mércores, 15 de abril de 2009

Aupa!


Cecais alquela vez que estiven tan preto de ir vivir a Euskadi non andaba desencamiñada!

A visita dunhas euskaldunas esta fin se semana longa e festiva aquí déixame un boísimo sabor de boca... parece que por Gernika as okupas ou gaztetxes poden sobrevivir máis que algúns meses; que os concellos -despois de moito loitar iso si- chegan a mercar os terreos das okupacións para que ese espacio quede para todos os do pobo e que as poidan xestionar os grupos culturais da zona e a Asamblea de xoves de Gernika; que a xente fala a súa lingua contenta; que os carteis pro-aborto duran máis de 15 minutos, é máis duran aínda!; que a algunhas se lles ocorre queimar todos os seus sostenes na praia, e que a idea do 68 de Valerie Solanas do exterminio do home, ronda en cabezas non precisamente definidas clarísimamente cara a loita violeta, senón como un arrouto natural contra as inxustizas e encorsetamentos diarios... e tan sanísimamente que de pedra se quedan cando lles digo que ese manifesto, esa chamada ós comandos xa existe, non só no texto da visionaria Solanas, senón de xeito organizado na Barcelona actual!; ... parece que a xente se reúne para tomar kafea eta galletak tod@s xuntas e escoitar completiño un bo disco e despois un concertiño... -gracias iso si, á iniciativa e esforzo de Leire e Ibon, dúas xoíñas!-... isto é...
O PARAÍSO EXISTE E DAÍ HAI QUE APRENDER!


tixeiriñas para cortarnos a polla mental! (foto roubada!)

Ningún comentario:

Publicar un comentario