xoves, 31 de decembro de 2009

Ante todo poesía

AQUÍ EN FOEMINAS, FELIZ CAL LOBA ESFAMEADA DE ARTE...
Que preciosidade de reseña, mil grazas Micaela!



luns, 28 de decembro de 2009

Tan líquida e con sede


Estou lendo este libro na terra e revírase cara min como unha herba máxica; este tema, a emigración, tan persoal, tan íntimo, permanecía intacto en min, á espera.
E Lupe abriu comportas que sinto de presa, pois as riadas , o vento destructor e a arroiada destes días son o meu sangue que esperaba inmóvil a oportunidade.



LUPE Gómez, Luz e LupeEdición de autora, Compostela, 2004.

mércores, 23 de decembro de 2009

Intrépidas e sucias (Itzíar Ziga et alii)


Feliz, de novo á terra e de novo con un libro canino baixo o brazo: se foi devenir perra o que alumeou o meu vrau é este un zulo propio o que me quentará no medio e medio da neve. E faime graza que para min a neve sempre é sexo, millor dito porno, jejeje... porque este libro está cheo de "cadelas", "sexo" e autodefensa ou o que eu chamo "maldit@ sex@"!!! invítovos a devoralo, pero paréceme necesario comezar polo outro da Ziga, de de devenir, porque cal manifesto, faise denso, explica, amosa, defende... e este é como un legado, un vasiño de auga para as sedentas, carne para as esfameadas, apertura de fibela para as apertadas...
a desfrutar...
Ziga é unha todoterreo, unha maga, unha cantante tola, unha absoluta descubridora de tesoureiras, as que teñen a receita da supervivencia, da vinganza de sermos felices a pesares de todo, das que teñen a forza e a reparten: todas caben no seu GRIMORIO.

Copiaría a continuación o textiño bomba extraído do interior que melusina elixe como presentación na contracapa, é a verdade máis grande... flípame, ide lelo! así de aberto, así de rosa... eu xa estou pensando na miña camiseta nova... jejeje, guau!

Conpráceme este enlace e aquí ela e a manada de raibosas!

sábado, 12 de decembro de 2009

Humor vítreo somos...


somos HUMOR VÍTREO, Somos punks & somos feministas!
esta noche C/ sorgo, 53 EL PLANETA DE LOS WATIOS.

mércores, 9 de decembro de 2009

Media laranxa

AQUÍ VAI A RESEÑA DO IMPARABLE FERNÁN-VELLO SOBRE OS "XOGUETES PÓSTUMOS" QUE VEÑO DE ILUSTRAR PARA EMMA! GRAZAS!

CADERNO ABERTO
MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO
Acaba de publicar un novo libro de poemas Emma Pedreira (A Coruña, 1978) e, se as contas non fallan, estamos diante do oitavo título editado pola autora no eido da poesía, pois como narradora deu á luz un libro de relatos, Bestiario de silencios, e é autora de dúas novelas: As cinzas adentras e Silencio polas sereas. O libro en cuestión, editado con fermosas ilustracións de Ana Cibeira, titúlase Xoguetes póstumos e obtivo o III Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas, convocado pola Asociación Cultural Caldeirón e o Concello de Malpica. Emma Pedreira é, na miña opinión, unha das grandes voces da poesía galega dos últimos tempos, e a súa obra, poema a poema, libro a libro, é unha perfecta mostra de depuración estilística e de obtención substancial, fronte ao cultivo de certa "nada retórica" moi explicitada (Domínguez Rey), diso que algúns entendemos como "densidade expresiva"; o que significa tamén, entre outras cousas, ter conciencia do poema, ou, como quería Luis Cernuda, posuír a visión da "liña do poema, do debuxo da composición" do mesmo. Xoguetes póstumos, libro premiado como erótico, participa do erotismo -tema de fondo máis ou menos transparentado en toda a obra da autora- en forma, como diría o portorriqueño López Velázquez, de "tormenta interior"; mais o erotismo en Emma Pedreira -e unha vez máis debemos acudir a Octavio Paz- é ambiguo, é represión e licencia, sublimación e perversión, fenómeno dual que simultaneamente chega a ser pracer e morte: "E provoco unha morte de min recén chegada para as fogueiras e os ventos (...)/ escura de carbón queimante". Cando na actualidade se adoita presentar a poesía -todo é pura moda- apoiada por músicas externas (a poesía en si xa é música), medios audiovisuais e "pantallas" varias, atopamos na obra de Emma Pedreira toda a potencia discursiva do poético, toda a densidade do símbolo actuante, todo o tremor do corpo e da linguaxe posto ao servizo da poesía mesma, esa deusa humana que se non é humana non é poesía (Vicente Aleixandre).

martes, 1 de decembro de 2009

HUMOR VÍTREO


AQUÍ ESTAMOS DE NOVO, ANIMANDO AS BEIRARRÚAS MEXADAS DE MADRID, VOLTAMOS Á CARGA CO NOSO OUVEO ELÉCTRICO E AS NOSAS GANAS DE DESAPARECER FUNDIDAS NUNHA MARAÑA DE RUÍDO E CRÍPTICAS MENSAXES!


Diciembre
2009
Sábado
El Planeta de los WattiosC/Sorgo 53 Mapa
Hora: 18:00 h.
mADRID

25N (2009)



Aínda me falta unha imaxe por subir a esta presentación, pero para abrir boca déixovos o meu traballo para o día da violencia contra as mulleres, que proxectaron no Ultramarinos en Compostela este 2009!

Capas por linguas!


Parece que as ladyfesters están na mesma onda da Muller Marabilla ca min! póster chulo! e abaixo Gala preparando o seu próximo "Lengua" un fanzine orixinalísmo que vos recomendo! xenial!

Raíña futura


Sempre me flipou este collage, para min é unha foto futura, un autorretrato meu -así de guais son apropiándome de obriña allea como se parida por min fora!- feito por Kerry de Two Tears. Supoño que será dela. Encántame a súa sinxela beleza, expresa perfectamente o que fai esta disciplina: extraer unha imaxe (símbolo, síntoma, icono) do seu contexto orixinal e resignificala poñéndoa noutro (noutro que está recheíño de outras moitas que viaxaron a través do tempo e o espazo simbólico como ela...) e iso a tódalas escalas, conseguendo sacar a flote miseria e beleza por igual do noso cercadiño mundo mental.


Kerry Davis = TWO TEARS!
Encántame este vidieciño de Jose mundogrúa, do seu festivo grupo con Eric ABOMINABLE FUTURO... vaia se contaxian felicidade!



e aquí vos deixo tamén a promo do DVD "BIOCOM-la esfera" recopilatorio de concertos e traballo gráfico de varios artistas (Ngn, atomizador, aborigeN, pelucas, etc) e máis vídeos de J., argalleiro de NO DEJARÉ QUE SALVES ESTE MUNDO, que se editará este mes de Decembro!

domingo, 29 de novembro de 2009

Último resorte!



Namorada!

Diana Prince ou Wonder Woman

 

Nome e apelidos. Iso é o que hai que ter. A diario móvome con xente que se abraia de que as miñas compañeir@s literari@s teñan nome e apelidos, e elas/es, @s da arte da rúa, @s do punk non os teñen... as súas pollas están mortas, afeitan ós cadelos, aman o ozono, non deixarán que salves este mundo e tampouco respectan o "c" pequerrechiño que vive nunha burbulla, refuxio do binomio da identidade oficial. Eu vivo na Illa Paraíso, sen mollar os peciños, arroupada por unha capa de terra quecida ó sol. Pero hoxe chegou ás miñas mans un incrible fanzine que edita o Arnau en Barcelona e decateime de que o meu temor a que os meus poderes non o sexan fóra do paraíso segue aquí: a pesares de atender ó estado da marea, de visualizarme atravesando o azul, continúo sen obedecer o bombeo do meu salvaxe corazón; Felices xuntas, Feliz e sangrando. Diario dunha burguesiña algo masoca, Máis turbación, Travesti, Noites estrañas ou o pisiño de solteira, Maldita sex@, Persuasión femia, e A morta seguen sendo só requeridas para algunhas lecturas familiares, aínda que algunha pasa un chisco de moda e outras ségoas a sentir imprescindibles ningunha viaxa fóra desta illa sen rexistrar no mapa; ás ducias de collages pásalles o mesmo, e realmente quixeran coller ar pola fiestra cal toallas ó vento, emprendendo o voo comigo, como se me fosen un ramo de coridas capas da muller marabilla!

mércores, 25 de novembro de 2009

Con luz propia


Hoxe, 25 de Novembro, día da violencia contra as mulleres contribúo a poñerlle nome a todo ista enfermidade do noso sistema, que nos afecta tanto a nosoutras como a eles no ULTRAMARINOS. Nunhas xornadas de poesía, música e audiovisual que con este motivo celebran en Compostela.
Non sería posíbel que eu estivera alí feita imaxes se non fose polo intrépido e xeneroso ALBERTE MOMÁN. Unha estrela no firmamento da cultura galega... non lle perdades a pista.

Viviñas e xogando!



Aínda non teño na mau a criatura tan fermosa que parimos EMMA PEDREIRA e máis eu o sábado á noite: XOGUETES PÓSTUMOS, pero esta fotiño dela úneme á felicidade estes días víricos!
Estou pletórica con esta oportunidade tan fermosa que me deu a xenerosísima autora de ilustrar un texto precioso e potente.

Unha luz no camiño, deixando ver por onde avanzar...

Gracias dende a polpA!

mércores, 11 de novembro de 2009

O lobo





[Fotiños miñas]

Podre por dentro

Que é o que pasa nesta cidade será en todas así Nova York sucia igual ca este oco negro que cando chegas o único que ves son vagabundos e vagamundos estranxeiros aproveitados que cren que todo é pra eles que o teu sorriso llelo debes e xente tan pobre ou tan á marxe da súa propia vida que no chan remata Que é o que pasa nésta maldita que nin as veciñas che abren de noite cando a porta común queda mal pechada e ti non podes entrar na túa casa de alquiler por suposto compartida e perdes un avión e sintes que os perdes todos e Que é o que pasa nesta caixa de soldados de xoguete que como mínimo recibes unha agresión por día e o traballo remoto que fas para empoderarte para quererte para ser ti mesma e saber poñer límites sen esquecer ser xenerosa estar contenta manter unha enerxia luminosa cae cae cae cando unha mirada un xesto unha frase un desafío convídate a esquecer todo iso porque nada es máis que un maldito corpo calquera que vale por todos que traballa en plural e só co último pronome persoal de terceira persoa pode ser culpado. É que eu medrei aquí que a vida de adulta trae consigo toda esta baba esbaradeira ou estará tamén a miña fermosa terra partida pola metade co carozo sesgado e exposto podre por dentro?

martes, 10 de novembro de 2009

Eu ou nós?


A semana que vén reuniránse @s nov@s escritores/as galeg@s para falares da autorreferencialidade, de se se pode falar de xeración na poesía galega actual ou na narrativa, sobre as canles de publicación, os novos soportes e a autoedición... un luxo de encontro ó que non poderei asistir, pero dende aquí andarei á busca e captura da grabación do evento...
Pero a aelg -organizadora - xa se puxo mans á obra e nese intenso e interesante traballo de difusión que fai, pon ás novas tecnoloxías ó seu servizo para abrirnos o apetito... así, xa podemos ver na páxina do evento unha pequena exposición de cada participante sobre cal será a súa postura nestas cuestións.

Como non podía colgar todos os videos que hai, tiven que elexir... e o premio leváronno a escacharrante María Lado -por iso mesmo, xa veredes!- e Alberto Lema, pola súa lúcida visión sobre cómo o concepto de nazón está só aparentemente agochado nas nosas letras...

O resto de propostas podedes velas na paxiniña creada para o acontecemento!





IV Encontro de Nov@s Escritor@s
20 - 21 de novembro de 2009.
Castelo de Santa Cruz, Oleiros, A Coruña

feliz e sangrando





[E xa que Emma deu o pistoletazo de saída, déixovos coa miña amada tanto tempo atrás!]

E falando de favoritas...

Medrando, medrando... como Alicia!


GOOD FORTUNE de PJ Harvey

[...]

And I feel like some bird of paradise
My bad fortune slipping away
And I feel the innocence of a child
Everybody's got something good to say

Things I once thought
Unbelievable
In my life
Have all taken place

When we walked through
Little Italy
I saw my reflection
Come right off your face

I paint pictures
To remember
You're too beautiful
To put into words

[...]




Un dos meus fabulosos regalos de cumpre! grazas, bela!

[fotiños: etsy'seller e un roubo be doce!]

luns, 9 de novembro de 2009

O Samain

Samain:::


[fotiños:miñas; banda sonora: the jesus & mary chain ; lecturiñas: grimorios & grimorio!]

Delicada intelixencia



A benquerida Dores pletórica no seu día. Teño unhas ganas de meterlle o dente ó libro... e non sei por que pero se nota que adoece polas artes plásticas, na súa escrita!

E a entrevista de Lupe Gómez a Dores aquí! Pura beleza!

domingo, 8 de novembro de 2009

Amor de morta


Non quero saber nada dese amor do que fala Angélica, decimonónico e dependiente, que separa por roles, que entolece... máis contemporáneo e brutal que nunca (sen ti non son nada…). Quero liberdade, quero paixón, quero igualdade, e quero seguir de pé cando marche. Ninguén me deixa. Ninguén ten ese poder. A única que pode abandonarse son eu. E con isto non falo de morneza, falo de dignidade e de amor real. Non compensa converterse nunha bela morta entre a aniquilación e a éxtase, por moi fermoso que sexa non compensa en alma propia.



[Fotos: un vestido de Anna Karenina e unha ilustración dunha edición de Madame Bovary; A morte de Cleopatra é un cadro de Jean André Rixens e a Ofelia de John Everett Millais]

Casa de forzudas (eu diría de fortes)




Angélica Liddell“Tengo una inclinación natural a hablar de la parte podrida de las cosas"
ENTREVISTA sobre "LA CASA DE LA FUERZA"

-Leyendo la introducción sobre su nuevo espectáculo, da la impresión de que lo escribió en un momento de depresión.

-Sí, así es.

-En ella habla de que fue a un gimnasio y lo describe como “un sitio en el que no somos amados”. Pero si en los gimnasios no paran de ligar...

- Sí, mi gimnasio está lleno de actores porno gays, alegres y guapos, que desean amar y ser amados. Como todos nosotros. Pero para mí es ese lugar donde me reventaba durantes tres o cuatro horas seguidas para poder soportar la ansiedad, la angustia, para buscar alivio cuando ya no encontraba alivio en nada.

-¿Qué hay de fascinante en el horror, el dolor, la angustia...?

-Ni el horror, ni el dolor son fascinantes. La casa de la fuerza empieza con esta frase: “No hay cerro, ni selva, ni desierto, que nos libre del daño que otros preparan para nosotros”. Eso no es fascinante. Es terrible. Intento comprender por qué sufrimos, de la misma manera que intentan comprenderlo las tres hermanas de la obra Chejov. Lo fascinante no es el dolor sino la revelación que se produce cuando identificas tu propia aflicción con la de Masha, Olga, Irina, cuando descubres en otro el dolor de estar vivo. La compasión, es decir, ponerte en el lugar del otro, desemboca en fascinación, en misterio. Pero el dolor es algo indeseable. Y a veces mortal.

Si fuera una nihilista...

-Las tres hermanas no están intentando comprender su sufrimiento, simplemente sufren. Chejov se limita a describir cómo reaccionan en un momento difícil de sus vidas. La vida no es tan sencilla como para clasificarla por categorías ¿no?

-Estoy de acuerdo, la vida no es sencilla.

-¿Es su actitud nihilista?

-Si fuera una nihilista no intentaría buscarle un sentido a la vida con todas mis fuerzas, a través de mi trabajo, a través del amor, del pensamiento, de un paseo o de una conversación con un desconocido. No me esforzaría por comprender al hombre, por comprender el sufrimiento. Si fuera una nihilista carecería de rebelión, y yo funciono por rebelión, Job se rebela contra Dios y le interroga, le pregunta ¿por qué?, yo me hago constantemente esa pregunta para seguir con vida, para rebelarme contra la muerte.

-Pero ¿por qué habla tanto en su teatro de sufrimiento y dolor en vez de amor y belleza?

-Bueno, llevo toda mi vida hablando del amor. Sobre todo en mis últimas piezas, Anfaegtelse, Te haré invencible con mi derrota, y sobre todo en La casa de la fuerza. El amor es igual de complejo que la vida, con su luz y sus tinieblas. El amor es una ranchera, un bolero de Paquita la del Barrio, una declaración apasionada. Es el despecho. Es el suicidio. Pero es cierto que tengo una inclinación natural a percibir la parte podrida de las cosas. Eso me hace disfrutar más de lo bello.

-¿Transcurre su obra en un gimnasio?

-No, la obra no transcurre en un gimnasio. No hay lugares, hay vacíos. Desolación.

-¿De qué trata, realmente?

-He elegido hablar de mujeres solas, tristes, humilladas y muertas. Hablo de las distintas formas de la fuerza. La fuerza física y la fuerza espiritual. La fuerza criminal y la fuerza inocente. Y hablo de la relación de la fuerza con la soledad. El mundo está lleno de gente que es amada, pero yo he elegido hablar de los que no son amados. No puedo evitar ponerme de parte de los débiles, de los humillados. La casa de la fuerza es una canción de despecho que culmina en esa acusación oficial al Estado de México por parte de la Corte Interamericana de Derechos Humanos por no proteger el derecho de sus mujeres a vivir libres de violencia. Han viajado tres actrices desde Chihuahua para expresar toda esa indignación frente a la impunidad. No sé, hay rabia, mucha rabia en La casa de la fuerza.

-Con tanta rabia, el trabajo físico de los actores será agotador, ¿no?

-He intentado que la fuerza física y la fuerza emocional fueran unidas, que estuvieran a la altura la una de la otra. Hemos trabajado con la máxima exposición. Desde el primer ensayo les pedí a las actrices un profundo compromiso con su propio dolor y su propia fragilidad. Les pedí que rompieran la barrera del pudor espiritual. Para mí la transgresión es entrar en un estado crítico frente a lo inexplicable.

-¿Cómo espera que reaccione el público ante una obra de más de cuatro horas de dolor?

-Bueno, cuatro horas con dos intermedios es todo un clásico. Y no sé qué pasará con el público. La relación con el público siempre es una historia de enemigos, de confrontación, pero la historia de los enemigos acaba siendo una historia de amor.

-Y usted, a quien no le importa el placer estético como fin del arte, ¿espera que la obra guste a los no masoquistas?

-Jamás he buscado la belleza con tanto furor como en La casa de la fuerza. Siempre he dicho que la belleza es una de las formas de la justicia. Intento transformar el dolor, el odio y el sufrimiento en algo bello. Es un reto ético y estético. Creo que los masoquistas se aburrirán mucho. Estoy hablando de cosas demasiado serias. Estoy trabajando con actrices demasiado honestas, generosas, hermosas, y arriesgadas como para que un masoquista disfrute. Los masoquistas no se conmueven. Y mis actrices le arrancan lágrimas al hierro.

Liz PERALES
El Cultural, 8/11/2009.

[Máis entrevistas, aquí, aquí e aquí.



[primeira foto é de Jesús Ubera, a segunda roubeina da publicidade é a terceira é de Angélica, do blog]

xoves, 5 de novembro de 2009

Cando a verdade doe



incribles! qué barbaridade! que sorpresa! belísimas! As (the) mama's atack difundindo as verdades de Despentes!

martes, 3 de novembro de 2009

Agora que estamos no outono... sopiña para xantar!


qué zapatillas dicía Yolanda que levaba? seguirá Carlos tan chapón coma sempre? en qué lugar da casa, con qué amuletos escribirá Chantal Maillard tan soaviña e de ritmo galego como parecía, será a carón da fiestra? cando sacarei un ratiño para escoitar o acto no centro de poesía José Hierro en Getafe que seguramente organizou Julieta? quén é ese Marcos Cantelli que lle gusta tanto a m.r.? cómo será a voz da fermosa Eloísa que me escribiu para visita-la isla kokotero? cantos días, horas, minutos, segundos, quedan para a entrevista á onírica Luna?

tódalas respostas nese imprescindible caldo feito con tanto amor e ingredentes de calidade que é o programa de radio Sopa de Poetes dende Barcelona. Son fan dos amigos soperos! Invítovos a mantervos de poesía!




[O dito, Luna entrevistada o 4 de Novembro (mañá!) en SdP!; aquí vos deixo a fermosísima homenaxe audiovisual que lle fixo a Ángel González!]

[esta sopiña si que lle gustaría a Mafalda!]

SOPA DE POETES mércoes de 20 a 21 h.El Prat Radio (www.elpratradio.com). sopadepoetes@yahoo.es

Por qué nos gusta


" O estereotipo segue a ser o mesmo, disponibilidade sexual e narcisismo". MARTHA ROSLER

"Il corpo della donne" é un documental de LORELLA ZANARDO & MARCO MALFI CHINDEMI.
En palabras d@s directores:

CORPO DAS MULHERES é o título do nosso documentário de 25 minutos sobre o uso do corpo da mulher na televisão. Partimos de uma urgência.
A constatação que as mulheres, as mulheres reais, estejam desaparecendo da televisão e estejam sendo substituídas por uma representação grotesca, vulgar e humilhante. A perda nos pareceu enorme: o cancelamento da identidade das mulheres está acontecendo sob o olhar de todos, mas sem que haja uma resposta adequada, até mesmo pelas mulheres. A partir daqui, se abriu caminho para a idéia de selecionar as imagens da televisão, que tivessem em comum o uso manipulador do corpo das mulheres, para contar o que está acontecendo não só a quem nunca assiste a televisão, mas especialmente a quem a assiste mas “não vê”. O objetivo é nos perguntar e questionar as razões para esta supressão, um verdadeiro “massacre”, do qual somos todos espectadores silenciosos. Em particular, o trabalho colocou uma ênfase especial sobre o cancelamento dos rostos adultos da TV, o uso da cirurgia estética para apagar qualquer sinal da passagem do tempo e as consequências sociais desta remoção.


CUERPO DE LAS MUJERES es el título de nuestro documental de 25 minutos sobre el uso del cuerpo de la mujer en la televisión. Empezamos de una urgencia. La constatación que las mujeres, las mujeres reales, están desapareciendo de la televisión y que son reemplazadas por una representación grotesca, vulgar y humillante. La pérdida nos parece enorme: la cancelación de la identidad de las mujeres ocurre bajo la mirada de todos, pero sin que haya una reacción adecuada, ni por parte de las mujeres mismas. A partir de aquí, se abrió camino la idea de seleccionar las imágenes televisivas que tuvieran en común la utilización manipuladora del cuerpo de las mujeres para contar lo que está pasando no sólo a quien nunca mira la televisión, sino a quien la mira, pero “no ve”. El objetivo es interrogarse y preguntar sobre las razones de esta cancelación, un verdadero “pogromo” del cual somos todos espectadores silenciosos. Luego, el trabajo puso de relieve la cancelación de los rotros adultos en la televisión, el uso de la cirugía estética para cancelar cada huella del paso del tiempo y las consecuencias sociales de esta remoción.


Encantoume o de que estamos nos medios en cantidade, pero que non facemos aparicións de calidade!

`[Que bo traballo, por algo eu nin prendo a TV! je! abro as revistas e fago monstros ó meu xeito!]

Orlando

E traballando para o grupo de lectura...

luns, 2 de novembro de 2009

A mazá envelenada


"¿Por qué los hombres se sienten amenazados por las mujeres?", le pregunté a un amigo varón. (Me encanta esa maravillosa estratagema retórica, "un amigo varón". La usan a menudo las periodistas cuando quieren decir algo especialmente malicioso, pero no quieren que les atribuyan la responsabilidad a ellas. También sirve para hacer saber a la gente que tienes amigos varones, que no eres uno de esos monstruos míticos que arrojan fuego; una feminista radical, que se pasea con unas tijeritas y da patadas en la espinilla a los hombres si le abren la puerta. "Un amigo varón" también confiere, admitámoslo, cierto peso específico a la opinión dada). O sea que ese amigo varón, que por cierto existe, participó oportunamente en el siguiente diálogo. "Me refiero a que", le dije, "los hombres suelen ser más altos, en general, pueden correr más, estrangular mejor, y suelen tener mucho más poder y más dinero". "Tienen miedo de que las mujeres se rían de ellos", dijo él, "de que ridiculicen sus puntos de vista". Luego les pregunté a varias estudiantes de un seminario de poesía que estaba impartiendo: "¿Por qué las mujeres se sienten amenazadas por los hombres?". "Tienen miedo de que las maten", contestaron.

MARGARET ATWOOD, "La maldición de Eva".


PREPARANDO OS COLLAGES PARA PRONUNCIARME NO DÍA DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES EN SANTIAGO, RELEO A ATWOOD...

sábado, 31 de outubro de 2009

Cubertas de terra


Doulle a benvida ao noso fermosísimo mes no día dos mortos. E como homenaxe, dúas das nosas mortas favoritas!





felicidades, novembras miñas! por unha festa escorpiona fermosa con todas!

martes, 27 de outubro de 2009

reloxo de area



Xa debe quedar só un mesiño e medio para poder desfrutar da expo de MARÍA RUIDO no CGAC!!!

martes, 20 de outubro de 2009

O teu motivo a miña serpe



Paso a fin de semana escribindo un poema por esta foto. Foi impresionante ver á Woodman non só en papel fotográfico senón en movemento nas cintas-xoíñas que están expoñendo na galería La fábrica. Experimentos performáticos dunha noviña Francesca chea de vida. Unha sorte poder gardar o chimpo do corazón e tanta beleza construíndose diante dos nosos ollos no peto, na retina e na memoria.

[no video que vos enlazo: Fernando Castro Flórez, qué bo gusto ten! aínda lembro o seu artigo denso e doce sobre Deborah Paauwe!]

Querida Yoko



Terceiro incendio collagero do noso grupo HUMOR VÍTREO. Por se vos interesa!

Editámolo: corazón salvaxe & afeite al perro.

luns, 19 de outubro de 2009

Con tinta de sangue


Fai días que alumea unha veliña no meu cuarto, eu que son tan pouco dada a elas, e hoxe souben por que. Chegan á par a forza de Angélica falando de Juárez e a carta de Nuestras Hijas de Regreso a Casa que anuncia a decapitación dunha activista e de novo a total impunidade, o cego silencio e o negror profundo da cidade.
Convócannos, acenden unha veliña nos nosos corazóns sempre quentes, sempre arroupados, e volven berrar neles, abríndoos, guindándolles unha cruz diante, unha cruz real, unha cruz de pel, unha cruz de pel humanA.
E de novo repítese a historia.
Por iso doulle voltas a todo por ver qué podemos facer e nisto que a chamiña móvese, alóngase, treme porque un libro entra no buzón: vento de verbas, puñetazo salgado que me fai sangue que se mestura coa tinta. E mancho negra o resto da noite. Poemas que poden levantar unha árbore. E a miña admiración total por quen o firma. Humedecendo o cristalino o libro pide: imos recitar o nome de cada unha baixo a lúa. Alto e claro a modiño o nome de cada unha. E mancho negra o resto da noite.



Sinaturas e máis información: http://www.mujeresdejuarez.org/

luns, 5 de outubro de 2009

Sorpresas!



Un dos meus artistas favoritos - HAZ - reseñado polo miúdo (o seu arte, a súa musica e o seu traballo no selo e editora subterranea afeite al perro) nunha revista fascinante: MUNGBEING!

venres, 2 de outubro de 2009

Saltas ou morres


PISCINA

Me lío un cigarrillo. Si mi abuela me viera le daría un infarto. Y no será por disgustos: los libros de Burroughs, mi novio gótico, los poemas guarros, mis amantes gabachos, y más tarde los parches anticonceptivos. Parece tema tabú que las niñas no se quieran quedar embarazadas. Como el tío del otro día en la cola del supermercado, criticando la ley del aborto, como si fuera satánico el hecho de que podamos decidir sobre nuestros vientres planos. Si cada martes de mi vida me pego un parche en el muslo, no es por vicio, joder, que el invento cuesta casi veinte napos. Si decido hormonarme hasta la médula o comprar cajitas de condones finos, es por puro miedo. No quiero ser madre. Me gusta salir y fumar petas con Marta. Me gusta ir a conciertos y a bares. Me gusta estar sola. Muy sola. Pienso esto mientras fumo y espero a los colegas en la piscina. Casi nunca voy. Pero hoy el sol pega tan fuerte que el chapuzón parece urgente. No llevo lectura ni toalla. Sólo me preocupa que el Parche de la Libertad no se despegue con el cloro.


LUNA MIGUEL ("Ladras o mueres" en Público, Agosto 2009)

O collage saturado é meu