mércores, 27 de outubro de 2010

Brillan na noite as ideas, os cisnes




O outro día bailaba cun poeta mexicano e entre unha cousa e outra ós dez minutos de coñecelo e eu dicirlle que escribía en galego acabamos soñando con un proxecto que falase (de) tódalas linguas que foran tocadas pola variña máxica da conquista española. Tódalas da península e tódalas indíxenas... fascinante, non si? despois bailamos con outras amigas e apareceron poetas do que poderíamos dicir de-construcción e vangarda española e ó día seguinte púxenme de novo a ler e investigar sobre elas...
sempre remato coa mesma sensación coa poesía en castelán, abraiada da diferentísima base e tradición de partida e como iso se nota no resultado... a ruptura de Chus Pato, a súa obsesión por sair ou entrar na espiral, no labirinto do poema e de por si na lingua e polo tanto no corpo, dista tanto do traballo destas performers que me fai sorrir o sábado á tarde... Non me decanto por ningunha, teño afinidades claro, e recoñezo o traballo e o talento de cada traballo, pero non deixa de sorprenderme todo isto, me ESTRAÑA... non sei se me explico...




***


Engado un linke a UNHA RESEÑA DE FAI UN PAR DE ANOS DE ELENA MEDEL que intenta achegar A NOSA POESÍA Á MESETA... grazas!!!


Poesía gallega joven
Abran buscadores


Comenzar una panorámica sobre poesía parafraseando a Alberti no es mala señal. Preguntémonos, entonces: ¿qué cantan los poetas gallegos de ahora? Precisemos: ¿qué cantaban los poetas gallegos de los 90? Mejor dicho: ¿cómo cantaban? Este artículo no aspira a la profundización, sino que invita al lector a aproximarse a una valiosa poesía en otra lengua, tan cercana sin embargo. Nuestros límites se extienden a la poesía escrita en gallego, difundida durante los años 90, por autores nacidos —salvo justificadas excepciones— entre 1960 y 1980: veinte años con los que marcar un punto de inflexión, aportando matices a una lírica atractivísima y en constante movimiento.



[videopoema a partir dunha idea de Chus Pato; v2: Elena Riveiro Tobío en modo ChusPato... e Francisco Antonio Sampedro Ojeda enchoupado tamén da poesía da ourensana!]



E para as que vos custe entendelos versos nos videos... aquí os textos (bilingües galego/castelán) e a voz da poderosa autora dentrás deles...
*Louise Labbé é un verso
*Así a voz
*Pregúntome se nesta frase caben todos os teixos da cidade libre de París
*Desdeñosos cisnes, como icebergs
*Porque non é só o idioma o que está ameazado

Ningún comentario:

Publicar un comentario