xoves, 30 de abril de 2009

Chamas simbólicas


Curioseando atopei a esta fotógrafa e collagera (¡!) americana, DANA HOEY, da que me sorprenderon as fotos cotiás dunha mirada que non sei ben como, coincide coa miña... non sei por que me chaman tanto as súas series, parecen fotos de excursións miñas, fotos artísiticas tamén de infantiles experimentos caseiros... non sei, quecéronme ben estes documentos...




parece que non só deste lado do océano queimamos aínda sostenes e cartos!je je!

[Título da cuarta fotiño que aquí engado: "PIG FOOD", jeje!]

martes, 28 de abril de 2009



Maio garda outra viaxe fermosísima para min!!! je, je...

Chumbo que brilla


Na ponte imos aló! coñecer de primeira man ese outro mundo do que nos falaban Leire, Usoa, Aloña e Almu!!! aló imos, nenas!!!

CONCERTO
Azkoitia Matadeixe (Matadeiro de Azkoitia)
Venres, 1 de Maio
HUMOR VÍTREO
ETENIZADOR (ETEN + ATOMIZADOR)
AKAUZAZTE

luns, 27 de abril de 2009

Velenosas


Emma reborda nos nosos teclados...

Ríndome ao silenzo
inimiga de calar
ondeo a miña tinta branca
xusto no gume
e no desequilibrio
aínda que fique alzada

Berros de tinta







Seliños dos debuxos do último libro de Caroline Sury, unha xoíña que podedes ver aquí!

luns, 20 de abril de 2009

Ingredentes para a revolución


Esta fin de semana foi especial, HUMOR VÍTREO saímos de Madrid por primeira vez para tocar en Avilés, na presentación do marabilloso fanzine TEMPUS FUGIT feito con esforzo, paixón e bo gusto.

Os contidos que van da música ó cine e á arte, reflexan transversalmente un profundo amor ós fanzines, á autoedición, e ás opinións libres de calquera interese en cada páxina.

Foi un soño ser chamadas, escoitadas, acollidas e valoradas. A Pablo e a Paula en especial e a tod@s os que apoiaron o proxecto debémoslle os litros de gasolina que durante meses de aquí en adiante usarán os nosos motorciños creadores, porque o día a día de tod@s éche no caso dos fanziner@s-organizadoras/es de espasmos culturais- creadores ruidosos (nun sentido amplo!) case case o mesmo: traballo e moitas ganas para sacar tempiño para seguir formándonos e tentando crear beleza, cuestionar ós discursos acomodados do cotiá.

Neste caso as expectativas de ver ónde se forxa este fermoso zine foron cubertas de cheo. Aí está a casiña de P&P, a banda sonora e o entusiasmo de Pablo, as ganas de Chechu, as ideas para novos proxectos de Paula, todo burbulleando nun mesmo punto xeográfico que deron por congregar nun pequeno Avilés a máis de 50 persoas sen parentesco algún con el@s para estar aí, interesarse, apoiar e quentar a estes días violentos e secos do presente.

Bicazos dende aquí, rapaces!

Pedras preciosas

Como dí un amigo meu: "o máis difícil é sair ó mundo, o demais vén rodado". Pois parece que si, está mañá amanezco cunha proposta de colaborar con esta escritora á que coñecín por correspondencia hai 10 anos e á que sempre persego.

Déixovos un texto seu e unha foto ben bela desta tortura deliciosa que é escribir.



Polo tacto descubrira as mais das cousas; como os pós da mica vella adoitaban apegarse aos dedos cando rozaba as paredes da igrexa; o mesmo coa tinta do xornal do día. E se mollaba coa lingua as xemas dos dedos íanse con ela os cabelos roxos das nenas que bulían fugaces cara á escola pasando polo seu lado, o camiño esbabexado de caracois, a cute liliácea dos allos que espía con coitelos; todo ficaba dentro dos dedos e daba chegado aos ollos por distinto camiño.

Ela non era cega, pero asexando entre portas e dentro de armarios durante toda a vida dera en recoñecer que é unicamente polo tacto que fican dentro do corpo as lembranzas sendo como estigmas. Nin palabra, nin beixo, nin cheiro perduraban tanto no seu corpo como ao marcarse por embaixo do dixital, por embaixo da pel toda, na endoderme, como xuvenca marcada de antigo, papel con cicatriz.

>>>texto íntegro>>>aquí

EMMA PEDREIRA, "Memoria dos dixitais", Dorna nº 28, Universidade de Santiago de Compostela, 2002.

mércores, 15 de abril de 2009

Aupa!


Cecais alquela vez que estiven tan preto de ir vivir a Euskadi non andaba desencamiñada!

A visita dunhas euskaldunas esta fin se semana longa e festiva aquí déixame un boísimo sabor de boca... parece que por Gernika as okupas ou gaztetxes poden sobrevivir máis que algúns meses; que os concellos -despois de moito loitar iso si- chegan a mercar os terreos das okupacións para que ese espacio quede para todos os do pobo e que as poidan xestionar os grupos culturais da zona e a Asamblea de xoves de Gernika; que a xente fala a súa lingua contenta; que os carteis pro-aborto duran máis de 15 minutos, é máis duran aínda!; que a algunhas se lles ocorre queimar todos os seus sostenes na praia, e que a idea do 68 de Valerie Solanas do exterminio do home, ronda en cabezas non precisamente definidas clarísimamente cara a loita violeta, senón como un arrouto natural contra as inxustizas e encorsetamentos diarios... e tan sanísimamente que de pedra se quedan cando lles digo que ese manifesto, esa chamada ós comandos xa existe, non só no texto da visionaria Solanas, senón de xeito organizado na Barcelona actual!; ... parece que a xente se reúne para tomar kafea eta galletak tod@s xuntas e escoitar completiño un bo disco e despois un concertiño... -gracias iso si, á iniciativa e esforzo de Leire e Ibon, dúas xoíñas!-... isto é...
O PARAÍSO EXISTE E DAÍ HAI QUE APRENDER!


tixeiriñas para cortarnos a polla mental! (foto roubada!)

sábado, 11 de abril de 2009

Obras son palabras...



Por fin unha exposición individual, W&W:WORKS&WORDS (1997-2008, que repasa a traxectoria de María Ruido estes días en México no Museo de Arte Carrillo Gil (MACG) -ó final da web do Museo podedes ver unha curta introducción da artista a esta exposición- e en Decembro no CGAC!

Para abrir boca déixovos un pequeno documento dunha das súas performances dos noventa; e un "trailer" da súa longametraxe/ensaio visual Plan Rosebud que regresa do New York International Independent Film & Video Festival de Nova York, da Academy of Fine Arts Faculty de Viena e doutra mostra na University of Leeds en Inglaterra ...e que estará en Madrid no marco do Documenta 09 no mes de Maio.



Bochas levantadas co seu traballo: aquí!

UNHA ENTREVISTA á artista NO DIARIO CULTURAL DA RADIO GALEGA AQUÍ!

Planeta dondo



Mirade o que atopei! que marabilla! esta escritora, a nosa Estíbaliz, "...", ten un mundo ben redondo no que dá ganas de meterse azul e non sair xamais. Vou durmir ben acolchada e estrelada.

venres, 10 de abril de 2009

Incendiaria nunca bombeira





Antes dos collages facía isto: collages improvisados sobre o escaner e retocados despois só saturando as súas cores ata a saciedade. Era a etapa de amar a Pipilotti, a Deborah Paauwe, a esa artista lituana que facía videoarte e que limpaba todo un cuarto banco coa súa diminuta lingua... que tempos aqueles, que pequena e revolta!


Cadros: "perna incendio", "oh capitán, meu capitán", "horizonte onde nace o sol", "soños de fresa".

mércores, 8 de abril de 2009

Dende o máis profundo do útero

, o meu grupo favorito deste ano non é de fóra, a uns kilómetros de distancia (Carcelona) forxouse tanta beleza e resistencia só para o meu pracerciño!!!

E en xuño nos madriles gracias a Jose de Afeite al perro!!! que foi o que sacou o seu disco URBAN HERMITS (que recupera temas vellos e saca á luz novos) co que eu os coñecín!
Deste disco -recheíño de samplers feministas, como a fermosísima apertura cun texto poderosísimo e reconfortador das magníficas W.I.T.C.H. americanas (pero penso que lido por Amapolius de C-UTTER) - é o segundo video que poño aquí dun concerto en Xixón, no que alguén gravou a intro de "Desde lo más profundo del útero II".

A desfrutar!






WITCH es un todo de todas las mujeres. Es teatro, magia de la revolución, terror, alegría, flores de ajo, hechizos. Es la conciencia de que las brujas y las gitanas fueron las primeras guerrilleras y luchadoras de la resistencia contra la opresión -especialmente la opresión de las mujeres - a través de la historia. Las brujas siempre han sido mujeres que se han atrevido a ser geniales, valientes, agresivas, inteligentes, inconformistas, exploradoras, curiosas, independientes, liberadas sexualmente, revolucionarias.

Esto posiblemente explica por qué nueve millones de ellas fueron quemadas. Las brujas han sido las primeras cabezas pensantes, las primeras practicantes del control de la natalidad y abortistas, las primeras alquimistas (¡convierte todo lo inservible en oro y devaluarás toda la idea de dinero!). No reconocían la superioridad de ningún hombre, siendo los vestigios vivientes de las más vieja de las culturas, aquella en la que hombres y mujeres tenían igualdad de derechos en una sociedad verdaderamente cooperadora, antes de que la represión mortífera a novel sexual, económico y espiritual de la sociedad Fálica Imperialista tomase el mando y comenzase a destruir la naturaleza y la sociedad humana.

WITCH vive y ríe en cada mujer. Es la parte libre de cada una de nosotras, bajo las sonrisas tímidas, la aprobación ante la absurda dominación masculina, el maquillaje o la ropa asfixiante para la piel que nuestra sociedad enferma nos exige llevar. No hay una "casi" WITCH. Si eres una mujer y te atreves a mirar dentro de ti, eres una Bruja. Crea tus propias normas. Eres libre y hermosa. Puedes ser invisible o visible acerca de cómo elijas dar a conocer tu cara de bruja. Puedes formar tu propio Grupo de Hermanas Brujas (trece es un número acogedor para un grupo) y hacer tus propias acciones.

Todo lo represivo, lo orientado únicamente a los hombres, lo codicioso, lo puritano, lo autoritario, ésos son tus objetivos. Tus armas son el teatro, la sátira, las explosiones, la magia, las hierbas, la música, los disfraces, las cámaras, las máscaras, los cánticos, las pegatinas, las plantillas y la pintura, las películas, las panderetas, los ladrillos, las escobas, las armas, las muñecas de vudú, los gatos, las velas, las campanillas, la tiza, los trozos de uñas, los cócteles molotov, los círculos venenosos, las mechas, las grabadoras, el incienso y tu propia y hermosa imaginación sin límites. Tu poder procede de tu propio ser como mujer, y se activa al trabajar conjuntamente con tus hermanas. El poder del Grupo es más que la suma de sus miembros individuales, porque es todas juntas.

Tienes el compromiso de liberar a nuestros hermanos de la opresión y de los roles sexuales estereotipados (tanto si les gusta como si no) al igual que a nosotras mismas. Te vuelves Bruja al decir en alto "soy una Bruja" tres veces y al penar en ello. Te vuelves Bruja siendo mujer, no dócil, enfadada, alegre e inmortal.



WITCH (Women's International Terrorist Conspirancy from Hell). Comunicados, textos y hechizos, La Felguera, Madrid, 2007.