*HOXE 25 NOVEMBRO DÍA DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES expoño catro collages no ULTRAMARINOS, na miña cidade! (Casas Reais, 34, Compostela) ás 22.00h.
*Recén saído do forno do prelo está Xoguetes Póstumos, un libro de EMMA PEDREIRA ilustrado por min. Edita Caldeirón, Premio de poesía erótica Illas Sisargas.
As miñas letras viron a luz no zine polpA do colectivo Humilladoiro. Despois fun publicando textos en revistas como A Xanela, Andaina, Búsola, Juglar (Málaga), Dorna, Nayagua. Revista de poesía del Centro José Hierro de Getafe (Madrid), Perfil del aire (Córdoba), Salamandria (Almería), e noutras publicacións periódicas na rede como Andar21, Biblioteca Vitual Galega, Contos ínfimos, o Espasmo das Redes Escarlata, Hiperferia (N.Y.) e a Incomunidade (Portugal)… Recitei en Poio (Poetas na rúa, 2004), Córdoba (Cosmopoética, 2006), Málaga (Transgeneración, 2007) e Madrid (Palabras habladas por La Bella Varsovia, 2009) e os meus poemas aparecen nos libros colectivos: "Transgeneración 1.0. Encuentro de jóvenes poetas españolas"(2007) e "Letras Novas (2008)".
Expuxen os meus collages colectivamente na Galería Publiart (Ourense 2003), na Ca la Dona -Certame Femart– (Barcelona, 2005), no Ladyfest (Madrid, 2006); e nas xornadas “20 Anos da Revista Andaina” (Compostela, 2003), Translittera (Compostela, 2005), no festival Poetas por Km2 con Elena Medel (Madrid, 2006) e no último número da publicación Renderén (2009).
Son parte do grupo HUMOR VÍTREO, e da editora de fanzines CORAZÓN SALVAXE.