xoves, 7 de febreiro de 2008

[Zoom]



A revista Oniria invítame a participar nas súas páxinas. Dixital serei.
Ben! Que bonita foto e poema da colaboración de Yolanda no número 5.
A súa profundidade de campo gústame así esgazada.
Algúns cristaliños rotos son perfectos. Fan que te vexas Alicia, que te volvas tola por atravesarte. Outros ráianche os ollos, coma maquillaxe que mancha.
Un dos libros que máis me gusta do ano pasado é Tara, sen dúbida. Falando de rotos.]
Sempre penso en falar aquí dos libros que leo e decido non facelo.
Como se fora condicionar ó cosmos.
Como se fora un imán con importancia.
Unha boca necesaria.
E non.
Si para min. (Ninguén máis a miña lingua).]

Hoxe atópome con este libro de Estíbaliz: Zoommm. É difícil atopala nas librarías, ó menos cando eu o tentei, e agora por fin, como a ela lle gusta, está no meu sistema (informático).

Atopo a Antía cociñando galletas. Ben!
E regálanme un disco redondo: maxia, ilusión, beleza cruel e crúa.Núcleo.



imaxes: colaxiños propios
A regueifa, bo prantexamento editorial. O bocado biónico: riquísimo!
Gracias María (Salvador)!