luns, 28 de xuño de 2010

Amor e desamor

Lois PEREIRO será homenaxeado nas letras do vindeiro ano! felicidade! é un dos meus escritores favoritos dende a universidade, anos nos que toda a miña panda o líamos e relíamos con fervor...
Deíxovos unha fermosísima imaxe do grupo AMOR e DESAMOR e o epitafio poético do fermoso Lois P.!



Cuspídeme enriba cando pasedes

por diante do lugar no que eu repouse

enviándome unha húmida mensaxe

de vida e de furia necesaria

1 comentario: