mércores, 23 de decembro de 2009

Intrépidas e sucias (Itzíar Ziga et alii)


Feliz, de novo á terra e de novo con un libro canino baixo o brazo: se foi devenir perra o que alumeou o meu vrau é este un zulo propio o que me quentará no medio e medio da neve. E faime graza que para min a neve sempre é sexo, millor dito porno, jejeje... porque este libro está cheo de "cadelas", "sexo" e autodefensa ou o que eu chamo "maldit@ sex@"!!! invítovos a devoralo, pero paréceme necesario comezar polo outro da Ziga, de de devenir, porque cal manifesto, faise denso, explica, amosa, defende... e este é como un legado, un vasiño de auga para as sedentas, carne para as esfameadas, apertura de fibela para as apertadas...
a desfrutar...
Ziga é unha todoterreo, unha maga, unha cantante tola, unha absoluta descubridora de tesoureiras, as que teñen a receita da supervivencia, da vinganza de sermos felices a pesares de todo, das que teñen a forza e a reparten: todas caben no seu GRIMORIO.

Copiaría a continuación o textiño bomba extraído do interior que melusina elixe como presentación na contracapa, é a verdade máis grande... flípame, ide lelo! así de aberto, así de rosa... eu xa estou pensando na miña camiseta nova... jejeje, guau!

Conpráceme este enlace e aquí ela e a manada de raibosas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario