Minax no enlace a Mariano Grueiro enriba!]

1 comentario:

  1. Anónimo7:00 p.m.

    Thanks on your marvelous posting! I actually enjoyed reading it, you are a great author.I will make certain to bookmark your blog and will often come back sometime soon. I want to encourage you continue your great writing, have a nice afternoon!

    ResponderEliminar